O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

mércores, 13 de xuño de 2012

Seguirá o traballo pola igualdade de xénero

Ovidio Villar | Onte clausurouse no IES Carlos Casares de Viana do Bolo o curso "Cara á inclusión de xénero na práctica educativa". O curso, organizado por InteRed e o propio IES, contou cunha ampla participación do profesorado e coa educadora social do Concello de Viana.

Diferentes momentos da dinámica de onte, captados polo ollo atento de Amalia
Foi unha boa ocasión de dar cabida real na aula a unha igualdade de xénero que non sempre aparece, e destacaron actividades coma pitar de rosa as portas dos baños masculinos e de azul os femininos, o deseño de tarefas para o alumnado en diversas áreas con enfoques a determinadas desigualdades de xénero ou a análise de vídeos e outro material que aparece na rede. Todo para, entre outros obxectivos, aprender a diferenciar na práctica currículo explícito de currículo oculto, analizar as "diferentes" masculinidades e feminidades, compartir puntos de vista ou poder traballar na aula dunha forma tan real como efectiva a favor da igualdade entre mulleres e homes.

A simbiose IES Carlos Casares - InteRed voltará ao traballo logo do verán, no vindeiro curso 2012-13. Saúdos a todas e todos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario