O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

sábado, 31 de maio de 2014

O Agra do Orzán visita Viana

Ovidio V. | Os pasados 22 e 23 de maio recibimos a agardada visita do alumnado do Agra do Orzán (A Coruña) como parte dun proxecto de inmersión lingüística. Esta aventura, que xa comezou hai anos, tivo continuidade este ano con esta visita e coa que o alumnado do IES Carlos Casares realizou tamén a comezos deste mesmo mes (ver noticia nesta revista). 

O grupo ao pe da morrena glaciar de Chaguazoso (Galería completa de imaxes)

O alumnado que compartiu experiencias desta volta foi o de 1º da ESO, de ambos centros, e no marco dunha fenomenal convivencia de dous días visitaron o museo etnográfico de Vilariño de Conso, a morrena de glaciar de Chaguazoso e a Torre do Castelo de Viana do Bolo. Tamén houbo tempo para unha agradable ruta de castiñeiros e rebolos preto de Viana.

Unha imaxe perfecta de convivencia

Día de Europa

Nos corredores do IES poden verse os carteis conmemorativos do Día de Europa, adicado este ano ás Illas Británicas. O departamento de Inglés vén de levar a cabo esta actividade co alumnado de 4º de ESO.


venres, 30 de maio de 2014

Fallo del VI Premio IES Carlos Casares - Fundación ENDESA

José Mª P. | El jurado acaba de fallar el Premio IES Carlos Casares – Fundación Endesa, en su sexta edición. El trabajo ganador es La Tecnología LED, realizado por Moisés Carral Ortiz, del IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa.

La entrega del premio tendrá lugar el viernes 6 de junio a las 13:00 horas en el Aula Magna Xesús R. Jares del IES Carlos Casares de Viana do Bolo. A este acto tienen prevista su asistencia el Director de la UPH Noroeste de Endesa, don Ramón Laguna Blasco, además de otros representantes de Endesa.

Felicidades a todos los participantes, en especial a Moisés, a la profesora Susana Oubiña y a todos los miembros del instituto Castro Alobre.

xoves, 29 de maio de 2014

Clausura da V Semana da Orientación

Plácido B. | O día 14 de maio o Profesor titular da Universdidade de Vigo Dr. D.Camilo Ocampo Gómez  achegou a problemática -sempre interesante e nova da educación- ás familias dos nosos alumnos. Clausurábase deste xeito a V Semana da Orientación.


A asistencia de nais e pais foi masiva e contáronse unha 200 personas. Tocou temas dun alto interese tanto para as familias como para a propia Universidade  xa que brindou unha visión renovada da propia Orientación. As familias agradeceron a súa intervención sabia e desinteresada.

mércores, 21 de maio de 2014

GaliSENIOR 2014

Rubén D. | O noso alumnado do Ciclo Formativo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia visitou o pasado xoves á novena edición de GaliSENIOR, salón adicado ás persoas maiores galegas, ás súas familias e a profesionais que prestan servizos neste sector da poboación. 


Pola mañá as alumnas e alumnos do Carlos Casares asistiron a diferentes conferencias de Xornadas Técnicas, resultando de moito interese a de Atención no Medio Rural. Visitaron tamén varios stands, como o da Cruz Vermella. Xa pola tarde, participaron de forma exitosa nun taller de risoterapia. A xulgar polos sorrisos, coidamos que esta viaxe foi todo un éxito.


EPD no Escorial

Na de semana do 9, 10 e 11 de maio tivo lugar en San Lorenzo del Escorial, (Madrid) o IV Encuentro Nacional de Docentes en Educación para el Desarrollo "Creando Redes". O noso instituto estivo representado polo director, Carlos Ferreiro, e a xuntanza serviu para reunir a todos os centros gañadores do Premio Vicente Ferrer en Educación para o Desenvolvemento (como foi o noso en 2009 gracias ao Irmanamento coa U.E.Timoteo Rondales de Bermejo-Bolivia).


No encontro, profesorado de todo o país intercambiou impresións sobre o que debe ser o futuro dunha educación solidaria, e que fomente o traballo en competencias básicas (especialmente a Social e Cidadá): as dúas liñas que proporcionan esa mellora son a Aprendizaxe-Servizo e o Traballo por Proxectos. No noso instituto podemos dar mostras de ambas liñas, pondo como exemplo os diferentes ámbitos de voluntariado, ou moitas das actuacións do Plan Proxecta (Clases sen Fume, Cooperación Galega, Rede de Centros Solidarios, Meteoescolas, Xogade, etc), e no plano do traballo por Proxectos, moitas colaboracións entre diferentes Departamentos (Inglés, Bioloxía durante a estadía en Salduero)

Recibimos moitas ideas novas e orixinais nesta fin de semana e, xa que logo, un pulo de optimismo para levalas á práctica. É preciso, pois, agradecer ao MECD e a AECID(Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo), o feito de manter cada ano estes simposios onde cada quen aporta parte da súa experiencia, cos seus acertos e erros, na procura dunha mellor calidade da educación pública, e o carácter máis social e solidario da mesma.

Día Internacional do Consumidor

Ovidio V. | Con dous meses de retraso ven a luz os carteis conmemorativos do 15 de marzo (Día Internacional do Consumidor). O alumnado de "Matemáticas Aplicadas ás CCSS I" leva tempo traballando nun proxecto no que se pretenden estudar obxectivamente as campañas de anuncios de xoguetes: tipos de xoguete, público ao que van destinadas, quen as narra... Agora por fin teñen as ferramentas necesarias para un completo estudo estadístico, así que neste intre comezan a saír á luz as primeiras conclusións, tiradas da análise duns 200 spots televisivos e de internet observados no pasado Nadal. As principais conclusións amósanse a continuación.

Cartel alusivo ao público ao que se publicitan determinados xoguetes (Ángel, Aarón e Diego)

Estudo feito sobre se hai máis narradores ou narradoras (Victoria e Bruno)

Estudo realizado para comparar as porcentaxes de xoguetes estáticos e dinámicos (Miguel e Idoya)
Parabéns ao alumnado participante neste proxecto, porque están a realizar un traballo serio, rigoroso e, francamente, necesario. Este traballo, enmarcado no programa Galicons-net (Plan Proxecta) presentarase ao resto do alumnado de 1º de Bacharelato en breve, incluíndo estas e outras interesantes conclusións que os datos vaian desprendendo.

martes, 20 de maio de 2014

Adicións III: consumo de drogas

link ao programa
Na xornada de hoxe 20 de maio acompañounos Pilar Trabazo para completar a terna que dende o SERGAS nos propoñen para traballar nos centros o mundo das adicións. Logo de ter falado das adicións sociais e o tabaco, hoxe foi o turno para o alcol e outras drogas, fundamentalmente heroína, cocaína e cannabis. As orixes, o comercio, o consumo e as consecuencias. Unha lección precisa para un submundo no que se entra a idades cada vez máis temperás e do que é moi complicado saír.

Dende o noso centro agradecemos o apoio que se nos está a ofrecer a través de campañas coma esta. 

Blogs do alumnado de TIC

O alumnado de TIC, de 1º de Bacharelato", vén de crear unha serie de blogs de temática diversa, como parte do traballo levado a cabo en dita asignatura. Aquí vos deixamos os enlaces:

Blog de David e Aarón
Blog de Miguel, Lorena e Idoya
Blog de Ángel e Diego
Blog de Marta e Bruno
Blog de Alicia e Lucía