O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 26 de outubro de 2017

Sesión 1 #EpDLab: Sexismo e identidade

#EpDLab

Laura S. | Este luns 23 de outubro, iniciamos a nosa primeira sesión no proxecto EpDLab (Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento).


O alumnado de 1º de bacharelato, comeza con gañas de experimentar e desenvolver unha serie de cuestións que están moi presentes no noso entorno, aínda que moitas veces non sexamos conscientes. O feito de ter presentes as novas tecnoloxías fai que este traballo sexa máis levadeiro e interesante para todos, tendo que utilizar redes de moito uso como son Instagram e Twitter.


No noso primeiro afrontamento, unha vez feita a presentación máis un test inicial acerca dos nosos coñecementos, tratamos un tema moi importante como é o sexismo, no que nos demos conta de que homes e mulleres non somos tan diferentes. Fixemos unha serie de actividades lúdicas interesantes; como ver titulares de xornais no que a muller é infravalorada nos deportes e comentalo por grupos,  escribir o que pensabamos a cerca das diferenzas entre ambos sexos (onde puidemos comprobar que eran moi escasas) e para concluír, coa axuda da nosa imaxinación, creamos imaxes que representasen a nosa idea fronte ao sexismo.


Unha serie de actividades de moitos valores e aprendizaxe que sempre que se fagan en grupo de dunha maneira divertida... mellor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario