Monse Ulloa e Asun Prieto. Un
ano máis o alumnado de 3º de ESO participou no programa do Plan Proxecta
“Quérote +”. Ademais de coñecer os contidos e recursos da páxina,
traballáronse as diferentes fichas do programa.
Nas sesión sobre Educación sexual e Aconcepción e concepción elaboraron preguntas que logo resolveu Luis Fernández un antigo profesor do centro nun obradoiro de sexualidade impartido a principios de Xuño (https://twitter.com/choupindixital/status/870605851630989313).

Tamén traballaron A orientación do desexo e identidade sexual, A relación dos sexos e a tecnoloxía....a través de diferentes vídeos e debates xerados na aula.
É fundamental transmitirlle ao alumnado que por riba do coñecemento científico e técnico sobre aspectos de sexualidade, ésta implícanos como individuos no plano afectivo e contribúe de xeito básico ao noso benestar e felicidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario