O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 22 de novembro de 2012

Homenaxe a Casares na Biblioteca Penzol

Carlos Casares
Carlos F. | No día de hoxe, 22 de novembro, tivo lugar un relevante acto cultural, organizado pola Fundación Fermín Penzol de Vigo e a Fundación Carlos Casares, na que se rendeu homenaxe ao noso querido Carlos, por parte dos dous IES que levan o seu nome en Galicia: o IES Carlos Casares de Vigo e o de Viana do Bolo. A nosa delegación estaba formada polo Vicedirector e o Director, e o que é máis importante por tres alumnas: Alicia Blanco, de 4º de ESO, e Rocío Paéz e Rocío Rodríguez de 2º de Bacharelato.
 
Leron, respectivamente, unha carta de Carlos Casares coas súas lembranzas da etapa vianesa, unha pequena biografía da súa estadía na nosa vila, e unha carta de despedida do seu alumnado. O feito de estar nun Salón de Actos cheo, coa Presidencia do Secretario Xeral de Política Lingüistica da Xunta, non fixo caer nos nervios ás nosas estudantes, que realizaron unha excelente lectura.

Momentos das tres lecturas das alumnas do Carlos Casares de Viana
No acto interviron tamén, Francisco Domínguez, Director da Fundación Penzol, e Gustavo Garrido, Xerente da Fundación Carlos Casares, e xa ben coñecido na nosa escola. Tras unha breve e interesantísima visita pola Biblioteca e os fondos de ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego, tivemos un agradable xantar e un paseíño polas rúas olívicas. Ademais, establecemos as bases de un próximo e fermoso acto de homenaxe a Casares, que tería lugar, entre outros lugares, no noso centro. Pero isa será outra nova... 

Fotos de familia con Gustavo Garrido e as Cíes ao fondo

2 comentarios:

  1. Moi bonito e emocionante poder participarmos na homenaxe. Felicidades tamén por levar combustible.

    ResponderEliminar
  2. Si, e que se volvemos ir contigo, seguro que quedamos tirados, eso si, moi ben a física e a sapiencia de cando nos vamos a cruzar na autovía. Orixinal.

    ResponderEliminar