O. Villar | Admiro sinceramente a todas aquelas persoas que soben cada día á tarima para facernos rir, chorar... para facernos sentir. Admiro ao noso grupo Talía Teatro.
O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
venres, 27 de marzo de 2015
Continuación do Plan Director
No primeiro trimestre comezou a desenvolverse no noso centro o Plan Director para a Convivencia en Centros Educativos. Hoxe pechamos esta actividade con dúas ponencias máis, sobre acoso escolar para 1° de ESO e sobre alcol para 2° de ESO.
Grazas a Roberto e Juan Manuel, que se desprazaron dende a Comandancia da Garda Civil de Ourense para acompañarnos hoxe.
Día da Muller, Día da Igualdade
As conmemoracións do 8 de marzo son importantes, e traballar calquera día do ano en favor da igualdade real entre homes e mulleres aínda o é máis.
![]() |
| Con 2° de ESO |
![]() |
| Con 3° e 4° de ESO |
![]() |
| Con 1° de ESO |
Hoxe estivo con nós Ana García, traballando co alumnado da ESO en cuestións de xénero. A través do visionado de varios documentais os posteriores análise e debate, os nenos e nenas do Carlos Casares de Viana avanzaron uns pasos máis no que é xa para nós un sinal de identidade: a Senda da Convivencia.
xoves, 26 de marzo de 2015
Actividades coa DXT
Hoxe tiveron lugar ao longo da mañá diferentes actividades a cargo da DXT, coa presencia do Xefe Provincial de Tráfico, a Coordinadora da Aula de Educación Vial e axentes da Garda Civil, representados polo Alférez da zona de Verín. Todo o alumnado de entre 14 e 18 anos participou activamente en diferentes talleres sobre seguridade vial, o tráfico e a xuventude e a condución baixo os efectos de diferentes drogas, entre outros.
![]() |
| David, co grupo de Bacharelato |
![]() |
| Sinda na aula de 3° de ESO |
![]() |
| Exemplo de realizacion dunha análise toxicolóxica |
![]() |
| Juan Carlos nun instante da intervención en 4° de ESO |
I Xornadas: Dependencia e Construción de Autonomía
Exitosas xornadas, con preto dun cento de inscricións para participar. Catro ponencias moi ben levadas por Millán Brea, Yolanda Paz, Lucía Pérez, Daniel Rodríguez e Jorge González, e o ánimo e desexo do noso Inspector Roberto Cid para comezar xa a preparación das II Xornadas.
Fenomenal a organización, a cargo do profesorado e alumnado do noso ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, e fenomenal tamén o xantar de confraternización logo dunha tan intensa coma interesante mañá.
Link na prensa
Visitounos o noso Inspector
Hoxe visitounos o noso Inspector, Roberto Cid. Logo de inaugurar e participar nas "I Xornadas de Dependencia", compartiu tempo co noso alumnado de 1° de ESO, nunha das dúas aulas ABALAR do noso centro.
Cooperativismo en Bacharelato
J. Fouz |Sesión sobre cooperativismo para alumnado de Bacharelato a cargo de Daniel e Marta, da rede EUSUMO. Actitude. Coñecemento e aptitudes. Obxectivo común: comunicación e colaboración para sumar.
venres, 20 de marzo de 2015
Exames ao aire libre
Mándanos Pepe unha curiosa imaxe dos exames de final de avaliación de Français, ao fresco no patio. Necesidades do tipo de exame? Aforro enerxético? Ou simplemente aire fresco para a unha boa concentración?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
























