Carlos F. | Como tiñamos anunciado, hoxe, 3 compañeiros de la Fundación Tus Ojos, 
encabezados por Manuel Serrano, estiveron toda a xornada co noso 
alumnado de 1º da ESO, procedendo á gravación dunha pequena 
curtametraxe, a partir dun guión solidario.
Máis tarde, recolleron as 
palabras do noso alumnado acerca da súa impresión sobre Binta e a gran idea
 e as outras obras que puideron visionar na primeira sesión. Tamén foron
 lidas tres das redaccións elaboradas polos nosos estudantes (Christian 
Prieto, Gael e Nuria), que formaran parte do material audiovisual xerado
 polo noso instituto. A tarde rematou cun momento lúdico e solidario: "o 
xogo da silla", que trataba de facer reflexionar sobre o valor da 
cooperación.
Esta actividade, encadrada como sabemos no Ano Europeo 
para o Desenvolvemento 2015, e patrocinado pola Cooperación Española e a
 AECID, terá o seu colofón na xuntanza de centros participantes en 
Guadarrama, onde acudirá unha pequena representaci
ón do noso alumnado e profesorado. Grazas, Manuel, Laura e Manu pola 
vosa presenza.
 

Ningún comentario:
Publicar un comentario