E chegou a despedida! Nesta terceira xornada de convivencia no
 Proxecto 2015digital entre o noso  centro e o  IES Ramiro II de La 
Robla (León), compartiron aulas toda a xornada. Comezamos coa clase de 
lingua galega que acercou a nosa lingua aos visitantes. Máis tarde 
compartimos o coñecemento mútuo de inglés.
Tras o recreo, chegou o 
momento dos xogos cooperativos e tradicionais con Pablo, profesor de 
Educación Física. Na penúltima hora, Monse Ulloa preparou un google test
 sobre o aprendido onte en Verín e Chaves, e rematamos na clase de 
Lingua Castelá, na que Carlos suxeriu un "dcumento do tempo", estoé, a 
partir dun artigo xornalístico que lembraba que estamos no momento en 
que Robert Zemeckis, creador Regreso al Futuro, situaba a viaxe cara 
adiante de Marty McFly e imaxinaba un mundo actual con hologramas 
publicitarios, coches que funcionaban con residuos orgánicos e 
monopatíns voladores, pero na que curiosamente, non imaxinaban a 
existencia de teléfono móvil. 
Grazas a todos os compañeiros e compañeiras 
profesores, alumnado e familias por ter axudado , xunto co MECD, a levar
 a cabo este proxecto de traballo en común, que, sen dúbida, vai traer 
unha lembranza moi positiva e uns beneficios materiales e educativos 
indiscutibeis.
 

Ningún comentario:
Publicar un comentario