I. Durán | Este curso temos a satisfacción de compartir con vós que o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares nos subiu de 700 a 1175 euros a asignación anual, coa que podemos comprar novos fondos para o noso espazo de lectura e dinamizar as diferentes actividades organizadas polo equipo da biblioteca. Como proba, deixámosvos unha foto do noso rincón lector e do noso expositor de novedades literarias.
O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
xoves, 27 de outubro de 2016
Onde nace o Bibei...
O. Villar | O alumnado do primeiro ciclo da ESO tivo esta semana a oportunidade de visitar a central hidroeléctrica de San Sebastián (ENDESA), no concello de Viana do Bolo. O día deu moito de si, xa que logo dun pequeno tentempé realizaron unha ruta de sendeirismo por Porto (Zamora), remontando así o río Bibei case ata o seu nacemento.
Enlace á nova en "La Voz de Galicia"
Imaxes: J. Pérez |
Enlace á nova en "La Voz de Galicia"
De ruta por Corzos
O. Villar | As boas substancias en frasquiños pequenos... A unha media hora en transporte de Viana, e no Concello da Veiga, atópase unha interesante ruta de sendeirismo moi recomendable. A Cántara da Moura e a subida a Corzos intégranse nunha paisaxe de rochas e rebolos que inspira ao tempo que relaxa. Onte estivemos alí!!
Imaxes: B. Nieves / J. Fouz |
Coñecendo Ourense
Marabillosa a saída realizada dende o IES Carlos Casares de Viana do
Bolo (Ourense) e enmarcada no programa "Coñece Ourense" da Deputación de
Ourense.
Pareceunos unha moi boa oportunidade de coñecer diferentes vilas da provincia (Castro de Las e Ribadavia), neste caso bastante afastadas de Viana, e realmente o programa foi un éxito. O alumnado e profesorado participante estiveron moi cómodos en todo momento, desfrutaron e aprenderon coa actividade e valoraron moi positivamente a organización da mesma. Cremos que a mellor forma de expresalo é dicindo que repetiriamos de novo!

Xoves 20: Admirar a paisaxe, coñecer as lendas e xulgar a unha bruxa
Iria e Zaira. Hoxe, despois de almorzar maquillamos a Xabi
porque a noite anterior perdeun nun xogo e tocoulle ese reto, elexido
polos demais compañeiros.
Despois fixemos unha excursión ata o valle de Tena donde nos contaron como se formou o relevo da paisaxe e lendas do lugar e a procedencia do nome.
Logo comimos, e tras un pouco de tempo libre fixemos unha representación do xuízo a unha bruxa. Logo merendamos, tivemos un pouco de tempo libre e fomos ao proxecto cos profesores do noso instituto, no que falamos sobre os incendios e fixemos un xogo de rol no que nos dividimos en equipos (gandeiros, políticos, ecoloxistas...) para propoñer solucións ao problema dos incendios forestais.
Logo déronnos os móbiles e despois da cea tivemos xogos e miramos as estrelas e ao acabar fómos para a cama para prepararnos para o día seguinte

mércores, 26 de outubro de 2016
Mércores 19: Tajos e talleres de natureza en Búbal
Rodrigo e Iago G. Despois dunha longa noite con moito frío
fomos facer as diferentes actividades polo pobo entre as que están
traballar na horta, coidar os animais (ovellas, galiñas, pavos, un
burro...), facer cemento e outras obras de construcción.
En canto acabamos, tomamos un pequeno aperitivo para repor forzas e deseguido preparámonos para realizar diferentes talleres: sendeirismo, orientación, escalada...Ao acabar xantamos e tivemos tempo libre antes de comezar os xogos tradicionais xa pola tarde como o pañuelo ou un xogo vikingo chamado kubb que se recolleu nesta zona, onde competimos por equipos.
Merendamos, tivemos un pouco de tempo libre e logo a xunto dos nosos profesores para realizar o proxecto de centro. Logo tocou a cea, unha velada nocturna e fomos a durmir para mañá ter forzas que temos unha excursión.

xoves, 20 de outubro de 2016
Martes 18: Unha visita de antigos habitantes de Búbal
Laura e Alba Losada. O día de hoxe comezou cunha larga mañá de
traballos repartidos (sachar cenouras, facer cemento, cortar leña,
limpar cuadras...) e logo un ben merecido tentempé. Despois dun descanso
fixemos un taller de antropoloxía (estudo das persoas e costumes na
antigüedade).
Unha vez rematado o almorzo, elaboramos unha harmoniosa xincana en catro grupos con xente de Viana e Madrid na que fixemos unha serie de xogos moi peculiares que remataban como premio cunha riquísima tableta de chocolate.
Para rematar a xornada de tarde fixemos un laborioso traballo sobre incendios e diferentes costumes entre Galicia e Búbal.
Pouco despois dunha cea quente (que se agradece polo frío que vai) fixemos unha serie de xogos tradicionais como todas as noites.

Luns 17: Coñecendo Bubal e Polituara
Tomé e Samuel. Ás 8 comezou a sonar a radio, levantámonos
con moito sono, xa que tivemos unha viaxe moi longa e unha noite "algo
axitada". Ás 8:30 debemos reunirnos no patio para ir almorzar. No
comedor facemos como no insti, hai encargados.
Na primera parte da mañá despois de explicarnos as regras destes
días en casa Fanlo fixemos una xincana para coñecer mellor o pobo
(forno, escola, cemiterio...).
Logo de tomar o "tentempé " comezamos os tajos/traballos: dar de
comer aos animais, poñer valados, traballar na horta, picar muros...
Despois dunha mañá sen descanso comimos ás 2 e nos fomos de
camiñata a Polituara, outro pobo abandonado ao outro lado do encoro e
que agora tamén o están a reconstruir.
Tivemos a merenda e tocou despois a reunión do proxecto que faremos
os de Viana. Ceamos, deixáronnos os móbiles e, por último, xogamos ao
escondite de noite por Bubal.
Ás 12 da noite silencio total.
xoves, 6 de outubro de 2016
Avaliación 0
Hoxe levouse a cabo a sesión de avaliación inicial da ESO. Concretamente no caso de 1°, foron de gran axuda Paqui e Chelo, do CEIP Bibei, quen coñecen perfectamente aos rapaces por procederen do seu centro.
Recollemos roupa por unha boa causa
Hoxe recolleuse a roupa e calzado aportados pola comunidade educativa do IES Carlos Casares para a campaña Mariola, de Global Humanitaria, que pretende xestionar fogares de acollida para nenas desfavorecidas na India. Recolléronse unhas 70 bolsas de material, unha xenerosa aportación que ben ha valer un sorriso nalgures.
luns, 3 de outubro de 2016
Voluntariado Europeo
O CIM de Viana do Bolo achegounos esta tarde ao marco de diferentes programas de voluntariado europeo.
Na parte de difusión, Ángel Dorrío, e contando a súa experiencia en España, Kelly Goris, esta intervención, dirixida a alumnado de bacharelato e ciclo formativo, tivo unha moi boa acollida e provocou numerosas preguntas e inquedanzas entre o público asistente. Toda a información aquí:

domingo, 2 de outubro de 2016
EpdLab 2
O pasado venres reuníronse en Santiago de Compostela os centros participantes en EPD Lab 2, unha interesante iniciativa promovida por AGARESO, asociación gaalega de reporteirxs solidarixs.
Os centros reunidos, de Viana do Bolo, A Guarda, Ames, Boiro e Silleda, trazaron as estratexias a seguir nesta segunda edición do programa. O IES Carlos Casares de Viana estivo representado por Ovidio Villar, Vicedirector, quen valorou moi positivamente este encontro, e participou, tamén, na avaliación da pasada edición.

Facendo camiño
Na xornada de onte, Susana Fernández e Ovidio Villar interviñeron nun obradoiro no marco do I Congreso Internacional e III Xornadas de Educación Social e Escola.
Esta actividade, coordinada por Nova Escola Galega celebrouse na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense. Nela, os representantes do centro vianés, deron a coñecer A Senda da Convivencia, un programa do noso IES que na súa orixe partiu de tres niveis concéntricos de colaboración (mediación escolar, voluntariado e cooperación internacional), e que hoxe recolle todos os eidos de voluntariado social que levamos a cabo.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)