O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

martes, 22 de marzo de 2011

Obradoiro para a prevención da violencia de xénero

Carlos Ferreiro, Viana do Bolo. Hoxe, 22 de marzo,  tivemos ocasión de recibir no noso centro aos profesores Larry José Madrigal e Walberto Tejeda, procedentes do Centro de Estudios Bartolomé de las Casas, de San Salvador (El Salvador). Estes dous expertos en pedagoxía, convidados pola ONG Inter-Ed, impartiron un obradoiro destinado a  alumnado de 1º da ESO baixo o título "Sensibilización para a prevención da violencia de xénero". Aproveitaron tamén para felicitar aos participantes nas obras de teatro do pasado venres pola súa aportación nesta loita para erradicar a lacra social que supoñen os ataques contra as mulleres. Larry e Walberto repetirán este obradoiro mañá para o grupo de 3º da ESO, e trerán unha breve charla co alumnado de 1º de Bacharelato, sobre a súa labor en defensa da coeducación en terras salvadoreñas.


A súa visita a Viana complétase con un curso de formación impartido a profesorado da bisbarra e persoal dos concellos que ten lugar en sesións de tarde os días 21, 22 e 23 de marzo . Desde aquí agradecemos o seu esforzo e o intercambio de experiencias que implica este encontro con colegas centroamericanos. O obradoiro comezou cun percorrido virtual a través de Google Earth  desde San Salvador a Viana do Bolo, que foi respondido con atención e ilusión polo alumnado. Fixéronse tamén dinámicas de grupo de proximidade e xogos de rol que fan cuestionar o rol da masculinidade no noso ámbito social...

1 comentario:

  1. Queridas amigas y amigos de la comunidad educativa IES Carlos Casares:

    Un saludo con todo el calorcito tropical desde El Salvador, América Central.
    Queremos agradecer a todos y todas por los bonitos e intensos días que hemos vivido entre ustedes, compartiendo y aprendiendo, conociendo más de sus identidades y vidas, desde el tema de las masculinidades.

    Ahora que nosotros sabemos localizar en el google earth al Instituto, esperamos que ustedes sepan que cuentan con amigos salvadoreños. Ojalá que un día próximo podamos re-encontrarnos, de este o aquel lado del mundo.

    ¡Especiales saludos para alumnado de ESo con el que estuvimos!
    ¡Un abrazo cercano!

    ResponderEliminar