A. Rodríguez de Zugasti | O
          museo Calouste Gulbekian é un dos museos máis importantes de
          toda Europa. O seu nome procede do home de negocios, de
          nacionalidade armenia, Calouste Sarkis Gulbekian. O museo
          conta cunhas 6.000 pezas pertencentes ás distintas épocas
          dende a arte exipcia  ata  a Arte Nova  pasando por pezas
          gregas tales como moedas; mesopotámicas, chinesas, pinturas e
          mobles do século XVIII...
Ademais
          da gran diversidade de pezas coas que conta o museo , as
          características destes son,  que como motivo decorativo, en
          moitas delas , son elementos da Natureza. Tamén debemos
          destacar  que para Gulbekian , moitos dos obxectos da súa
          colección tiñan unha función máis alá da decorativa, pois
          usaban os mobles etc. que compraba.
Gulbenkian
          caracterizouse por ser unha persoa que quixo que tras a súa
          morte  todas as pezas da súa colección  permanecesen baixo un
          mesmo teito, desta maneira nacía o museo Calouste Gulbekian.
        Desta
          forma pasamos a mañá inmersos  nun mar de culturas e
          sabiduría  en soamente 16 salas.
 





Ningún comentario:
Publicar un comentario