Está aberta ao público a exposición de Fotografía Matemática e Esopías cedida temporalmente pola Fundación Barrié. No corredor principal do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, ata o 11 de maio.
O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
sábado, 2 de maio de 2015
venres, 1 de maio de 2015
Spot na Biblioteca
O pasado 20 de abril estivo no noso centro Ramón Molina, coordinador da Rede de Centros Escolares Solidarios (Plan Proxecta). O obxectivo do día, gravar un spot sobre o quefacer diario do voluntariado de Biblioteca. Este spot estrearase a finais de maio en Santiago de Compostela durante os III Encontros da RCES.
Por unha nova aula TIC
O IES Carlos Casares, a través do dinamizador TIC José Fouz, vén de presentar un proxecto de solicitude de axudas ao "II Concurso Proyecta de innovación, Fundación Amancio Ortega", para poder contar cunha segunda aula TIC no centro, de deseño e edición audiovisual.
A conticuación aparece un vídeo producido específicamente para esta convocatoria.
Moito máis que contidos...
Na pasada fin de semana, do 24 ao 26 de abril, o IES Carlos Casares estivo
representado por medio do seu director, Carlos Ferreiro, no V Encuentro
Nacional de Docentes en Educación para el Desarrollo, que se celebrou en
Guadarrama (Madrid).
Baixo o lema deste ano, "Dejando huella",
prestouse especial atención aos proxectos de desenvolvemento que
potencian a igualdade de xénero e a dignificación da muller. Lembramos
que na nosa colaboración con Bermejo-Bolivia, establecemos un acordo de
apoio a cooperativas de mulleres, que manufacturan productos artesanais,
(gorros e bufandas que logo o noso alumnado voluntario e cooperantes
externos nos axudan a vender).
O domingo pola maña tivemos tamen a honra de ser convidados a unha mesa
redonda sobre xénero, con varias expertas a nivel nacional.
As xornadas déronnos un pulo para afianzarnos na senda educativa do noso
centro; integrar a loita contra a violencia sobre a muller, a
solidariedade mediante o voluntariado ou a cooperación, a educación
afectivo-sexual ou a aprendizaxe por proyectos son a alternativa aos
perigos da competitividade que a sociedade transmite a rapazas e
rapaces, ou a "mercantilizacion" da escola. As múltiples e variadas
actividades do centro, dentro e fora do instituto, fanse polo tanto, non
so convenientes senón imprescindibles.
Gustaríame rematar a crónica coa reflexión do pedagogo madrileño Miguel Ardanaz: "Os contidos son como moito, un elemento de partida, entre outros, pero non un punto de chegada"
I Curso de Mediación Escolar no CCEE Reis Católicos
Os nosos queridos compañeiros Luis Fernández (CCEE Reis Católicos) e Susana Fernández (IES Carlos Casares) veñen de organizar e levar a cabo o I Curso de Mediación Escolar "Xesús R. Jares" en Bogotá. Parabéns, e moita sorte á primeira promoción de mediadoras e mediadores.
![]() |
| Susana Fernández, durante a presentación |
Máis información
Participamos no Olloboi 2015
Acaba de arrancar o Festival Olloboi 2015, e varios participantes do IES Carlos Casares enviaron os seus traballos. Bótalles unha ollada en:
Por unha convivencia positiva
J. M. Pérez | Os pasados 17 e 18 de abril os profesores
Juan García e José María Pérez máis as alumnas Yahaira Jiménez e
Jungjie Wang asistiron aos terceiros encontros de centros para unha
convivencia positiva, actividade de formación organizada e
desenvolvida no IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa e que este
ano tiña como temática central a educación para a igualdade entre
homes e mulleres. As xornadas consistiron nunha serie de poñencias e
no intercambio de experiencias e de saberes entre os distintos
centros galegos alí representados.
![]() |
| (Imaxe: https://www.facebook.com/encontroconvivencia.negreirafisterra) |
Visita á cidade amurallada de Lugo
Javier F., Joëly Fernández | O pasado xoves 23 de abril, o alumnado de 3º e 4º da Eso visitamos a
cidade de Lucus Augusti. Foi unha visita interesante culturalmente.
![]() |
| Imaxes: Carmen S. |
Primeiro fixemos un percorrido pola Muralla lucense, que foi incluida no
ano 2000 na lista de monumentos que son Patrimonio da Humanidade. É a
muralla romana con maior perímetro fortificado conservado do mundo. Non
se pode concebir Lugo sen o seu cinturón de 2200 m. de perímetro, con
entre 8 e 12 metros de altura e entre 4 e 7 de ancho.
A continuación, a nosa guía dirixiunos ata a Catedral. En relación con este monumento, hai que dicir que Lugo tamén é coñecida como a Cidade do Sacramento. A catedral foi construida a partir de 1129 en varios estilos: Románico, Gótico, Renacentista e Barroco; ten planta de cruz latina e destaca moito a sua porta norte de estilo románico baixo un pórtico gótico.
Ao rematar a visita á Catedral, dirixímonos á Casa dos Mosaicos. O que
máis nos impactou desta parte da viaxe foi o método de quentamento por
baixo do piso, denominado hipocausto, e tamén a impresionante exposición de mosaicos e pinturas descubertas no ano 1999.
Antes de comer, a última parada foi nunha praza onde se celebran as
festas de San Froilán, en honor ao bispo amigo dos lobos. Tamén nese
lugar, a principios do verán, temos as festas do Arde Lucus,
en que os lucenses lembran o seu pasado romano e saen ás ruas con
vestimentas de época para festexar a chegada da estación estival
Obradoiro de Rugby
J. González Lamas | A semana pasada, do 27 ao 30 de abril, tiveron un lugar unha serie de
obradoiros de iniciación ao rugby artellados dende o departamento de
Educación física en colaboración co Campus Ourense Rugby de Ourense.
Neles os mozos e mozas de distintos grupos aprenderon as técnicas básicas de evasión, contacto seguro e pase de balón. A
monitorización desta actividade contou na súa clausura cun adestrador
de excepción, Américo Gomes, responsabel do programa formativo nas
escolas para a difusión do rugby entre os máis novos. Dende o
IES Carlos Casares reiteramos o noso agrademento ao Campus Ourense Rugby
e agardamos poder volver atoparnos na próxima melé.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












