O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 30 de novembro de 2015

Xornada Micolóxica en Viana do Bolo

M. Ulloa | Nunca o nome do blog da nosa revista tivo tanto que ver coa noticia que colgamos... O pasado sábado 14 de novembro celebrouse a I Xornada Micolóxica organizada polo Concello de Viana do Bolo, onde preto de 30 persoas, entre elas alumnos e profesores do noso centro, tivemos a oportunidade de coñecer, grazas a tres membros da asociación ourensá “Os Cogordos”, un pouco máis sobre cogomelos.


Nunha mañá fresquiña pero con sol saímos recoller exemplares, e logo dunha boa camiñata enchemos máis de 4 cestos mentres nos ían contando curiosidades do mundo das setas. Xa pola tarde, na Casa da Cultura os expertos explicáronnos as características dos cogumelos recollidos; alí aprendemos as diferenzas entre a Macrolepiota procera (o noso Choupín) e a Lepiota, que non todos os Boletus que se poñen azuis son velenosos, as principais diferenzas entre algunhas especies do difícil xénero das Amanitas, que as Rusulas rompen o seu pé como se fose un xiz...


Algúns dos exemplares clasificados estiveron expostos no laboratorio de bioloxía, pero para os que non tivestes oportunidade de velos, o equipo de normalización en colaboración co departamento de Bioloxía está a elaborar unha pequena presentación que en breve a colgaremos no Choupín.


E para rematar a xornada degustamos os cogumelos recollidos en empanada, guisadas, en tortilla e mesmo nun arroz...

Agardamos que o próximo ano poidamos ter a oportunidade de seguir aprendendo na seguinte xornada micolóxica e que o alumnado do IES Carlos Casares se anime a aprender fóra da aula.

venres, 27 de novembro de 2015

Obradoiros de igualdade para a ESO

Hoxe estivo con nós Arrate Emaldi, psicóloga e experta en condutas relacionadas coa violencia de xénero e as novas tecnoloxías. A través do Concello de Viana do Bolo, representado nesta ocasión por Sara, Coordinadora do Centro de Información á Muller (CIM), e a quen agradecemos a oferta desta actividade, tivemos no centro a unha auténtica comunicadora, que soubo chegar ao noso alumnado dunha forma directa, sinxela e eficaz. A participación dos diferentes grupos foi moi positiva, con numerosas preguntas e postas en común. 


mércores, 25 de novembro de 2015

25N

Unha pequena representación sobre a liberdade das persoas e o rexeitamento á posesión das mesmas acaba de servir de reflexión para a nosa comunidade educativa sobre condutas relativas á violencia de xénero. Un día no que en prensa lemos frases tan censurables coma "cálese cando está a falar un home", queremos facernos escoitar para rexeitar de forma absolutamente contundente este tipo de condutas.


Gañador do certame de Fotografía Galiciencia 2015

O alumno de 4º de ESO Juan Bembibre resultou gañador no apartado de alumnado no certame que todos os anos se organiza con motivo da celebración de Galiciencia. Este ano para celebrar o Ano Internacional da Luz e as tecnoloxías baseadas na luz, as fotografías tiñan que retratar calquera obxecto ou contorno relacionado con esta temática. Desde o IES Carlos Casares sempre os animamos a todos a participar e este ano enviamos 20 fotografías, entre elas a de Juan que leva por título Xélida Primavera e que resultou gañadora. Noraboa!!!
 
 
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.913578502069371.1073741828.344331598994067&type=3
https://twitter.com/choupindixital/status/669190546037059584

martes, 24 de novembro de 2015

Planetario móbil no CEIP Bibei

Sonia e Yoel (1º ESO) | O xoves 18 os nosos ex-compañeiros do CEIP Bibei de Viana do Bolo convidáronnos a asistir a unha sesión do planetario burbulla que tiñan no centro. E iso fixemos!! Na hora de bioloxía saímos e estivemos alí. Vímolo: un vídeo sobre as estrelas.
 

Ao acabar vimos a os rapaces e rapazas que estaban por alí, saudamos ás profes e invitáronnos a unha merendola.

Por 365 días de igualdade

Os alumnos de 1° e 2° da ESO preparan o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebrará o próximo mércores, 25 de novembro.




Conscientes da importancia desta data e do que implica a nivel de educación en valores están a organizar una exposición de murais con lemas como Nin unha menos ou Non á violencia de xénero, co fin de concienciar sobre esta problemática que se vive día a día na nosa sociedade.

luns, 23 de novembro de 2015

Silencio, ródase...

Carlos F. | Como tiñamos anunciado, hoxe, 3 compañeiros de la Fundación Tus Ojos, encabezados por Manuel Serrano, estiveron toda a xornada co noso alumnado de 1º da ESO, procedendo á gravación dunha pequena curtametraxe, a partir dun guión solidario.


Máis tarde, recolleron as palabras do noso alumnado acerca da súa impresión sobre Binta e a gran idea e as outras obras que puideron visionar na primeira sesión. Tamén foron lidas tres das redaccións elaboradas polos nosos estudantes (Christian Prieto, Gael e Nuria), que formaran parte do material audiovisual xerado polo noso instituto. A tarde rematou cun momento lúdico e solidario: "o xogo da silla", que trataba de facer reflexionar sobre o valor da cooperación.

Esta actividade, encadrada como sabemos no Ano Europeo para o Desenvolvemento 2015, e patrocinado pola Cooperación Española e a AECID, terá o seu colofón na xuntanza de centros participantes en Guadarrama, onde acudirá unha pequena representaci ón do noso alumnado e profesorado. Grazas, Manuel, Laura e Manu pola vosa presenza.

venres, 20 de novembro de 2015

Premios OUFF Escola

Noelia, Eva e Daniel, xunto cos profesores Pepe e Montse, asistiron como participantes cuns vídeos á entrega de premios OUFF escola en Ourense, dentro da semana internacional de Cine de Ourense, que promociona o cine en galego. Presentábanse 126 traballos, de CEIP e IES de Galicia. Interesante experiencia aínda de non estar entre os 3 IES premiados


Enlace a páxina OUFF escola: http://www.ouff.org/es/

Tertulia Literaria en Allariz

Hoxe os nosos alumnos e alumnas Raquel, Lara, Tomé, Diego Ferreiro, Carlos Cabana, Iago Vidueira, xunto cos profesores Monse Ulloa, Irene e Carlos participaron nas Tertulias Literarias do IES de Allariz no que compartimos un rato excelente con compañeiras e compañeiros alaricanos, e tamén de Xinzo, Bande ou Maceda.



O motivo foi o encontro con Manuel Núñez Singala, autor do libro de relatos breves e microrrelatos Instrucións para tomar café. A obra, marcada pola retranca, a ironía e o sentido crítico retrátanos como galegos e cuestiona o noso autodesprezo, ademáis de abogar polas diferenzas e identidades proprias nun mundo cada vez máis globalizado. Os nosos alumnos preguntaron e interviron, tras ter traballado a obra no Clube de Lectura. Fíxose ademáis por parte de María e Belén, as  nosas compañeiras anfitrionas de Allariz unha sentida referencia e homenaxe a María, un ano despois de que nos deixase,e como precursora e iniciadora da nosa participación nas tertulias. Moitas grazas, amigos polo voso recibimento.

xoves, 19 de novembro de 2015

Galiciencia 2015

Este pasado 18 de novembro o primeiro ciclo da ESO do IES Carlos Casares vén de participar na presente edición da Galiciencia, en Ourense, a través de diferentes talleres coma un sobre a luz...

A punto de entrar aos talleres de investigación

Nun taller de novas tecnoloxía baseadas na luz

Premiados nun concurso de Geocaching

Un equipo de alumnas e alumnos do noso IES resultou gañador do 2º Premio do I Concurso de Geocaching Escola Politécnica Superiro (Lugo). Irea, Álvaro, Laura e Miguel, de 1º de Bacharelto, obtiveron o diploma que os acredita como segundos clasificados e unhas gafas de visionado tridimensional.






Este grupo de alumnos estivo en Lugo na xornada de onte acompañados polos compañeiros Brais, Iago, Alba e Hugo e os profesores José Fouz (Coordinador dende o Departamento de Educación Plástica e Visual) e Ovidio Villar. Na propia Escola Politécnica de Lugo puideron ver de primeira man diferentes instrumentos utilizados polos topógrafos, sendo a estrela un dron. Todos aproveitaron a tarde para coñecer un pouco máis de preto a cidade amurallada de Lugo e incluso visitar unha exposición sobre o bosque e uso sostible de recursos naturais na Praza Maior.

Enlaces en prensa:

La Voz de Galicia 
USC (Universidad de Santiago de Compostela)

luns, 16 de novembro de 2015

Mediación escolar: pasado, presente e futuro

Na tarde do venres 13 de novembro, o IES Carlos Casares estivo representado na sede da Escola Galega de Administracións Públicas (EGAP), en Santiago de Compostela, por medio dos profesores Susana Fernández e Carlos Ferreiro, como convidados na Xornada de Formación para Equipos Directivos 2015, organizada polo CAFI, e a súa asesora Cristina Moar, e na que a nosa intervención, baixo o título "A Mediación de conflitos: pasado, presente e futuro", tratou de repasar o percorrido do centro tanto no apartado de mediación, como en calquera outro aspecto que incida ana educación en valores e mellora da convivencia (voluntariado, cooperación internacional, etc).


Volvemos sentir o aprezo e prestixio que o IES Carlos Casares posúe no ámbito galego, e incidimos na necesidade da educación integral, por riba da impartición de meros contidos, para lograr a verdadeira excelencia que consiste na formación de cidadáns. Infelizmente, ao tempo que falabamos de mediación, diálogo e paz, un grupo de fanáticos levaba o caos e a destrucción ás rúas de París, o que non fai senón reforzarnos na importancia da labor da educación na construcción dunha cidadanía libre, forte e verdadeiramente democrática.

Funcionamento do Sistema da Dependencia en Galicia

O día 8 de Outubro do 2015 as alumnas do ciclo de APSD do IES Carlos Casares fixemos unha visita á traballadora social de Viana do Bolo, Isabel, para realizar un traballo sobre como funciona o sistema da dependencia en Galicia. Tamén lle consultamos os pasos a dar polas persoas dependentes e os seus familiares.


A persoa que queira solicitar a declaración da súa situación de dependencia, poderá acudir aos servizos sociais do seu concello, donde se lle proporcionará toda a información e documentación necesaria para  iniciar os trámites de solicitude, recollidos na normativa. Os pasos son os seguintes:

1º Solicitude e Documentación
2º Informe Social, que realizarán os servizos sociais do Concello
3º Citación de Valoración no Domicilio
4º Valoración Médica dos Técnicos/as no Domicilio
5º Resolución da Valoración, e declaración da situación de dependencia

Unha vez recoñecida a situación de dependencia, e dependendo do grao valorado, a persoa dependente terá dereito a unha serie de servizos, que son os seguintes:
  • Servizo de prevención e promoción da autonomía
  • Servizo de teleasistencia e xeolocalización
  • Servizo de axuda no fogar (SAF)
  • Servizo de atención diúrna
  • Servizo de atención nocturna
  • Servizo de atención residencial
  • Servizo de atención ocupacional


Esther, Rocío, Jenni e Itzíar
Alumnas do Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia
IES Carlos Casares, Curso 2015-16

venres, 13 de novembro de 2015

Recursos que existen para atención a dependencia no noso entorno

As persoas en situación de dependencia, unha vez que se lle recoñece esta situación, teñen dereito a unha serie de servizos: teleasistencia, axuda a domicilio, centro de día, centro de noite, residencia, e centro ocupacional.


Nos arredores do concello de Viana do Bolo contamos con recursos para ofrecer estes servizos, se ben nos parecen escasos e insuficientes, debido ao envellecemento da poboación que motiva a existencia de moitos casos de persoas en situacións de dependencia nestes lugares.

Os recursos que máis abundan son as residencias públicas, moitas delas saturadas, e tamén as residencias privadas, de alto custe, ás que a maioría da poboación necesitada de estes servizos non pode acceder, debido ás baixas pensións de que dispoñen.

Outro recurso moi importante co que contan todos os nosos concellos é o Servizo de Axuda a Domicilio. A través de este servizo, as técnicas e técnicos desprázanse aos fogares para prestar axuda ás persoas en situación de dependencia que o teñen concedido nos labores que necesitan.

Por outra parte, na nosa zona hai carencias graves doutros recursos como os Centros de Día, que só os temos no Barco de Valdeorras e na Rúa de Valdeorras, e os Centros de Noite, que non existen nesta zona.

En resume, contamos con residencias nos concellos de Verín, Riós, A Mezquita, Viana do Bolo, A Veiga, O Bolo, Larouco, Trives, Manzaneda, Castro Caldelas, A Rúa, Vilamartín, O Barco, Rubiá e Carballeda.

Contamos con Servizo de Axuda a Domicilio, xestionado polos concellos ou en réxime de concesión a empresas especializadas, en todos os concellos.

E con un só Centro Ocupacional, ASFAVAL no Barco de Valdeorras, que traballa con persoas con diversidade funcional intelectual.


Esther, Rocío, Jenni e Itzíar
Alumnas do Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia
IES Carlos Casares, Curso 2015-16

Samaín 2015

As cabazas de Samaín dannos os bos días...


Crónicas das Rutas Científicas 2015

2º día (Noé)
Hoy hemos estado en Sevilla y hemos visitado la Giralda, el Real Alcazar, y por la tarde, la Torre de Oro, la Plaza de España y el Mirador. Lo que más me llamó la atención fueron las vistas desde lo alto de la Giralda; además del tamaño y calidad de los cuadros y tesoros de la Catedral.


3º día (Diego F.)
Durante el caluroso dia en el cual fuimos a Jérez, visitamos el circuito de velocidad, enseñándonos sus múltiples salas y haciendonos sentir como famosos por un rato. Luego, un empleado d Navantia nos dedicó parte de su tiempo para enseñarnos los astilleros y su historia. Más tarde, comimos en la universidad de Cádiz y fuimos de turismo por la ciudad hasta llegar a las frescas vistas de la Torre Tavira con su "cámara oscura" que acompañaba el dia con una charla en el castillo de Santa Catalina con un bello atardecer.

6º día (Gael)
Pola mañá saimos en autobús cara a Base Naval de Rota; un área militar compartida ente os EEUU e España. Dentro da base visitamos un cuartel de bombeiros, un instituto americano (High School) e un peirao do porto onde están moitos dos buques pertencentes á Mariña. Pola tarde, xusto despois de cantar, collemos un barco en Sanlúcar de Barrameda que nos levou polas marismas do río Guadalquivir, un espazo único e protexido.

xoves, 12 de novembro de 2015

Magosto

Un ano máis se celebrou o tradicional Magosto. Bolos preñados, bullotes e caras tiznadas que desta volta apareceron tamén en La Región...


mércores, 4 de novembro de 2015

De ruta polo sur

Ata o 7 de novembro o grupo de 2° de ESO desfrutará da participación no programa Rutas Científicas, Artísticas e Literarias por Extremadura e Andalucía.


Compartirán semana con alumnado de Burguillos del Cerro (Badajoz), con quen aparecen na foto na Fundación Rafael Alberti (Puerto de Santa María).


luns, 2 de novembro de 2015

Visita de La Robla, terceiro día

E chegou a despedida! Nesta terceira xornada de convivencia no Proxecto 2015digital entre o noso  centro e o  IES Ramiro II de La Robla (León), compartiron aulas toda a xornada. Comezamos coa clase de lingua galega que acercou a nosa lingua aos visitantes. Máis tarde compartimos o coñecemento mútuo de inglés.
 
 
Tras o recreo, chegou o momento dos xogos cooperativos e tradicionais con Pablo, profesor de Educación Física. Na penúltima hora, Monse Ulloa preparou un google test sobre o aprendido onte en Verín e Chaves, e rematamos na clase de Lingua Castelá, na que Carlos suxeriu un "dcumento do tempo", estoé, a partir dun artigo xornalístico que lembraba que estamos no momento en que Robert Zemeckis, creador Regreso al Futuro, situaba a viaxe cara adiante de Marty McFly e imaxinaba un mundo actual con hologramas publicitarios, coches que funcionaban con residuos orgánicos e monopatíns voladores, pero na que curiosamente, non imaxinaban a existencia de teléfono móvil. 

Por parellas redactamos documentos acerca de como imaxinamos o mundo, dentro de 20 anos, o 23 de outubro de 2035. Un resumo das vosas prediccións quedará almacenado virtualmente no Choupín, e agardamos que, dentro de 20 anos, poidamos revisar o nivel de acerto e avnce (ou retroceso) técnico e humano da nosa sociedade.

Grazas a todos os compañeiros e compañeiras profesores, alumnado e familias por ter axudado , xunto co MECD, a levar a cabo este proxecto de traballo en común, que, sen dúbida, vai traer unha lembranza moi positiva e uns beneficios materiales e educativos indiscutibeis.

Cine na aula

Hoxe, día 28 de outubro, o alumnado de 1º de ESO do IES Carlos Casares desenvolveu un obradoiror ao longo de toda a xornada lectiva, acerca do Cine e valores na Aula, impartido polo especialista Manuel Serrano, da Fundación Tus Ojos de Madrid. Inscrita desde 2014 como ONGD, a Fundación Tus Ojos constituiuse en 2007, co obxectivo de promover audiovisuais comprometidos cos dereitos fundamentais, apoiar a Institucions Públicas e ONGDs a realizar contidos máis media vencellados a campañas de sensibilización, así como levar a cabo proxectos de educación en valores nos centros educativos.


O noso centro é un dos 4 escollidos en toda España, xunto a outro instituto malagueño, un tinerfeño e os compañeiros do IES Terra de Trasancos de Narón para efectuar esta actividade pioneira, que culminará do 16 ao 18 de decembro en Guadarrama (Madrid), cunha xuntanza  de alumnado e profesorado de todos os grupos participantes.

Esta xornada de hoxe no centro vianés,  enmárcase dentro das actividades do Ano Europeo para o Desenvolvemento 2015. Supón o primeiro ano europeo consagrado á acción exterior da Unión Europea e o papel de Europa no mundo. Os rapaces e rapazas ollaron  curtametraxes como Binta e a grande idea (Javier FESSER, 2004), As sete alcantarillas, O segredo do arroz e O importante, que incidirán nas problemáticas dos países en Vías de Desenvolvemento, especialmente en aspectos como educación para todas e todos e igualdade de xénero.

En termos educativos,o programa escolar: "Nuestro mundo, nuestra dignidad, nuestro futuro", liderado pola AECID en colaboración coas comunidades autónomas e financiado pola Comisión Europea, ten impulsado xornadas formativas para docentes. Cooperación Española e AECID, coordinados por Pilar Debén, fan un continuo esforzo de acercar a Educación para o Desenvolvemento aos centros escolares. En Viana, os profesores Uxía Bermúdez, Monserrat Ulloa, Luis Crende e Carlos Ferreiro, coordinan a actividade, e foron invitados recentemente na sede madrileña da AECID, recibindo formación previa para este evento.