Arrancou o EPD Lab para este curso, proxecto que se desenvolverá no IES Carlos Casares e noutros catro centros galegos, os IES de Milladoiro, Johan Carballeira (Bueu), Pintor Colmeiro (Silleda) e Castro Alobre (Vilagarcía). O pasado 29 de setembro, o Vicedirector do noso centro, Ovidio Villar, asistiu á reunión que todos os centros mantiveron cos representantes de AGARESO, organización responsable e vínculo de unión con todos os participantes neste proceso.
O traballo a realizar incluirá problemáticas de índole social, poboacional, medioambiental, de xénero... e faráse utilizando medios audiovisuais de última xeneración, ferramentas TIC e sistemas de traballo como a micronarrativa dixital. Este é o terceiro ano que participamos no proxecto e temos gañas xa de que chegue o 23 de outubro, o día da primeira sesión no noso IES!
Ningún comentario:
Publicar un comentario