Ver fotos de "Máscaras"
Ver fotos de "Maquetas"
Os Departamentos de Francés e Inglés do IES Carlos Casares convocan este certame de historias de amor.
Os días 14 e 15 de decembro de 2010, o IES Carlos Casares de Viana do Bolo, participou, como invitado, nas “IV Xornadas Iberoamericanas Integrando Culturas” celebradas na Casa de América de Madrid e organizadas pola Organización de Estados Iberoamericanos (OEI).
Buscamos unha historia orixinal e inédita, na que apareza reflectido o mundo das matemáticas. Sen límite de estilo literario nin de caracteres. Envía os teus traballos ao enderezo electrónico ochoupin@gmail.com antes do 15 de febreiro de 2011 e poderás gañar un fantástico MP4 e unha recopilación das mellores historias matemáticas (premio único). O fallo do xurado, composto este polos membros do Departamento de Mateḿaticas do IES Carlos Casares, así como o traballo premiado, serán publicados nesta revista.![]() |
| "Outono", Ansemil |
Unha vez máis o outono tiznou os rostros dos que compartimos chourizos e bullotes a carón do lume.Ya está convocada la tercera edición del Premio IES Carlos Casares - Fundación Endesa sobre energías limpias y ahorro energético. Este año el concurso se ha abierto a nuestros vecinos zamoranos y leoneses. El plazo de presentación de los trabajos expira el 10 de mayo de 2011. El premio será entregado el viernes 3 de junio en un acto que tendrá lugar en el Aula Magna Xesús R. Jares de nuestro instituto. Suerte para todos los participantes. Si eres alumno de Bachillerato o de Formación Profesional puedes participar en la tercera edición del Premio IES Carlos Casares - Fundación Endesa y ganar 500 €. Debes hacer una redacción sobre energías limpias y ahorro energético. Consulta las bases. Buena suerte. Xa está convocada a terceira edición do Premio IES Carlos Casares - Fundación Endesa sobre enerxías limpas e aforro enerxético. Este ano o concurso abriuse ós nosos veciños zamoranos e leoneses. O prazo de presentación dos traballos expira o 10 de maio de 2011. O premio será entregado o venres 3 de xuño nun acto que terá lugar na Aula Magna Xesús R. Jares do noso instituto. Sorte para todos os participantes. Se es alumno de Bacharelato ou de Formación Profesional podes participar na terceira edición do Premio IES Carlos Casares - Fundación Endesa e gañar 500 €. Debes facer unha redacción sobre enerxías limpas e/ou aforro enerxético. Consulta as bases. Boa sorte. Por José María Pérez |
Albergues Movic é un proxecto de creación multidisciplinar na cidade, a partir de estancias creativas de xoves creadores de toda España, promovido pola Red Española de Albergues Juveniles (Reaj) Trátase dun programa de estancias creativas en distintos albergues destinado a menores de 35 anos de tódalas Comunidades Autónomas. Durante 15 días, 10 artistas seleccionados de diferentes disciplinas realizan unha intervención no Albergue e o seu entorno.
A finalidade desta actividade é promocionar e estimular a creación artística da xente nova dentro dos parámetros do arte actual. O abano de disciplinas artísticas polas que se poden inscribir é moi amplo: pintura, escultura, debuxo, fotografía, vídeo, graffiti, instalación, danza, videoarte, arte urbano, arte electrónico, performance, música ou calquera outra tendencia de actualidade. Os proxectos terán necesariamente que integrar a identidade de cada territorio, a viaxe e o albergue como outra maneira de viaxar. O Programa de Movilidad Creativa en Albergues comezou este ano o seu recorrido por cidades do territorio nacional (Zaragoza, Lugo, Miranda del Ebro, Vic...) Se tes algunha aficción artística ou queres adicarte no futuro a unha disciplina artística, estate atento a vindeiras convocatorias e participa en MOVIC. Infórmate na páxina de Xuventude (http://xuventude.xunta.es/), no facebook de MOVIC (http://www.facebook.com/alberguesMOVIC) e na páxina da REAJ (http://www.reaj.com)
Por Ilda Luaces Torre.
Recentemente un grupo de profesores e voluntarios do IES Carlos Casares de Viana do Bolo (Ourense), coordinado polo profesor Ovidio Villar, vén de rematar o proxecto TIC que desenvolveron neste curso: "Incorporación do encerado dixital á práctica docente no tratamento das oito competencias básicas da ESO, no Bacharelato e na Formación Profesional". Froito das moitas horas de traballo adicadas ao mesmo, naceron cinco completas actividades para encerado dixital que xa son accesibles dende a aula virtual da nosa web (accede facendo clic aquí)
O xurado composto polos profesores Constantino Armesto, Amelia Pintos, Monserrat Ulloa, José Fouz e José María Pérez decidiu outorgar na Segunda Edición do Premio Fundación ENDESA - IES Carlos Casares o galardón a Adrián Ortega Fernández, alumno do IES Carlos Casares de Viana do Bolo e autor dun traballo sobre a enerxía hidroeléctrica e a comarca de Viana.
On aime le cinéma français et la liberté d´expression! C´est pourquoi, lors de la semaine de la presse dans notre lycée qui a eu lieu en même temps que le jour de la femme, les élèves de français de 1º BAC avons regardé le film Persepolis de Marjane Satrapi et Vincent Paronnaud. Un film qui nous a fait réfléchir sur la situation de la femme, la guerre... et voilà le résultat: nos critiques de cinéma! Bonne lecture!
O pasado venres tivemos a oportunidade de conversar con Sinda Aguiar, responsable de Educación Vial, e David Llorente, Xefe Provincial de Tráfico, nunha animosa charla que foi dende as novas licenzas e permisos de circulación e conducción ata o grave risco de accidente que temos se econducimos baixo os efectos do alcol. Tamén puidemos ver como ao longo dos anos foron evolucionando as campañas de prevención (casco, cinto, non alcol...) na estrada: dende as primeiras, dos anos 60 e 70, "inxénuas" en certo modo, ata as máis impactantes e realistas dos últimos anos.
Fíxose esperar pero xa está aquí. Arranca a sexta edición deste certame, organizado polo Departamento de Matemáticas do IES Carlos Casares, que dende hai anos trata de unir dúas afeccións que no fondo non son tan diferentes (máis ben complementarias): a fotografía e a matemática. ¡Anímate a presentarte! Envía as túas fotos con título (o nome da foto) e os teus datos (no asunto ou na mensaxe) antes do 30 de abril de 2010. Poderás gañar un destes fantáticos premios: 1º CAMARA DIXITAL, 2º MARCO DIXITAL, 3º MEMORIA USB. Os traballos premiados serán publicados nesta revista. Fai clic na imaxe da dereita para ver ampliado o cartel do sexto certame.
Ovidio.
Durante os días 9 e 10 de febreiro terán lugar no IES Carlos Casares de Viana do Bolo (Ourense) unha serie de conferencias todas elas no eido da orientación profesional de cara ao noso alumnado. Universidade? Ciclos formativos? Que me convén máis? Teño dúbidas?
O vindeiro venres 12 de febreiro teremos a oportunidade de desfrutar en Viana do Bolo de dúas interesantes conferencias impartidas por Sebastián Álvaro, montañista, escritor e director do coñecido e recoñecido programa "Al filo de lo imposible". Visita a montaña vianesa un escalador de primeira.