O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

sábado, 16 de maio de 2015

Visita á central de Moncabril

J. M. Pérez | O luns 11 de maio os alumnos de 1º e 2º de ESO do IES Carlos Casares visitaron a central hidroeléctrica de Moncabril, propiedade de Endesa.











Os departamentos de Bioloxía (Monse e Eduardo) e Tecnoloxía (Jose) organizaron esta actividade e aproveitan desde esta revista para dar as grazas a Ramón Laguna, Ernesto Marra e Alfonso Ortega, xunto aos demais membros de Endesa que, de maneira desinteresada, colaboran co noso instituto con fins didácticos.




A visita comezou visitando a central, a pé do río Cárdena, con tres grupos funcionando a un máximo de 8100 litros por segundo nas turbinas, Pelton de eixe horizontal. A corrente producida elévase a 220.000 voltios no parque de transformadores a pé da central, chamado Parque de Ribadelago. A auga chega por unha forzada que vén do Pico do Fraile, máis de 500 metros por riba da central, e lugar onde se xuntan o canal de Moncalvo coa galería Cabril, recollendo a auga das presas de Vega de Conde, Puente Porto, Playa, Cárdena e Garandones. Outros azudes e captacións aflúen ao canal e galería para convertir a enerxía potencial en eléctrica.




Despois fomos a Galende á “Casa del Parque Natural del Lago de Sanabria e alrededores”. Fixemos unha senda botánica con representación da vexetación típica da zona. Despois entramos no museo, cunha visita guiada onde Cristina, a guía, nos axudou a descubrir a orixe do modelado glaciar da serra sanabresa, a flora e a fauna e os oficios e costumes do lugar.
O xantar tivo lugar no Lago de Sanabria, momento de espallamento e diversión, pouco antes de regresar a Viana tras unha saída vista polos alumnos como proveitosa e divertida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario