O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 18 de outubro de 2012

Concurso Hispanoamericano de Ortografía

Carlos Ferreiro | Nesta primeira quincena do mes de outubro, tivo lugar, como cada ano, a Fase de Centro do Concurso Hispanoamericano de Ortografía, convocado pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Cultura e Deportes. Na xa XIII edición, deuse unha circunstancia insólita no centro: a necesidade dun masivo desempate (de ate 6 participantes) e un apretado resultado final. Temos pois que felicitar a Tania Sánchez e Ánxela Guerra, que chegaron a esa última proba; a Breixo Tomé, Rocío Rodríguez e Leticia Placín, que comparten o segundo posto, e xa que logo, ao flamante gañador, Héctor Álvarez, que representará ao IES Carlos Casares, na final autonómica que terá lugar o vindeiro xoves 25 de outubro ás 17 horas no IES do Sar de Santiago de Compostela. Agaradamos que este premio, que redundará na cualificación de Lingua Castelá e recibirá os aplausos da comunidade educativa no Acto de final de curso, sirva como estímulo no duro traxecto de 2º de Bacharelato. Noraboa, Héctor, e sorte na final! 

Na imaxe, Héctor Álvarez na biblioteca

1 comentario:

  1. Noraboa Hector e tamén aos finalistas, que boa nova que haia tanta competencia nunha final de ortografía. Que temble Compostela que o premio vai para Hector.
    Luis Fernández

    ResponderEliminar