O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

sábado, 23 de xuño de 2012

Entrega do premio de Conto Matemático

Ovidio Villar | O xoves pasado entregouse o premio do III Certame de Conto Matemático IES Carlos Casares. Luis Crende, en representación do Departamento de Matemáticas do IES, transmitiu os merecidos parabéns a Ana María Alonso Nieves, incidindo tanto na orixinalidade do seu relato como no traballo realizado durante todo o curso. Fixo tamén entrega do Diploma que a acredita como gañadora e dun fantástico lector de e-books.

Deica unha nova edición, que será a cuarta.

luns, 18 de xuño de 2012

Ana María Alonso gaña o III Certame de Conto Matemático

O xurado deste certame, composto polo profesorado do Departamento de Matemáticas do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, por unanimidade e valorando a súa orixinalidade, deciciu outorgar o primeiro premio ao traballo "O que non me pase a min", presentado por Ana María Alonso Nieves, de 2º de ESO. Parabéns!

O QUE NON ME PASE A MIN...

Cando o outro día ía eu para o colexio, atopeime no mesmo medio da beirarrúa cun número. Un número! Anda que, co que me gustan a min os números... Era o número 6, estaba alí tirado, e eu, o primeiro que pensei, foi: será de cartón, caeríalle a algún cartel. Pero de súpeto, levántase. Hala! Vaia susto que me levei. E falábame, xúrovos que me falaba, dicía palabras...

Despois de saudarme, presentarse... díxome que o tiña que axudar. A que?, diredes vós. A que?, dixen eu. Ben, o caso foi que me pediu que buscase a solución dun sistema composto por ecuacións que ninguén antes solucionara. E, a ver, co ben que se me dan a min as mates, vai e pídeme que solucione non sei que dun sistema con ecuacións de… En fin, que collín, e leveillo ao profe de mates, digo eu que saberá mais ca min.

ANA MARIA ALONSO NIEVES

domingo, 17 de xuño de 2012

Homenaxe a Carlos Casares

O pasado venres, 15 de xuño, tivo lugar o Acto de Homenaxe a Carlos Casares, co gallo do X Aniversario do seu pasamento. Tivemos a sorte de contar coa presenza destacada de Xavier Casares, irmán de Carlos, Gustavo Garrido, Director da Fundación Carlos Casares, co noso inspector José Luis Vázquez, e coa antiga compañeira e amiga, e unha das responsables do cambio de nome do noso centro, a profesora Maribel Gil.


sábado, 16 de xuño de 2012

Peche de xornadas

Na xornada de onte clausurouse a III Semana da Orientación, iniciada no mes de febreiro con dúas xornadas adicadas ao alumnado de 4º de ESO e Bacharelato, onde se falou do acceso a ciclos, a diferentes universidades e mesmo a bolsas de estudo. Organizadas polo Departamento de Orientación, as xornadas pecháronse da man de D. José Luis Vázquez, inspector, quen incidiu na boa labor que están a desenvolver os diferentes departamentos didácticos do IES Carlos Casares de Viana.

venres, 15 de xuño de 2012

Visita ao Caurel

Irea Rodríguez Cañueto | Saímos pola mañá , ás nove e cuarto xa estábamos fóra de Viana do Bolo. Fomos cos mestres Luís e Xurxo e coa mestra Isabel. Chegamos a un pobo chamado Samos, alí ensináronnos o mosteiro, era grande, de pedra e tiña dous interiores , había un corredor e nel había unhas pinturas que representaban a vida de San Bieito. Saímos do mosteiro e fomos almorzar. Ás tres marchamos de Samos, rumbo a un pobo de peregrinación. Chegamos a aldea, era todo de pedra , alí vimos unha igrexa á que van os peregrinos antes de chegar a Santiago.

Clic aquí para ver a galería completa de imaxes

xoves, 14 de xuño de 2012

Feira das Ciencias 2012

Ovidio Villar | Estase a celebrar neste intre a Feira das Ciencias 2012, no corredor principal do IES Carlos Casares de Viana. Cromatografías, velas oscilantes, experimentos coa presión do aire... Unha cita consolidada xa neste mes de xuño, na que, ademais, nos visitaron os colexios de Viana do Bolo, A Veiga e Vilariño de Conso.


mércores, 13 de xuño de 2012

Baile na despedida do Contrato-Programa de Reforzo

J. Fouz - P. Blanco | Hoxe 13 de xuño celebrouse a clausura do Contrato-Programa de Reforzo.  Clausurou o Director Luis, e contouse coa presencia de Luis Felipe, Xefe de Estudos; Miguel, Xefe do Departamento de Física e Química; David, Titor de PDC; Gonzalo, polo personal non docente, etc.


Seguirá o traballo pola igualdade de xénero

Ovidio Villar | Onte clausurouse no IES Carlos Casares de Viana do Bolo o curso "Cara á inclusión de xénero na práctica educativa". O curso, organizado por InteRed e o propio IES, contou cunha ampla participación do profesorado e coa educadora social do Concello de Viana.

Diferentes momentos da dinámica de onte, captados polo ollo atento de Amalia

sábado, 9 de xuño de 2012

O Carlos Casares volve gañar o Luis Freire logo de dez anos

Científicos e científicas por un día, e para toda a vida

amplía a noticia | galería de imaxes | parabéns do Conselleiro

Luis Fernández - Ovidio Villar | Na mañá de hoxe presentáronse os cinco grupos finalistas do Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares, promovido por Museos Científicos Coruñeses (mc²). Dos cinco grupos, dous do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, un do CPI de Folgoso do Caurel e dous do colexio Obradoiro da Coruña, foi o formado por Alicia, Daniel e Lucía o que obtivo o primeiro premio, cun interesante e ben estruturado traballo sobre a influenza dos incendios na desertización do chan. Formou tamén parte deste proxecto Marcos, ausente na final. Todos e todas cursan 3º de ESO en Viana do Bolo. Celebrarán este galardón durante a súa viaxe ao xacemento de Atapuerca (Burgos).

De esquerda a dereita: Alicia, Daniel, Luis e Lucía. Ao fondo a Torre de Hércules.

Premio IES Carlos Casares - Fundación ENDESA

José M. Pérez | En la jornada de ayer, viernes, tuvo lugar en el Aula Magna Xesús R. Jares la entrega de la IV Edición del Premio IES Carlos Casares - Fundación Endesa sobre energías limpias y ahorro energético.  La premiada en esta edición fue la alumna Andrea Bailador Barrrios del IES Arribes de Sayago de Bermillo de Sayago (Zamora), que realizó un excelente trabajo de investigación y redacción sobre la energía geotérmica, supervisado por la profesora Alba Tobal Rivera, profesora de Ciencias de la Tierra y del Medio Ambiente de dicho instituto.


Al acto acudieron en representación de Endesa Maximiliano Villarejo Fernández, responsable de la Agrupación Ourense-Zamora de la Unidad de Producción Hidráulica Noroeste de Endesa Generación, y Ernesto Marra Manso, técnico responsable de la Agrupación Ourense-Zamora. Por parte del IES Arribes de Sayago acudió representando al centro la profesora Alba Tobal. También contamos con la presencia de miembros de los medios de comunicación que vinieron para cubrir la noticia.

Links en prensa:

 

xoves, 7 de xuño de 2012

Visita a Quiroga

Christian Martínez Antón | O día 5 de xuño de 2012 saiamos do centro os alumnos  de 1º de BAC do bacherelato de ciencias en dirección a Quiroga onde nos esperaba o noso director Luis para ensinarnos a súa vila e levarnos ao museo desa localidade.


mércores, 6 de xuño de 2012

Actividades en Plástica

Traballos de desenvolvementos e deseños con motivos de natureza e relación dos elementos de Platon cos 5 poliedros regulares. Alumnado 1º ESO.

Polígonos regulares. Desenos con fíos. Alumnado 4º ESO.

luns, 4 de xuño de 2012

Visitáronnos dúas científicas do CSIC

Luis Fernández | No día de hoxe Marta López Cabo e Luisa Martínez Lorenzo, do Consello Superior de Investigacións Científicas de Galicia, concretamente do instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, estiveron no IES Carlos Casares de Viana para compartir o seu traballo en oceanografía e tecnoloxía dos alimentos.


Marta estivo co alumnado de 1º de Bacharelato e Luisa co alumnado de 3º ESO A e B. En ambas aulas aproximáronnos ao seu traballo e explicáronnos os pasos a seguir para facer unha carreira científica. O alumnado pudo facer todas as preguntas que quixeron e quedou aberta a posibilidade dunha visita aos laboratorios de Vigo onde traballan, os primeiros días de xullo deste ano. Agradecemos moito esta oportunidade que nos dá o CSIC, xa por segundo ano consecutivo, e a calidade da exposición de Luisa e Marta.

venres, 1 de xuño de 2012

Inmersión lingüística

Quinto ano consecutivo dunha cita máis que consolidada entre o IES Agra de Orzán e o IES Carlos Casares

J. Fouz - C. Ferreiro |  Nestas pasadas xornadas do 31 de maio e 1 de xuño, recibimos a xa tradicional visita das compañeiras e compañeiros do IES Agra do Orzán de A Coruña. 37 estudantes de 1º de ESO, encabezados polos profesores Emilio e Tito, coñeceron o noso centro, e fixeron unha breve visita pola nosa bisbarra. No tempo que estiveron con nós, houbo espazo para xogos cooperativos e dinámicas de presentación no patio, con Pablo Cuervo, percorridos pola morrena glaciar de Chaguazoso, de mans de Luis Fernández, Carlos e Luis Crende, ou obradoiros de Mediación, dirixidos por Susana e coa colaboración inestimable das nosas alumnas mediadoras de 2º de ESO, Ana Manceno, Ana Martínez, Tania Yáñez e Laura Martínez. Como sempre nestes últimos cinco anos foron dúas xornadas festivas, de coñecemento mutuo, que terán continuidade na nosa devolución da visita, alá polo vindeiro mes de outubro. Grazas, compañeir@s...


Proxecto TERRA: intercambio territorial As Corterizas (Allariz)

Alejandro Villasante, Brais Seoane | Os grupos de 3º e 4º da ESO do IES Carlos Casares de Viana do Bolo fomos acompañados polos profesores Bieito e Federico ao centro medioambiental de As Corterizas, na serra de San Mamede. O  proxecto visto tiña como finalidade resolver os problemas ambientais, a aplicación práctica das enerxías renovables e a xestión alternativa dos residuos, a bioconstrución ,onde che ensinaban a facer contrucións aforrando en emisións de CO2 (transporte) ou auga (baños secos) e a coidar do medio onde vivimos.

Foto de grupo


Proxecto TERRA

Federico Méndez | Entre o martes 29 e o mércores 30 @s alumn@s de 3º e 4º da ESO veñen de coñecer de preto que é iso da bioconstrución e como medidas tan sinxelas como orientar ben un edificio, distribuír axeitadamente as súas habitacións segundo o uso que lles queiramos dar, empregar a vexetación como pantalla contra o calor ou o frío... supoñen un notable aforro de enerxía e crean moita armonía dentro das construcións e co entorno. Os obradoiros desenvolvéronse na aula da natureza de Corcerizas, preto de Xinzo de Limia. Tivemos a sorte de contar cunhas monitoras que, ademais de coñecer ben do que falaban, vivíano e así o transmitían.