O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

mércores, 10 de maio de 2017

27 de Abril: Día das rapapaz nas TIC

María Alonso. No dia de hoxe tivemos a gran oportunidade de poder presenciar unha videoconferencia retransmitida dende o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) e presidida por nada máis nin nada menos que mulleres inmersa no ámbito da informática.


Parece sorprendente pero aínda hai mulleres que seguen os seus soños e fan o que realmente lles gusta, iso me fixeron ver esas colaboradoras que, simplemente a través dunha simple cámara nos fixeron chegar as súas marabillosas historias. Quédome con que fagas o que fagas, si realmente che gusta e o fas con ganas podes chegar a onde queiras. É súper importante que nós, as mulleres, saibamos que estamos en minoría pero aínda así temos as mesmas ou máis posibilidades que un home en atopar un traballo.
No ámbito da informática fixéronnos chegar que é un traballo moi interesante e creativo no que hai que saber traballar en equipo e ter moi boa imaxinación e tamén no que desgraciadamente, hai un porcentaxe de mulleres estudando moi baixo, só do 10%. Témonos que concienciar de que a informática non é un traballo para os “frikis” senón para quen de verdade o desexe e lle apaixoe. Necesítanse moitos postos de enxeñeiro de informática, xa que na actualidade estamos rodeados por todos lados por tecnoloxía e é necesario que a xente se forme e descubra o incrible mundo da informática.

Despois de descubrir esta información tan valiosa para o noso futuro, comezou a rolda de preguntas, dende cada instituto invitado puido participara a través dun chat. Contestaron as nosas dúbidas de forma moi organizada e souberon transmitirnos a resposta de forma moi simplificada de xeito que as entendemos moito mellor.
Para finalizar recordáronnos que as mulleres somos moi importantes para todo e que non nos podemos guiar polos demais, senón polo que de verdade queremos facer no futuro.
Segundo a miña opinión esta conferencia pareceume moi enriquecedora e, sobre todo, axudounos a aclarar un pouco o noso futuro descubríndonos un mundo que pensaba que non era para nós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario