O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

martes, 15 de maio de 2012

Campionato de atletismo

O Campionato provincial de atletismo foi celebrado o día 12 de este mes en Ourense


Pablo Cuervo | Nesta competición a alumna Andrea Rodríguez quedou finalista nas probas  de 80 m lisos e 220 m valados. O alumno Juan Bembibre, tamén de primeiro curso, foi ouro nas probas de salto de altura e 1000 obstáculos. Nesta última proba amosou unha gran intelixencia, pois nos dous últimos obstáculos adiantou a un oponente ata daquela invencible para Juan.

Grazas, atletas, pola vosa entrega, e sorte no campionato galego.

domingo, 13 de maio de 2012

Mediación en Fisterra

Carlos Ferreiro González, Vicedirector do IES Carlos Casares, tivo a oportunidade de compartir esta fin de semana do 11 e 12 de maio no IES Fin do Camiño de Fisterra (A Coruña), no II Encontro de Centros con Servizo de Mediación Escolar. Alí presentamos o noso traballo, A senda da convivencia no IES Carlos Casares. Na intervención destacamos o feito de que na nosa escola, o intento por mellorar a convivencia, se move en tres esferas ben diferenciadas: a convivencia no centro, mediante o equipo de mediación, no entorno, co grupo de voluntariado, e como facer un mundo mellor, coa educación para o desenvolvemento. Tamén lembramos que neste último ano estamos a insistir moito no aspecto da coeducación, e dicir, na prevención das diferencias e discriminación por razón de xénero no colexio.

xoves, 10 de maio de 2012

Quinta edición do certame de relatos do EDLG

Montse Rei | O Equipo de Dinamización da Lingua Galega vén de convocar o V Certame de relato "A vida éche un conto". Se queres participar podes consultar as bases do concurso facendo clic no seguinte vínculo:

martes, 8 de maio de 2012

La Maleta del COMIC

Federico Méndez | En su periplo por los institutos de Galicia, ha llegado al nuestro una maleta cargada de cómics que está deseando ser  leída y proporcionar horas de deleite. Os espera en la biblioteca... 

Y daos prisa, porque sólo se nos concede hasta fin de mes.

luns, 7 de maio de 2012

Proxecto ANOCA

Carlos Ferreiro | O alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato e o profesorado  tivemos a oportunidade de presenciar a que, persoalmente, calificaría como un dos encontros máis interesantes, educativos e, sobre todo, cargados de emotividade das celebradas nos últimos anos no IES Carlos Casares de Viana. 

Un momento da charla

venres, 4 de maio de 2012

Voando chegou ata nós

A pomba da paz, que veu dende Chaves
Susana Fernández | No ano 1955 nacía en Viana do Bolo Xesús R. Jares. Mestre, pedagogo, referente indiscutible dos movementos de renovación pedagóxica, amigo ao que sempre agradeceremos a colaboración na formación do equipo de mediación do IES Carlos Casares. Incansable impulsor da necesidade de difundir a cultura de paz e o compromiso coa mesma por parte dos centros educativos, foi fundador do grupo de Educadores e Educadoras pola Paz de Nova Escola Galega e organizador habitual dos Encontros Galego-Portugueses de educadoras/es pola Paz.

Viana do Bolo mobilízase pola Educación Universal

Carmen con nenos e nenas de 0 a 3 anos

Hoxe celebrouse no IES Carlos Casares de Viana do Bolo o acto da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) que reivindica unha Educación de Calidade para Todos  e Todas as nenas do mundo. Alumnos e alumnas, familias, profesorado e persoal non docente do IES Carlos Casares de Viana do Bolo e a Fundación Preescolar na casa reclamaron un ensino universal e de calidade para os mais de 67 millóns de nenos e nenas que non teñen acceso a educación no mundo.


xoves, 3 de maio de 2012

Alumnado do Carlos Casares visita a central de San Agustín

José M. Pérez | Hoxe tivemos a ocasión de coñecer as instalacións hidroeléctricas de Endesa da Central de San Agustín, Parque de Transformación de San Agustín e Presa de Pías, todas moi cerca do noso instituto. Os alumnos de 3ºB, 4ºA e 4ºB, acompañados de Luis Crende, Carlos Ferreiro e Jose Pérez, puideron visitar, coñecer e comprender mellor unha parte da historia da nosa bisbarra, como foi a construcción deste salto nos anos 50 e o seu uso actual. Agradecemos a Endesa e ós seus traballadores a deferencia que volveron ter connosco e o seu compromiso coa educación, reflectido no convenio de colaboración firmado entre Endesa e o noso instituto.

O Voluntariado do instututo nos foros galegos de solidariedade

Rematando o mes de abril, o voluntariado do IES Carlos Casares de Viana participou nos foros galegos de solidariede que está a desenvolver a Xunta de Galicia en varias cidades. Samuel Balboa e Luis Fernández foron a Ourense a falar da experiencia do voluntariado no instituto.

Máis información:

http://bermejoviana.wordpress.com/2012/04/27/voluntariado-foro-ourense/