O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 1 de maio de 2015

Por unha convivencia positiva

J. M. Pérez | Os pasados 17 e 18 de abril os profesores Juan García e José María Pérez máis as alumnas Yahaira Jiménez e Jungjie Wang asistiron aos terceiros encontros de centros para unha convivencia positiva, actividade de formación organizada e desenvolvida no IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa e que este ano tiña como temática central a educación para a igualdade entre homes e mulleres. As xornadas consistiron nunha serie de poñencias e no intercambio de experiencias e de saberes entre os distintos centros galegos alí representados.

(Imaxe: https://www.facebook.com/encontroconvivencia.negreirafisterra)

Ningún comentario:

Publicar un comentario