O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

mércores, 29 de maio de 2013

Para unha convivencia positiva

Tres alumnas, un alumno e un profesor do IES Carlos Casares de Viana veñen de participar no I Encontro de centros para unha convivencia positiva

O evento, organizado polos institutos Fin do Camiño de Fisterra e Xulián Magariños de Negreira, tivo lugar na segunda das dúas vilas coruñesas.  Xogos de presentación e dinámicas de grupo para o alumnado e interesantísimas ponencias e world cafe para o profesorado. Sen dúbida unha actividade da que alumnado e profesorado saimos reconfortados na nosa labor en favor dunha convivencia positiva.



Ana Mancebo | Foi moi ameno e divertido. O día 23 fixemos xogos de presentación para coñecernos mellor, e o 24 talleres de mediación, que consistiron básicamente en representacións de diversas situacións de empatía, de traballo en equipo... Pola tarde fomos á área recreativa de Covas e xantamos alí. Tamén vimos a volta ciclista Coruñense. Foi xenial!


Tania Yáñez | Foi unha experiencia única e moi divertida, e fixemos moi bos amigos e amigas alí. Aloxámonos no hotel Tamara, que está moi ben. Pasamos unhas risas e levamos un bo recordo da convivencia.


Laura Martínez | O primeiro encontro e convivencia en Negreira foi para nós unha nova experiencia. Pasámolo xenial os rapaces cos monitores e con todos os que participaron nas actividades. Aprendemos moitísimas cousas de mediación e aprendemos como poder relacionarse mellor, que é o que importaba nesta xuntanza. Sen dúbida foi un encontro perfecto.

Ovidio Villar | Moi boa organización, moi bo ambiente, moi boa xente... Nun clima tan positivo é moi fácil sacar o mellor dun mesmo e abrir os cinco sentidos ás experiencias que ponentes e asistentes puxemos sobre a mesa. Grazas a todas e todos por seguir aí, traballando día a día no que credes, e por compartilo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario