O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 20 de xuño de 2013

Informacións de utilidade

O pasado 18 de xuño visitaron o noso centro tres profesores do IES Germán Ancochea Quevedo de Trives para informar ao alumnado de 4º de ESO das posibilidades de iniciar estudos na rama profesional de electrónica. Antonio Vila, Bernardino Quintas e Jaime Álvarez salientaron a importancia dunha boa formación para o futuro do alumnado. O IES de Trives conta, no marco da electrónica, cun ciclo medio e un superior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario