O alumnado do Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia levou a cabo esta pasada semana dous obradoiros de memoria en Punxeiro e Mourisca. Esta vindeira semana terá lugar o terceiro, na Veiga.
O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo
domingo, 31 de maio de 2015
sábado, 30 de maio de 2015
Premio a un traballo matemático
Paula, Nerea e Víctor, de 2° de Bacharelato, veñen de gañar o Premio do Público no certame Explícoche Matemáticas 2.0.
Cun traballo sobre xeometría representada sobre area, deleitaron á comunidade internauta pendente deste certame convocado pola Fundación Educabarrié e a Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.
venres, 29 de maio de 2015
Donas de si
Cando quen participa nunha actividade ten cara de desfrutala, está relaxado e se ve feliz, a actividade non ten outra que ser exitosa. Ollade o fenomenal traballo do alumnado de 2° de ESO para o programa Donas de si (Plan Proxecta), coordinado por Natalia, profesora de Música.
xoves, 28 de maio de 2015
Finalistas no Olloboi 2015
Un traballo sobre a Feira de Ciencias anual do IES Carlos Casares finalista no Festival Olloboi 2015. Parabéns e sorte!
Defensa de proxecto TIC
Hoxe María, Eva, Alberto e Daniel, de 2° de ESO e 1° de BAC, defenden na Coruña o proxecto TIC presentado ao certame PlanProyecta e finalista do mesmo.
Acompáñanos Pepe, Juan e Miguel, dinamizadores TIC do IES Carlos Casares. Sorte!
mércores, 27 de maio de 2015
Salvavidas
O alumnado de 3° de ESO e 1° de BAC participou a pasada semana nun obradoiro sobre doazón de órganos e transplantes.
Esta actividade enmárcase no programa Salvavidas do Plan Proxecta.
martes, 26 de maio de 2015
Éxito no Xogade
O alumnado do IES Carlos Casares paeticipou exitosamente o pasado sábado nos campionatos provinciais de fútbol sala e tenis de mesa. Parabéns!
Fotografía Matemática 2015, VOTA!
No seguinte enlace podes visualizar os traballos presentados a esta edición do Certame Internacional de Fotografía Matemática e votar o teu favorito.
https://docs.google.com/forms/d/1HVD6g-CccVEc-a523RwkNW2QMiRVbStkeWT1SVc3ZLA/viewform
venres, 22 de maio de 2015
Xornadas etwinning
Carlos Ferreiro, Director do IES Carlos Casares, e Ovidio Villar, Vicedirector, veñen de participar en Madrid os pasados 19 e 20 de maio no décimo aniversario da plataforma europea de conexión de centros educativos e nas xornadas formativas organizadas para a ocasión.
Acodiron a esta cita como representantes galegos, compartindo espazos con representantes do resto de comunidades autónomas.
martes, 19 de maio de 2015
Alzheimer
O alumnado de ciclo vén de participar nunha interesante actividade celebrada na Casa da Cultura de Viana do Bolo: que é o alzhéimer r como detectalo.
Micromachismos
Micromachismos foi unha actividade deseñada polo CIM de Viana do Bolo para 1° de ESO, que incidiu en pequenas condutas ou expresións que, case sen decatarnos ás veces, impiden a igualdade real de xénero. Grazas, Sara, por acompañarnos.
sábado, 16 de maio de 2015
Visita á central de Moncabril
J. M. Pérez | O luns 11 de maio os alumnos de
1º e 2º de ESO do IES Carlos Casares visitaron a central hidroeléctrica de Moncabril,
propiedade de Endesa.
Os departamentos de Bioloxía (Monse e Eduardo) e Tecnoloxía (Jose) organizaron esta actividade e aproveitan desde esta revista para dar as grazas a Ramón Laguna, Ernesto Marra e Alfonso Ortega, xunto aos demais membros de Endesa que, de maneira desinteresada, colaboran co noso instituto con fins didácticos.
A visita comezou visitando a central, a pé do río Cárdena, con tres grupos funcionando a un máximo de 8100 litros por segundo nas turbinas, Pelton de eixe horizontal. A corrente producida elévase a 220.000 voltios no parque de transformadores a pé da central, chamado Parque de Ribadelago. A auga chega por unha forzada que vén do Pico do Fraile, máis de 500 metros por riba da central, e lugar onde se xuntan o canal de Moncalvo coa galería Cabril, recollendo a auga das presas de Vega de Conde, Puente Porto, Playa, Cárdena e Garandones. Outros azudes e captacións aflúen ao canal e galería para convertir a enerxía potencial en eléctrica.
Despois fomos a Galende á “Casa del Parque Natural del Lago de Sanabria e alrededores”. Fixemos unha senda botánica con representación da vexetación típica da zona. Despois entramos no museo, cunha visita guiada onde Cristina, a guía, nos axudou a descubrir a orixe do modelado glaciar da serra sanabresa, a flora e a fauna e os oficios e costumes do lugar.
Os departamentos de Bioloxía (Monse e Eduardo) e Tecnoloxía (Jose) organizaron esta actividade e aproveitan desde esta revista para dar as grazas a Ramón Laguna, Ernesto Marra e Alfonso Ortega, xunto aos demais membros de Endesa que, de maneira desinteresada, colaboran co noso instituto con fins didácticos.
A visita comezou visitando a central, a pé do río Cárdena, con tres grupos funcionando a un máximo de 8100 litros por segundo nas turbinas, Pelton de eixe horizontal. A corrente producida elévase a 220.000 voltios no parque de transformadores a pé da central, chamado Parque de Ribadelago. A auga chega por unha forzada que vén do Pico do Fraile, máis de 500 metros por riba da central, e lugar onde se xuntan o canal de Moncalvo coa galería Cabril, recollendo a auga das presas de Vega de Conde, Puente Porto, Playa, Cárdena e Garandones. Outros azudes e captacións aflúen ao canal e galería para convertir a enerxía potencial en eléctrica.
Despois fomos a Galende á “Casa del Parque Natural del Lago de Sanabria e alrededores”. Fixemos unha senda botánica con representación da vexetación típica da zona. Despois entramos no museo, cunha visita guiada onde Cristina, a guía, nos axudou a descubrir a orixe do modelado glaciar da serra sanabresa, a flora e a fauna e os oficios e costumes do lugar.
O xantar tivo lugar no Lago de
Sanabria, momento de espallamento e diversión, pouco antes de regresar a Viana
tras unha saída vista polos alumnos como proveitosa e divertida.
Oferta formativa na Pobra de Trives
O IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives presenta a súa oferta formativa para o vindeiro curso.
Para máis información, podes contactar a través do teléfono 988 348 035 ou ben da web http://www.edu.xunta.es/centros/iesxermanancochea/
mércores, 13 de maio de 2015
Aí vén o maio...
Os Departamentos de Normalización Lingüística e Lingua e Literatura Galega veñen de xuntar ao alumnado de 4º da ESO para a construción dun maio. Aquí podedes ver o fantástico resultado.
luns, 11 de maio de 2015
Olloboi 2015: VOTA!
O IES Carlos Casares de Viana do Bolo participa nesta edición do Olloboi
cun total de sete montaxes audiovisuais. Podes ver todos os vídeos e
votar a través dos seguintes enlaces. Moitísima sorte a todas e todos!
Vídeos e enlace para votar en http://olloboi.com/
Vídeos e enlace para votar en http://olloboi.com/
domingo, 10 de maio de 2015
Alumnado de ciclo visita Manzaneda
A pasada semana, o alumnado do ciclo formativo "Atención a Persoas en Situación de Dependencia" do IES Carlos Casares de Viana do Bolo visitou a residencia da terceira idade Gabino García Fernández, en Manzaneda (Ourense).
Na compaña do bo anfitrión Mario, xordiron interesantes temas de conversa como as condicións laborais, listas de substitucións, requisitos para abrir un centro de día e as propias experiencias do persoal desta residencia da montaña ourensá.
venres, 8 de maio de 2015
Parabéns, Irea...
Irea, nunha das múltiples actividades nas que participa |
Moitas felicidades Irea, e a seguir sendo unha "letraferida"...
sábado, 2 de maio de 2015
Visitamos dúas cooperativas
Este ano o grupo de 3º de ESO recibiu unha completa formación sobre cooperativismo. Se ben durante o segundo trimestre tiveron diferentes actividades no centro, foi o pasado 17 de abril cando tiveron a oportunidade de visitar dúas cooperativas de Verín e Xinzo. A través do noso amigo Tomás, de AGACA, coñeceron o funcionamento in situ dunha forma cooperativa de traballar.
Exposición Matemática
Está aberta ao público a exposición de Fotografía Matemática e Esopías cedida temporalmente pola Fundación Barrié. No corredor principal do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, ata o 11 de maio.
venres, 1 de maio de 2015
Spot na Biblioteca
O pasado 20 de abril estivo no noso centro Ramón Molina, coordinador da Rede de Centros Escolares Solidarios (Plan Proxecta). O obxectivo do día, gravar un spot sobre o quefacer diario do voluntariado de Biblioteca. Este spot estrearase a finais de maio en Santiago de Compostela durante os III Encontros da RCES.
Por unha nova aula TIC
O IES Carlos Casares, a través do dinamizador TIC José Fouz, vén de presentar un proxecto de solicitude de axudas ao "II Concurso Proyecta de innovación, Fundación Amancio Ortega", para poder contar cunha segunda aula TIC no centro, de deseño e edición audiovisual.
A conticuación aparece un vídeo producido específicamente para esta convocatoria.
Moito máis que contidos...
Na pasada fin de semana, do 24 ao 26 de abril, o IES Carlos Casares estivo
representado por medio do seu director, Carlos Ferreiro, no V Encuentro
Nacional de Docentes en Educación para el Desarrollo, que se celebrou en
Guadarrama (Madrid).
Baixo o lema deste ano, "Dejando huella",
prestouse especial atención aos proxectos de desenvolvemento que
potencian a igualdade de xénero e a dignificación da muller. Lembramos
que na nosa colaboración con Bermejo-Bolivia, establecemos un acordo de
apoio a cooperativas de mulleres, que manufacturan productos artesanais,
(gorros e bufandas que logo o noso alumnado voluntario e cooperantes
externos nos axudan a vender).
O domingo pola maña tivemos tamen a honra de ser convidados a unha mesa
redonda sobre xénero, con varias expertas a nivel nacional.
As xornadas déronnos un pulo para afianzarnos na senda educativa do noso
centro; integrar a loita contra a violencia sobre a muller, a
solidariedade mediante o voluntariado ou a cooperación, a educación
afectivo-sexual ou a aprendizaxe por proyectos son a alternativa aos
perigos da competitividade que a sociedade transmite a rapazas e
rapaces, ou a "mercantilizacion" da escola. As múltiples e variadas
actividades do centro, dentro e fora do instituto, fanse polo tanto, non
so convenientes senón imprescindibles.
Gustaríame rematar a crónica coa reflexión do pedagogo madrileño Miguel Ardanaz: "Os contidos son como moito, un elemento de partida, entre outros, pero non un punto de chegada"
I Curso de Mediación Escolar no CCEE Reis Católicos
Os nosos queridos compañeiros Luis Fernández (CCEE Reis Católicos) e Susana Fernández (IES Carlos Casares) veñen de organizar e levar a cabo o I Curso de Mediación Escolar "Xesús R. Jares" en Bogotá. Parabéns, e moita sorte á primeira promoción de mediadoras e mediadores.
Susana Fernández, durante a presentación |
Máis información
Participamos no Olloboi 2015
Acaba de arrancar o Festival Olloboi 2015, e varios participantes do IES Carlos Casares enviaron os seus traballos. Bótalles unha ollada en:
Por unha convivencia positiva
J. M. Pérez | Os pasados 17 e 18 de abril os profesores
Juan García e José María Pérez máis as alumnas Yahaira Jiménez e
Jungjie Wang asistiron aos terceiros encontros de centros para unha
convivencia positiva, actividade de formación organizada e
desenvolvida no IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa e que este
ano tiña como temática central a educación para a igualdade entre
homes e mulleres. As xornadas consistiron nunha serie de poñencias e
no intercambio de experiencias e de saberes entre os distintos
centros galegos alí representados.
(Imaxe: https://www.facebook.com/encontroconvivencia.negreirafisterra) |
Visita á cidade amurallada de Lugo
Javier F., Joëly Fernández | O pasado xoves 23 de abril, o alumnado de 3º e 4º da Eso visitamos a
cidade de Lucus Augusti. Foi unha visita interesante culturalmente.
Imaxes: Carmen S. |
Primeiro fixemos un percorrido pola Muralla lucense, que foi incluida no
ano 2000 na lista de monumentos que son Patrimonio da Humanidade. É a
muralla romana con maior perímetro fortificado conservado do mundo. Non
se pode concebir Lugo sen o seu cinturón de 2200 m. de perímetro, con
entre 8 e 12 metros de altura e entre 4 e 7 de ancho.
A continuación, a nosa guía dirixiunos ata a Catedral. En relación con este monumento, hai que dicir que Lugo tamén é coñecida como a Cidade do Sacramento. A catedral foi construida a partir de 1129 en varios estilos: Románico, Gótico, Renacentista e Barroco; ten planta de cruz latina e destaca moito a sua porta norte de estilo románico baixo un pórtico gótico.
Ao rematar a visita á Catedral, dirixímonos á Casa dos Mosaicos. O que
máis nos impactou desta parte da viaxe foi o método de quentamento por
baixo do piso, denominado hipocausto, e tamén a impresionante exposición de mosaicos e pinturas descubertas no ano 1999.
Antes de comer, a última parada foi nunha praza onde se celebran as
festas de San Froilán, en honor ao bispo amigo dos lobos. Tamén nese
lugar, a principios do verán, temos as festas do Arde Lucus,
en que os lucenses lembran o seu pasado romano e saen ás ruas con
vestimentas de época para festexar a chegada da estación estival
Obradoiro de Rugby
J. González Lamas | A semana pasada, do 27 ao 30 de abril, tiveron un lugar unha serie de
obradoiros de iniciación ao rugby artellados dende o departamento de
Educación física en colaboración co Campus Ourense Rugby de Ourense.
Neles os mozos e mozas de distintos grupos aprenderon as técnicas básicas de evasión, contacto seguro e pase de balón. A
monitorización desta actividade contou na súa clausura cun adestrador
de excepción, Américo Gomes, responsabel do programa formativo nas
escolas para a difusión do rugby entre os máis novos. Dende o
IES Carlos Casares reiteramos o noso agrademento ao Campus Ourense Rugby
e agardamos poder volver atoparnos na próxima melé.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)