O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 20 de maio de 2011

Letras Galegas 2011

Montse Rey, Viana do Bolo. O pasado 13 de maio, festexamos no instituto o Día das Letras Galegas que, como sabedes, este ano se lle dedicou ao poeta monfortino punk Lois Pereiro. Na primeira parte houbo representacións teatrais a cargo do alumnado de 2º e 3º de ESO. A continuación, puidemos escoitar o recitado de varios poemas do poeta homenaxeado, na voz de alumnos de 3º PDC e de 4º da ESO. Todo isto alternado con música en directo interpretada por Samuel Balboa, Pablo Sánchez e Breixo Tomé.

Como remate do acto, déronse a coñecer os gañadores do relato curto organizado polo ENDL e que foron os seguintes:

PRIMEIRO CICLO:

1º PREMIO: Tania Yáñez Rodríguez con “O amigo imaxinario”

2º PREMIO: Denis Pérez Salgado con “O ladrón de ovellas”

SEGUNDO CICLO:

1º PREMIO: Breixo Tomé Díaz por “A porta do ego”

2º PREMIO: Samuel Balboa Gómez por “Señor presidente”

BACHARELATO:

1º PREMIO: Susana García Pérez con “O meu lobo”

2º PREMIOS : Sergio García Álvarez e Inés Ortega Fernández por “A igrexa de Xares” e “A casa vermella”, respectivamente.

Desde os Departamentos de Lingua Galega e Normalización Lingüística -que foron os encargados da organización– queremos agradecer enormemente o traballo que fixeron todos os rapaces e rapazas, collendo tempo dos seus recreos, para poder sacar adiante a actividade. Tamén queremos agradecer a participación, que foi masiva, no concurso de relatos curtos e animar ós rapaces a continuar escribindo, xa que o nivel foi bastante notable.

Ningún comentario:

Publicar un comentario