O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

sábado, 12 de decembro de 2009

A nosa nova imaxe

Todo muda. Co tempo precisamos dalgún cambio. E "O Choupín" non é unha excepción. Vimos de estrear nova imaxe e novo enderezo, aínda que o antigo seguirá temporalmente a existir e dende el un link a este. Todas as entradas de outubro de 2009 e posteriores aparecerán xa neste blog. Como acceder ás entradas anteriores a outubro de 2009? Moi sinxelo: na columna da dereita tes links a todas as seccións do antigo blog da revista. Tamén hai outras novidades. Xa dende hai tempo temos novo enderezo electrónico. Lembrámoscho: ochoupin@gmail.com. Para todas as consultas, opinións ou algo que nos queiras contar aquí nos tes.

Tamén agora che ofrecemos a posibilidade de unirte ó noso grupo de seguidores. Observa a columna da dereita e localiza o link para darte de alta. Anímate, que cantos máis "choupíns" sexamos mellor.

Grazas por lernos, por estar aí.

Equipo de redacción Revista Dixital "O Choupín"

xoves, 10 de decembro de 2009

As matemáticas teñen conto?

Departamento de Matemáticas vén de convocar o I Certame de Contos Matemáticos IES Carlos Casares. Para participar nel, escribe un conto baseado nalgún concepto matemático e envíao a ochoupin@gmail.com antes do 15 de xaneiro de 2010. Poderás gañar un fantástico MP4. O fallo do xurado publicarase neste blog.