O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

mércores, 29 de maio de 2013

Masculinidades

Ovidio V. | Larry e Walberto, amigos do centro e que xa nos visitaran noutra ocasión, veñen de realizar un taller obradoiro co alumnado de 4º da ESO sobre xénero. No marco da campaña "Actúa con coidados" de InteRed, leváronse a cabo diversas dinámicas de presentación e xogos cooperativos, potenciando sempre os espazos de reflexión. Todo para analizar os roles que homes e mulleres xogamos en función diso, de ser homes ou mulleres. Xenial actividade valorada moi positivamente polo propio alumnado. Agardamos unha terceira ocasión compartida con eles.

Larry e Walberto nunha dinámica de grupo con 4º de ESO

As alumnas de 4º de ESO constrúen unha maqueda do IES para analizar os espazos "masculinos" e "femininos"

Ningún comentario:

Publicar un comentario