O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

martes, 3 de maio de 2011

Escola de Artes Escénicas (Vigo)

María del Carmen Varela, Viana do Bolo. O 29 de abril recibimos unha visita moi especial; viñeron dous profesores da Escola de Artes Escénicas de Vigo para darnos a coñecer a súa escola. Os profesores que tivemos o pracer de escoitar foron Mariana Carballal e Damián Contreras, que nos deron a  coñecer os estudos e ensinanzas que se imparten na escola. Uns estudos encaminados a obter o título de Grao, que hoxe reciben os alumnos que cursan estudos universitarios segundo o Plan Bolonia. Na escola impártense estudos de Grao en Arte Dramática en tres especialidades:


1.Interpretación.
2.Dirección escénica e dramaturxia.
3.Escenografía.

Para acceder a estes estudos os aspirantes deben realizar unha proba de ingreso, que ten lugar na primeira semá de setembro. As probas de acceso constan de dous exercicios: un teórico e escrito , e outro práctico  e oral (para máis información pinchar aquí).

Pero, ademáis destes estudos, impartense outros, como os estudos de Posgrao, o Master en Artes Escénicas e as actividades pedagóxicas fóra dos estudos que constituen o currículo ordinario.

Despóis da charla Mariana e Damián atenderon os rogos e preguntas dos alumnos interasados nos estudos e charlaron un rato con eles. Dende este centro queremos agradecerlle ós profesores da ESAD a súa visita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario