O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 30 de maio de 2011

Emotiva despedida a un amigo



"A toda la comunidad educativa del IES Carlos casares, y en especial a la familia de Richard. Conmocionada todavía por la noticia, recibid mi más sincero pésame y mi cariño en estos difíciles momentos. Saludos."

Verónica Herrera


"Acabo de ler a noticia... A verdade é que me enterei da súa desaparición no momento en que falastes diso o día da graduación de 2º de Bacharelato, e foi un lóstrego que me sacudiu o corazón. Dende ese día seguín a noticia e o domingo nos xornais vascos lin que aparecera... non o quito da cabeza, teño unha pena inmensa porque a vida o tratou moi inxustamente, e lémbrome del cunha claridade absoluta... o seu sorriso, a súa mirada pícara... era un bo neno... pobriño... Só espero que se hai algo máis aló, lle toque un mundo máis xusto..."

Ángeles Rodríguez Llamazares


"Eu simplemente quería dicir que Richard era unha excelente persoa e un tío moi divertido. Sempre que estabas con el facíate rir, en calquera situación. El sabía como sacarche un sorriso aínda que estiveras mal.

E para min non só era iso, era un amigo. Porque aínda co problema que el tiña eu entendíame perfectamente con el. E foi para min un reto ter un amigo xordomudo e poder ter esa capacidade para entendernos.

Non poido crer que lle tivera que pasar isto, porque era moi forte e moi valente. E sabía seguir adiante con calquera problema que tivera, e cun sorriso.

Ben, Richard, esteas onde esteas quero que saibas que te quero, e que nunca te olvidarei, nin eses momentos que pasei contigo, porque fuches moi bo amigo. E como ti me dixeches a última vez que falamos... extráñote moito!"

Teresa Rábano



ELEGIA A RAMÓN SIJÉ

(poema de Miguel Hernández, lido por María C. Varela)

(En Orihuela, su pueblo y el mío, se me ha
muerto como del rayo Ramón Sijé, con quien
tanto quería.)



Yo quiero ser llorando el hortelano
de la tierra que ocupas y estercolas,
compañero del alma, tan temprano.

Alimentando lluvias, caracoles
Y órganos mi dolor sin instrumento,
a las desalentadas amapolas

daré tu corazón por alimento.
Tanto dolor se agrupa en mi costado,
que por doler me duele hasta el aliento.

Un manotazo duro, un golpe helado,
un hachazo invisible y homicida,
un empujón brutal te ha derribado.

No hay extensión más grande que mi herida,
lloro mi desventura y sus conjuntos
y siento más tu muerte que mi vida.

Ando sobre rastrojos de difuntos,
y sin calor de nadie y sin consuelo
voy de mi corazón a mis asuntos.

Temprano levantó la muerte el vuelo,
temprano madrugó la madrugada,
temprano estás rodando por el suelo.

No perdono a la muerte enamorada,
no perdono a la vida desatenta,
no perdono a la tierra ni a la nada.

En mis manos levanto una tormenta
de piedras, rayos y hachas estridentes
sedienta de catástrofe y hambrienta

Quiero escarbar la tierra con los dientes,
quiero apartar la tierra parte
a parte a dentelladas secas y calientes.

Quiero minar la tierra hasta encontrarte
y besarte la noble calavera
y desamordazarte y regresarte

Volverás a mi huerto y a mi higuera:
por los altos andamios de mis flores
pajareará tu alma colmenera

de angelicales ceras y labores.
Volverás al arrullo de las rejas
de los enamorados labradores.

Alegrarás la sombra de mis cejas,
y tu sangre se irá a cada lado
disputando tu novia y las abejas.

Tu corazón, ya terciopelo ajado,
llama a un campo de almendras espumosas
mi avariciosa voz de enamorado.

A las aladas almas de las rosas...
de almendro de nata te requiero,
que tenemos que hablar de muchas cosas,
compañero del alma, compañero.

domingo, 29 de maio de 2011

In Memorian

Loito no IES Carslos Casares de Viana por Richard Oliveira

Lamentablemente a noticia que se temía chegou. O mar devolveu o corpo de Richard Oliveira da Silva na mañá do sábado 28 de maio de 2011. Afogou o luns na praia de Zarauz, en Euskadi, cando se tiña desplazado alí desde Pamplona, onde vivía na actualidade. Richard naceu en Santos, unha cidade costeira de Sao Paulo, en Brasil. Compartiu con nós varios anos de estudo, na ESO, e no Programa de Cualificación Profesional Inicial. O último ano da ESO, Carolina  a súa interprete, axudouno a que a súa xordeira non fose un atranco e, co seu esforzo e superación, chegou á meta. Richard foi e será un membro recordado da comunidade educativa do IES Carlos Casares de Viana do Bolo.


En sinal de loito as bandeiras exteriores do instituto ondearán a media asta durante catro días e, no interior, a súa bandeira brasileira acompañará a súa foto con crespón negro. O luns 30 de maio, ás 13:00, gardaremos un minuto de silencio en lembranza de Richard.

Descansa en paz e grazas por compartir con nós parte da túa vida.

Enlace de prensa: http://www.laregion.es/noticia/156199/aparece/cadaver/alumno/viana/

venres, 27 de maio de 2011

Sen fronteiras II

Vicedirección, IES. Hoxe, venres, 27 de maio, tivo lugar a presentación no IES Carlos Casares do volumen Sen Fronteiras II. Este libro, coordinado polos profesores Monserrat Ulloa e Carlos Ferreiro, está financiado por fondos Interreg III, da Unión Europea, e terá unha distribución ampla en diferentes bibliotecas públicas e universitarias de Galicia e Portugal.

Presentación de "Sen fronteiras II" na Aula Magna Xesús R. Jares

A obra contén diferentes experiencias de innovación educativa, recoñecidas, en diversas materias (bioloxía, literatura, matemáticas, educación para o desenvolvemento, educación para o consumo, teatro, etc) e que se levaron a cabo na Escola Secundaria Monte da Ola de Viana do Castelo (Portugal) e no IES Carlos Casares de Viana do Bolo-Ourense.

Link prensa: La Voz de Galicia.es

Entramos a concurso

O lipdub "I love rock'n roll" de 4º da ESO supera a 1ª preselección do concurso Olloboi

Ilda Luaces, Viana do Bolo. O lipdub realizado polo alumnado de 4º da ESO do IES Carlos Casares superou a 1ª fase de selección para entrar no concurso Olloboi. Xa podedes velo na páxina de rodaxe: http://rodaxe.info/.

O lipdub "I love rock'n roll" en http://rodaxe.info/ (clic sobre a imaxe para ampliala)

Proximamente poderedes acceder á votación do público, o traballo audiovisual que reciba máis votos levará o premio do público. En canto empece a votación poñeremos enlace directo no Choupín, ¡estade atentos!

martes, 24 de maio de 2011

Moito máis que samba

Carlos Ferreiro, Viana do Bolo. Durante as xornadas de hoxe 24 e mañá 25 de maio, temos a oportunidade moi especial no IES Carlos Casares de contar con tres invitados brasileiros que nos van a achegar dun xeito completo a unha panorámica da historia, cultura, música, desenvolvemento científico e industrial e ao cinema dese xigante do Cono Sur que é o Brasil.

Momento na aula de música (Fotografía: Ovidio Villar)
As actividades serán impartidas por Leandro Pereira, profesor na Universidade de Lisboa e Doutor pola Universidade de Sao Paulo, a psicóloga Mariluci Vieira, e o estudante de Historia da Universidade do Estado de Rio de Janeiro, Thiago Bastos.



Cun grupo nun corredor (Fotografía: Luis Calvo)
Xunto a Carlos Casares (Fotografía: Luis Calvo)
 
A actividade inicial tivo lugar na aula de Música para o alumnado de 4º da ESO, cun obradoiro sobre o "Panorama da música brasileira actual", na que se falou dos ritmos máis coñecidos do país carioca, samba, bossa nova, pero tamén do rock e pop actuais, da capoeira como disciplina deportivo-musical, e insistiuse na riqueza e na variedade das manifestacións culturais e musicais brasileiras, alén do tópico da samba e o Carnaval. Máis tarde, Thiago Bastos disertou, nas materias de Historia de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, sobre o tema: "Migracións de ida e volta". Por último, Leandro e Mariluci, organizaron unha dinámica para 1º e 2º de ESO acerca de "A lingua galego-portuguesa no Brasil", con referenzas a contos tradicionais infantís.

Na Aula Xesús R. Jares (Fotografías: Ovidio Villar)
O colofón a esta gama tan extensa de actos terá lugar mañá cunha charla para todo o centro, e aberta á comunidade cidadá de Viana, as 10 da mañá, titulada "Achegamento a Brasil: unha potencia emerxente", na que participarán os nosos tres expertos convidados, e culminaremos ás 12 horas coa proxección e coloquio sobre o filme brasileiro "Tropa de elite".

Probablemente sexa esta a actividade adicada a un país máis completa nos últimos cursos, polo que agradecemos o esforzo que os invitados fixeron por vir a coñecernos e difundir a cultura do seu país desde Lisboa e Jaén, respectivamente. Hoxe estamos máis cerca, pois, do Brasil e sabemos quie é moito máis que samba e fútbol.

sábado, 21 de maio de 2011

Brasil en Viana

Luis Fernández, Viana do Bolo. Grazas á colaboración dunha amiga do IES Carlos Casares, a profesora Erica da Silva Sarmiento, podemos ter dúas xornadas de aproximación á realidade do Brasil, da máxima categoría pola calidade dos docentes que nos visitan.

ampliar imaxe

¡Gran evento!: 1º Lipdub do IES Carlos Casares

Ilda Luaces, Viana do Bolo. O alumnado de 4º da ESO da optativa de Música, coa axuda como extras de algúns alumn@s de 1º de Bacharelato, realizaron un Lipdub empregando a canción "I love rock'n roll" (a versión realizada por Joan Jett & The Blackhearts no 1982) Despois de moitas semanas de traballo e ensaios, xa temos en Youtube o LIpdub rematado. Proximamente vaise inscribir no "III Concurso Audiovisual Galego Olloboi", e durante parte do mes de Xuño estará dispoñible para as votacións. Consta de 3 premios, entre eles o premio do público, no que conta o número de votos online que reciba cada vídeo, ¡así que fagamolo circular! En canto estea inscrito no Concurso poñeremos anuncio no Choupín e enlace directo á páxina de Rodaxe. E agora, desfrutade co noso Lipdub!


venres, 20 de maio de 2011

Letras Galegas 2011

Montse Rey, Viana do Bolo. O pasado 13 de maio, festexamos no instituto o Día das Letras Galegas que, como sabedes, este ano se lle dedicou ao poeta monfortino punk Lois Pereiro. Na primeira parte houbo representacións teatrais a cargo do alumnado de 2º e 3º de ESO. A continuación, puidemos escoitar o recitado de varios poemas do poeta homenaxeado, na voz de alumnos de 3º PDC e de 4º da ESO. Todo isto alternado con música en directo interpretada por Samuel Balboa, Pablo Sánchez e Breixo Tomé.

Como remate do acto, déronse a coñecer os gañadores do relato curto organizado polo ENDL e que foron os seguintes:

PRIMEIRO CICLO:

1º PREMIO: Tania Yáñez Rodríguez con “O amigo imaxinario”

2º PREMIO: Denis Pérez Salgado con “O ladrón de ovellas”

SEGUNDO CICLO:

1º PREMIO: Breixo Tomé Díaz por “A porta do ego”

2º PREMIO: Samuel Balboa Gómez por “Señor presidente”

BACHARELATO:

1º PREMIO: Susana García Pérez con “O meu lobo”

2º PREMIOS : Sergio García Álvarez e Inés Ortega Fernández por “A igrexa de Xares” e “A casa vermella”, respectivamente.

Desde os Departamentos de Lingua Galega e Normalización Lingüística -que foron os encargados da organización– queremos agradecer enormemente o traballo que fixeron todos os rapaces e rapazas, collendo tempo dos seus recreos, para poder sacar adiante a actividade. Tamén queremos agradecer a participación, que foi masiva, no concurso de relatos curtos e animar ós rapaces a continuar escribindo, xa que o nivel foi bastante notable.

martes, 17 de maio de 2011

A educación non é ningún conto

Rocío Rodríguez, Santiago de Compostela. O pasado día seis de maio asistimos os voluntarios deste instituto ao Parlamento de Galicia para pedir máis compromiso cívico dos nosos políticos, pola campaña “a educación non e un conto, polo dereito das mulleres e das nenas”. De paso que fixemos esta saída tamén aproveitamos para ver o órgano da catedral e o botafumeiro. Demos un paseo polo casco vello, onde vimos as diferentes plazas que rodean a Catedral.


Tamén no blog Bermejo-Viana.

luns, 16 de maio de 2011

Un alumno do Carlos Casares galardoado no Carlos Canerio

José María Pérez, A Gudiña. O alumno de 2º de Bacharelato do noso instituto Pablo Alonso Rodríguez, natural de Corzos (A Veiga), foi declarado gañador da IV Edición do Concurso de Relatos Curtos Carlos Caneiro, que vén organizando dende o ano 2008 o CPI Laureano Prieto da Gudiña.

Pablo Alonso recibindo o premio da man de Rubén Riós

A cerimonia de entrega de premios tivo lugar no CPI da Gudiña hoxe doce de maio. Pablo, acompañado por tres compañeiros de clase e o seu titor, recibiu o premio de mans do actor Rubén Riós e leu diante de toda a audiencia o seu relato gañador.

sábado, 14 de maio de 2011

Inmersión lingüística en Lugo

Nuria Basteiro Álvarez, Lugo. A excursión a Lugo foi fantástica e pasámolo moi ben. O propósito desta saída era que nos relacionaramos con xente dunha zona distinta á nosa, onde habitualmente falan castelán. O intercambio conseguiu o que quería. Nós, alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO falámoslles galego en todo momento, porque é a lingua que falamos, a lingua desta zona tan bonita na que nos atopamos. Os compañeiros e compañeiras do IES Sanxillao son encantadores, do pouco que os coñecemos démonos conta de que merece a pena coñecer xente nova, sobre todo se son tan boas persoas.
Diferentes momentos da visita a Lugo

Cando chegamos estabamos como distantes entre todos, pero ao cabo duns minutos xa estabamos a falar. Ensináronnos o seu instituto, que é moi grande, a muralla de Lugo e a Catedral. Despois de pasear polo parque Rosalía de Castro voltamos ao instituto para comer, pero pensamos que estaría mellor, só nos deron uns pinchos de aperitivo e uns cócteles de moitas froitas: ananás, amorodos, pexegos, coco… Ao rematar tivemos un pouco de tempo libre e logo visitamos o Museo Provincial de Lugo. Por último fomos ao centro comercial As Termas. A visita fíxose moi amena, porque o pasamos moi ben, e agardamos que cando eles veñan aquí tamén o pasen moi ben.

xoves, 12 de maio de 2011

Xornada de educación vial

Carlos Ferreiro González, Viana do Bolo. Nesta mañá do 12 de maio, fomos visitados no centro por David LLorente, Xefe Provincial da Dirección Xeral de Tráfico de Ourense, e por Sinda Aguiar, coordinadora de Educación Vial. Ambos ofreceron sendas charlas para o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, e para os estudantes de 3º da ESO, acerca das novidades e cambios dos diferentes permisos de circulación. Para os nosos rapaces e rapazas, o máis salientable é o feito de que xa aos 15 anos poden obter o permiso de ciclomotor, e con 16 o de motocicletas ata 125 cc., que implica, ademais, a validación do examen teórico para a posterior obtención do permiso B, que autoriza a conducir turismos.

David Llorente nun momento da charla de 4º ESO e 1º BAC

E se dereito implica desde logo, novas responsabilidades legais e económicas, e por suposto, desde a DGT, Sinda e David incidiron especialmente na perigosidade do consumo do alcol ao volante e na precaución cos peóns, sobre todo, en estradas rurais mal alumeadas. Agardecemos, polo tanto, a presenza xa por séptimo ano consecutivo, dos técnicos de tráfico que fan esta labor educativa indispensable.

mércores, 11 de maio de 2011

Exposición EPV 4º ESO

Interpretación de Edvard Munch, de Laura Lameiro
Ovidio Villar Marcos, Viana do Bolo. Para non perder detalle. Interesantísima exposición de traballos realizados polo alumnado de 4º ESO coordinados por José Fouz.

As cores vivas e os branconegros fan contraste nos corredores do IES. Para ver máis fotos, clic aquí. A galería completa, así como outros traballos realizados en Educación Plástica e visual, pode verse na aula de EPV.

Ti si que vales

Ilda Luaces Torre, Viana do Bolo. Todo un éxito o festival de danza, teatro, música e expresión corporal celebrado o pasado día 15 de abril, venres, na Casa da Cultura de Viana. Os distintos grupos de alumnado, desde 1º da ESO ata 2º de Bacharelato, puxeron en escena os seus bailes e representacións. Moitos deles volvéronse repetir á tarde, nunha sesión aberta ó público da vila. Aquí podedes ver algunhas imaxes das actuacións.

Unha das representacións

Ese mesmo día puidemos desfrutar, tamén, da actuación da Escola de Música do Barco, que agardaron pacientemente, xa que o festival se prolongou máis do previsto. De novo reiteramos as nosas desculpas pola súa espera e agradecemos a súa presenza.
Dende os departamentos organizadores queremos agradecer a tódolos que participaron e axudaron para que este festival fose posible, profesorado e alumnado, xa que foi unha fermosa experiencia, ¡gracias!

martes, 10 de maio de 2011

Día de Irlanda

Carlos Ferreiro, Viana do Bolo. Co motivo da celebración do Día de Europa, o 9 de maio, hoxe tivo lugar unha actividade coordinada polo Departamento de Inglés. As profesoras Mercedes Garrido e Mar Estévez organizaron o Día de Irlanda. 


O alumnado da ESO elaborou unha serie de murais que permanecen expostos nos corredores da planta principal, xunto á aula de Informática. Ademáis a partires das 11:15, na Aula Magna Xesús R. Jares, os estudantes de 3º, 4º de ESO asistiron a unha exposición dos seus compañeiros e compañeiras dee 1º de Bacharelato sobre a realidade política, social, cultural e económica da actual Irlanda. Para finalizar proxectouse un video sobre Eire, co que rematou un acto que acercou aos rapaces a unha nazón como Irlanda, tan vencellada culturalmente a Galicia...

luns, 9 de maio de 2011

Visita á presa de Bao

Ovidio Villar Marcos, O Bao. Na xornada de hoxe, o grupo de 3º A e un servidor tivemos a ocasión de achegarnos á presa do Bao, que fai cola en Viana nos ríos Bibei e Camba, e en Vilariño no Conso. Atentos ás explicacións do profesor José María Pérez, organizador da actividade, puidemos averiguar datos como o ano de construción, os materiais empregados, a forma da sección do muro de carga ou cómo se produce a enerxía eléctrica.


venres, 6 de maio de 2011

Sabemos consumir?

Carlos Ferreiro, Viana do Bolo. Este xoves 5 de maio visitaron o noso centro dúas técnicas da Escola Galega de Consumo, Patricia e Iria, que impartiron tres obradoiros sobre temas de concienciación sobre os dereitos do consumidor. En primeiro lugar celebrouse o obradoiro "O tempo de ocio", para alumnado de 1º e 2º de ESO. Maís tarde foi o turno de 3º de ESO que recibiu nocións de "Linguaxe publicitaria". Xa en sesión de tarde, profesorado do entorno vianés, familias e alumnado de Ciclo Formativo, asistimos ao obradoiro "Que son os alimentos de moda?"


Dende este blog agradecemos a colaboración e o esforzo da Escola Galega de Consumo, que tivo a deferencia de desprazarse ao noso centro, nunhas datas cheas de traballo, e xusto 24 horas despois de termos recollido na Consellería da Presidencia en Santiago o I Premio ás mellores Memorias de centros da Rede de Educación para o Consumo 2009-2010. Gracias, polo tanto, a todos os compañeiros e compañeiras membros da Rede.

xoves, 5 de maio de 2011

“Consumindo nun mundo desigual”

"Consumindo nun mundo desigual", primeiro premio de educación ao consumo responsable da Xunta de Galicia.

Equipo de redacción, IES. O Instituto Galego de Consumo da Xunta de Galicia fixo hoxe entrega do primeiro premio de educación ao consumo responsable 2011 á unidade didáctica "Consumindo nun mundo responsable", froito da cooperación do IES Carlos Casares (Viana do Bolo, Ourense), o Instituto ruso-español Rosalía de Castro (Moscú), a UE Timoteo Rondales de Bermejo (Santa Cruz, Bolivia) e a ONG Escuelas de la Tierra.

mércores, 4 de maio de 2011

Encontro pola convivencia

Equipo de Mediación, IES. Fai clic aquí e accede á galería de imaxes do "Encontro pola convivencia" celebrado no albergue de Bustiello (Mieres - Asturias) os pasados 8, 9 e 10 de abril. Este encontro, compartido cos IES Ramiro II de A Robla (León) e Valle de Aller de Moreda (Asturias), forma parte do Programa ARCE do Ministerio de Educación.

Foto de familia

martes, 3 de maio de 2011

Escola de Artes Escénicas (Vigo)

María del Carmen Varela, Viana do Bolo. O 29 de abril recibimos unha visita moi especial; viñeron dous profesores da Escola de Artes Escénicas de Vigo para darnos a coñecer a súa escola. Os profesores que tivemos o pracer de escoitar foron Mariana Carballal e Damián Contreras, que nos deron a  coñecer os estudos e ensinanzas que se imparten na escola. Uns estudos encaminados a obter o título de Grao, que hoxe reciben os alumnos que cursan estudos universitarios segundo o Plan Bolonia. Na escola impártense estudos de Grao en Arte Dramática en tres especialidades:


1.Interpretación.
2.Dirección escénica e dramaturxia.
3.Escenografía.

Para acceder a estes estudos os aspirantes deben realizar unha proba de ingreso, que ten lugar na primeira semá de setembro. As probas de acceso constan de dous exercicios: un teórico e escrito , e outro práctico  e oral (para máis información pinchar aquí).

Pero, ademáis destes estudos, impartense outros, como os estudos de Posgrao, o Master en Artes Escénicas e as actividades pedagóxicas fóra dos estudos que constituen o currículo ordinario.

Despóis da charla Mariana e Damián atenderon os rogos e preguntas dos alumnos interasados nos estudos e charlaron un rato con eles. Dende este centro queremos agradecerlle ós profesores da ESAD a súa visita.