O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

martes, 27 de xuño de 2017

X Encontros de Clubes de Lectura

O. Villar | Era unha ocasión especial e merecía unha celebración especial... Coido que os rapaces o pasaron de marabilla, agás co calor sofocante que nos bateu ese día en Santiago... Pero quen levamos un Peter Pan dentro, botamos de menos coarnos nos marabillosos talleres que había para a rapazada...





Xenial Miguelanxo Prado ao recoller o seu merecido premio e xenial o peche musical con Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre!!

Saída didáctica a Celanova

Concerto e Roteiro...





Viana Quérote+

Monse Ulloa e Asun Prieto. Un ano máis o alumnado de 3º de ESO participou no programa do Plan Proxecta “Quérote +”. Ademais de coñecer os contidos e recursos da páxina, traballáronse as diferentes fichas do programa.
Nas sesión sobre Educación sexual e Aconcepción e concepción elaboraron preguntas que logo resolveu Luis Fernández un antigo profesor do centro nun obradoiro de sexualidade impartido a principios de Xuño (https://twitter.com/choupindixital/status/870605851630989313).


Tamén traballaron A orientación do desexo e identidade sexual, A relación dos sexos e a tecnoloxía....a través de diferentes vídeos e debates xerados na aula.
É fundamental transmitirlle ao alumnado que por riba do coñecemento científico e técnico sobre aspectos de sexualidade, ésta implícanos como individuos no plano afectivo e contribúe de xeito básico ao noso benestar e felicidade.

mércores, 14 de xuño de 2017

Fallado o Certame de Fotografía Matemática

O xurado do Certame Internacional de Fotografía Matemática do IES Carlos Casares para esta edición de 2017, vén de fallar o premio deste ano. Pola súa banda as e os internautas decidiron tamén cal é o traballo mellor valorado polo público. Ambos traballos conxugan elementos matemáticos perfectamente localizados e integrados na vida cotiá, e representados por títulos escollidos de maneira moi acertada. Parabéns ás dúas gañadoras polos seus fenomenais traballos, que son:


Premio do Xurado
Sil-Metría
Tamara Rodríguez Adrover
IES A Sangriña, A Guarda (Pontevedra)



Premio Especial do Público
Geometría del Sábado Noche
Esther Ramos Molano
IES Martaguisela, O Barco de Valdeorras (Ourense)

A entrega de premios terá lugar o venres 23 de xuño a partires das 12:15 horas, na Aula Xesús R. Jares do IES Carlos Casares de Viana do Bolo.

martes, 13 de xuño de 2017

Conecta Cultura 2017

Este curso, coa idea de aprender máis sobre o mundo que nos rodea e para saber máis cousas acerca de como vivir nesta aldea global que é o mundo, sumerxímonos nun novo proxecto, ao que lle deron o nome de Conecta Cultura.
Xa só con ese nome podemos ver de que se trata: de aunar, de conectar as diferentes culturas para poder así compartir e aprender uns de outros.
Coa idea de axudarnos a ver o mundo e a como aprender uns dos outros, viñeron Hafdala, Antía e Belén, dende Vigo, en tres sesións diferentes.
Na primeira sesión, o 12 de xaneiro con Antía e Hafdala, aprendemos o que son a multiculturalidade, pluriculturalidade e interculturalidade. Tamén nesta primeira sesión nos explicaron o que é un plan de acollida e por que é importante ter un no centro.
Na segunda sesión, o 26 de xaneiro tamén con Antía e Hafdala, afondamos no plan de acollida, como ten que ser, que fases ten que incluír, cando hai que preparalo... e a importancia de incidir no común, non nas diferenzas. Tamén este día nos falaron de competencias e incompetencias.
Finalmente, a terceira sesión, o 9 de febreiro, na que coñecemos a Belén, que foi a que acompañou a Hafdala esta vez, nos presentaron a guía didáctica que están a elaborar para traballar co alumnado e que trata temas como a acollida, o respecto á diversidade, os dereitos humanos, os refuxiados, etc.
Aproveitando unha desas tres sesións, Hafdala e Belén falaron co alumnado de 1 ESO acerca das migracións, e co alumnado de 4 ESO acerca da situación do Sáhara.
Despois desas visitas iniciamos nós o traballo nas aulas (é este un proxecto a longo prazo que esperamos que nos resulte moi útil) preparando un plan de acollida para alumnado que vén de fóra co que sentamos unhas pautas para que todo o alumnado que se incorpore ao centro dende fóra se sinta querido e non estea illado.
Ademais, para ver como funciona e como se aplica ese plan de acollida, realizamos dous vídeos nos que o puxemos en práctica, aquí os tedes: