O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 18 de novembro de 2013

Contacontos e viaxes

Hoxe estiveron con nós Alicia e María, coordinadoras do proxecto "Cooperación Galega: o mundo que queremos", no que o IES Carlos Casares participa no marco do Plan Proxecta. Viñamos de falar con elas o venres pasado en Vigo, onde fomos testemuñas dunha actividade de contacontos que tamén tivemos o pracer de desfrutar en Viana. De feito, o alumnado de 1º de ESO asistiu a unha marabillosa viaxe a carón do pobo saharahui, os seus costumes, a súa vida. Graciñas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario