O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 30 de maio de 2013

Despedida

Onte tivo lugar unha pequena festa de despedida aos dous grupos que configuran os nosos Contratos-Programa. Nun informal ágape celebrado na cafetería e o patio do instituto, alumnado e profesorado destes programas de atención á diversidade compartiron puntos de vista sobre o que significaron as sesións neste curso e, con boas ideas, despedíronse ata o curso vindeiro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario