Javier F., Joëly Fernández | O pasado xoves 23 de abril, o alumnado de 3º e 4º da Eso visitamos a 
cidade de Lucus Augusti. Foi unha visita interesante culturalmente.
|  | 
| Imaxes: Carmen S. | 
Primeiro fixemos un percorrido pola Muralla lucense, que foi incluida no
 ano 2000 na lista de monumentos que son Patrimonio da Humanidade. É a 
muralla romana con maior perímetro fortificado conservado do mundo. Non 
se pode concebir Lugo sen o seu cinturón de 2200 m. de perímetro, con 
entre 8 e 12 metros de altura e entre 4 e 7 de ancho.
A continuación, a nosa guía dirixiunos ata a Catedral. En relación con este monumento, hai que dicir que Lugo tamén é coñecida como a Cidade do Sacramento. A catedral foi construida a partir de 1129 en varios estilos: Románico, Gótico, Renacentista e Barroco; ten planta de cruz latina e destaca moito a sua porta norte de estilo románico baixo un pórtico gótico.
Ao rematar a visita á Catedral, dirixímonos á Casa dos Mosaicos. O que 
máis nos impactou desta parte da viaxe foi o método de quentamento por 
baixo do piso, denominado hipocausto, e tamén a impresionante exposición de mosaicos e pinturas descubertas no ano 1999.
Antes de comer, a última parada foi nunha praza onde se celebran as 
festas de San Froilán, en honor ao bispo amigo dos lobos. Tamén nese 
lugar, a principios do verán, temos as festas do Arde Lucus,
 en que os lucenses lembran o seu pasado romano e saen ás ruas con 
vestimentas de época para festexar a chegada da estación estival
 


Ningún comentario:
Publicar un comentario