O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 7 de xuño de 2013

Visita ao CDR de O Viso

O alumnado e o profesorado do Ciclo Formativo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do IES Carlos Casares de Viana do Bolo vén de visitar o pasado 5 de xuño o centro de desenvolvemento rural de O Viso, en Lodoselo, Sarreaus (Ourense). Este centro, que conta entre outros servizos cun marabilloso centro de día, é referente dende hai tempo da transformación dun medio rural visitable nun medio rural habitable.

Ningún comentario:

Publicar un comentario