O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 8 de outubro de 2012

O principio dun compromiso

Ao fondo, cartel en Fornelos de Filloás
Ovidio Villar | O grupo de traballo que o curso pasado gañara o Luis Freire, vén de consolidar o seu compromiso co Premio coruñés poñendo en marcha a campaña "Non queimes, porque a vexetación é o anxo do monte". O traballo realizado por Lucía, Daniel, Alicia e Marcos, e coordinado por Luis Fernández, puxo de manifesto a importancia que a vexetación ten nun monte para conter o terreo e permitir que este siga a ser fértil. Este experimento científico, inspirado na situación real da comarca de Viana, complétase agora coa pegada de carteis animando á sociedade ao respeto á natureza, incidindo na importancia de non queimar o monte. Cada vez máis lugares dos concellos de Viana do Bolo, Vilariño de Conso e A Veiga coñecen de primeira man este importante comunicado.

2 comentarios:

  1. Ben por Marcos, Dani, Alicia e Lucía. E por Luis.

    ResponderEliminar
  2. Está ben porque o compromiso era ese, investigar para sensibilizar.
    Traballo completado, un saúdo desde Colombia a ese magnífico grupo de investigación
    Luis Fernández

    ResponderEliminar