O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

domingo, 23 de decembro de 2012

Festival de Música e Teatro

Ilda L., José F., Ovidio V. | Coincidindo co final da primeira avaliación e o festival de Nadal, os pasados 20 e 21 de decembro foron dous días de Música e Teatro a esgalla. O xoves, o espectáculo foi no Salón de Actos do instituto Carlos Casares de Viana: interpretacións, playbacks, coreografías... Parabéns ao Grupo de Canto e Expresión Corporal IES Carlos Casares.



O venres, foi o alumnado do grupo de Teatro Talía quen se subiu á tarima para amosar a grande canteira de actrices e actores cos que contamos e desexarnos que se nos cumplan os soños.


Galería completa de imaxes 

1 comentario:

  1. Gracias a todos, especialmente a Ilda e María e aos rapaces participantes, por darnos dous días como os que foron. Unha mención persoal, pola miña parte, á preciosa actuación de Laura Martínez e Remedios Jiménez.

    ResponderEliminar