O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

sábado, 14 de maio de 2011

Inmersión lingüística en Lugo

Nuria Basteiro Álvarez, Lugo. A excursión a Lugo foi fantástica e pasámolo moi ben. O propósito desta saída era que nos relacionaramos con xente dunha zona distinta á nosa, onde habitualmente falan castelán. O intercambio conseguiu o que quería. Nós, alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO falámoslles galego en todo momento, porque é a lingua que falamos, a lingua desta zona tan bonita na que nos atopamos. Os compañeiros e compañeiras do IES Sanxillao son encantadores, do pouco que os coñecemos démonos conta de que merece a pena coñecer xente nova, sobre todo se son tan boas persoas.
Diferentes momentos da visita a Lugo

Cando chegamos estabamos como distantes entre todos, pero ao cabo duns minutos xa estabamos a falar. Ensináronnos o seu instituto, que é moi grande, a muralla de Lugo e a Catedral. Despois de pasear polo parque Rosalía de Castro voltamos ao instituto para comer, pero pensamos que estaría mellor, só nos deron uns pinchos de aperitivo e uns cócteles de moitas froitas: ananás, amorodos, pexegos, coco… Ao rematar tivemos un pouco de tempo libre e logo visitamos o Museo Provincial de Lugo. Por último fomos ao centro comercial As Termas. A visita fíxose moi amena, porque o pasamos moi ben, e agardamos que cando eles veñan aquí tamén o pasen moi ben.

Ningún comentario:

Publicar un comentario