Marabillosa a saída realizada dende o IES Carlos Casares de Viana do 
Bolo (Ourense) e enmarcada no programa "Coñece Ourense" da Deputación de 
Ourense.
Pareceunos unha moi boa oportunidade de coñecer diferentes 
vilas da provincia (Castro de Las e Ribadavia), neste caso bastante 
afastadas de Viana, e realmente o programa foi un éxito. O alumnado e 
profesorado participante estiveron moi cómodos en todo momento, 
desfrutaron e aprenderon coa actividade e valoraron moi positivamente a 
organización da mesma. Cremos que a mellor forma de expresalo é dicindo 
que repetiriamos de novo!
 

Ningún comentario:
Publicar un comentario