O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 27 de xuño de 2013

mércores, 26 de xuño de 2013

Resumindo o Proxecto ReAcción

Xa están subidos á canle en Youtube do Proxecto ReAcción do CEIDA os vídeos divulgativos de todos os traballos seleccionados para participar na primeira edición deste interesante certame.

O noso IES participou neste congreso co proxecto "Coida o que tes", levado a cabo polo alumnado de 4º de ESO A, o grupo de diversificación curricular. Actividades tan exitosas coma esta poñen de manifesto tanto o traballo por proxectos coma a atención individualizada na educación do noso alumnado.

O grupo de 4º de PDC cos dous profesores de ámbito científico

Preme no seguinte link para poder visualizar a canle do Proxecto Reación

Preme no seguinte link para acceder ao proxecto "Coida o que tes"

martes, 25 de xuño de 2013

Festival de Teatro e Música de fin de curso

Os pasados mércores, xoves e venres foron os días adicados aos festivais de Música e Teatro de fin de curso no IES Carlos Casares. Os departamentos de Latín e Grego e Música organizaron dous espectáculos realmente fenomenais. Parabéns tamén ao alumnado, que tanto en papeis teatrais como en coreografías amosou o enorme traballo levado a cabo durante todo o curso.

Galería completa de imaxes   

Grease vs Thriller

sábado, 22 de xuño de 2013

Visita ao Xulgado de Paz

Ovidio V. | Onte venres 21 de xuño, o grupo de 2º da ESO visitou o Xulgado de Paz de Viana do Bolo. Houbo tempo para unha representación dunha conciliación, que nos recorda en certa medida á nosa "mediación escolar", como medio dialogado de resolución de conflitos, e tamén para que quen quixese consultase a súa partida de nacemento nos arquivos municipais. Agradecemos a atención que nos prestaron Patricia Ares, Xuíza de Paz, e o seu equipo.

venres, 21 de xuño de 2013

Visita das Forzas Armadas

É unha alternativa de futuro a exposta o pasado día 20 de xuño para alumnado do segundo ciclo da ESO e de Bacharelato. A información aportada pola Subdelegación de Defensa de Ourense, perfectamente narrada polo Comandante Varela e o Subtenente Alonso, chegou a preto de oitenta escolares que xa barallan opcións para o seu día de mañá.


xoves, 20 de xuño de 2013

Informacións de utilidade

O pasado 18 de xuño visitaron o noso centro tres profesores do IES Germán Ancochea Quevedo de Trives para informar ao alumnado de 4º de ESO das posibilidades de iniciar estudos na rama profesional de electrónica. Antonio Vila, Bernardino Quintas e Jaime Álvarez salientaron a importancia dunha boa formación para o futuro do alumnado. O IES de Trives conta, no marco da electrónica, cun ciclo medio e un superior.

mércores, 19 de xuño de 2013

A oficina de Correos no IES

Hoxe montamos unha pequena oficina de Correos na aula de 2º de ESO. Manoli Vicente e Manolita Fidalgo, carteiras de Viana do Bolo e bisbarra, explicaron a un atento público como enviar unha carta ou paquete e en todas as modalidades: urxente, postalexpresss, certificada, con acuse de recibo... Unha actividade entretida e moi útil.


luns, 17 de xuño de 2013

Doazón para a nosa biblioteca

O pasado venres 7 de xuño o noso IES recibiu a visita dunha persoa moi aprezada na nosa comunidade educativa. Xavier Casares, irmán do falecido Carlos Casares, visitou Viana e aproveitou para formalizar unha promesa realizada no acto de homenaxe a Carlos que tivo lugar en xuño de 2012. Con el trouxo unha colección de literatura infantil e xuvenil que pertencía á súa biblioteca persoal e familiar e que nas súas verbas "non podía quedar en mellor lugar que na biblioteca do centro vianés onde meu irmán impartiu aulas por primeira vez".

Xavier Casares, terceiro pola esquerda (Imaxe: O Sil)

Entrega do Premio IES Carlos Casares - Fundación Endesa

Jose P. | El viernes 7 de junio tuvo lugar la entrega del Premio IES Carlos Casares - Fundación Endesa. En esta quinta edición el galardón recayó sobre María Blanco Setién y Paula Álvarez González, alumnas del instituto de Viana y autoras de un extraordinario trabajo ("Illantes Térmicos en Vivendas") sobre el aislamiento en viviendas.
María e Paula, con Maximilano Villarejo (Imaxe: O Sil)

En el trabajo se tratan el bioclimatismo, los materiales novedosos y la arquitectura teniendo en cuenta el entorno y los factores ambientales. Paula y María recibieron el premio de manos de Maximiliano Villarejo, directivo de Endesa en la Unidad Territorial Ponferrada de la UPH Noroeste. Junto con Maximiliano, estuvieron Ernesto Marra y Félix Carrión, mostrando una vez más el apoyo de Endesa a la labor de nuestro instituto, soporte que seguirá al menos un año más mediante un nuevo convenio suscrito en el mes de mayo.

domingo, 16 de xuño de 2013

Dance

O grupo de 3º de ESO baila ao son da música francesa, neste caso "Elle me dit", de Mika.

luns, 10 de xuño de 2013

Publicidade e xénero

Cuarto de ESO traballa dous conceptos que é necesario analizar conxuntamente

Os dous grupos de 4º de ESO veñen de realizar na xornada de hoxe unha sesión sobre publicidade e xénero, no que, guiados por Amanda Díaz (experta en Publicidade e Xénero), analizaron a importancia dos medios de comunicación na sociedade actual e os valores e estereotipos que se están a transmitir. Queda moito traballo por facer na defensa da igualdade entre mulleres e homes, pero actividades coma esta fan crer que cada vez está máis preto. A valoración do alumnado sobre esta actividade foi moi positiva.

Final do Luis Freire

Un ano máis o IES Carlos Casares consegue chegar á final do premio coruñés

O grupo na Domus
Un grupo de cuarto da ESO, formado por Damián, Marta, Paula e Víctor, vén de expoñer, o pasado día 8 de xuño, o seu traballo sobre millo transxénico diante do xurado do Certame de Investigación Científica na Escola "Luis Freire". Nun ateigado escenario, a sala Leonardo da Vinci da Domus, o grupo analizou a detalle o seu experimento para averiguar que millo crece antes e con mellor aspecto, o transxénico ou o natural. Como conclusións, cabe destacar que o millo transxénico ten un menor índice de perda (nacemento), pero as plantas naturais que saen adiante medran moito máis.

Este grupo, que acada a final do certame científico por segundo ano consecutivo, estivo acompañado e ben aconsellado polo grupo gañador do certame na pasada edición e que tamén forman parte de 4º B do noso IES. Non dubidamos que a chama da necesidade de investigar e saber xa está definitivamente prendida nestes rapaces e rapazas. Seguide así!

Feira das Ciencias e unha visita especial

O pasado 6 de xuño celebrouse no noso instituto a Feira Anual das Ciencias. Coma cada ano, coincidiu coa visita do alumnado que cursa actualmente 6º de primaria nos colexios de Viana, Vilariño e A Veiga, e que o vindeiro curso estarán no noso centro.


Como unha primeira aproximación, realizouse unha visita a todas as instalacións do centro, así coma aos lugares máis emblemáticos, como a entrada principal, na que se concentran os piares da nosa comunidade educativa: a figura de Carlos Casares, a Biblioteca, o Proxecto de Cooperación con Bolivia e o Equipo de Mediación Escolar.

Noelia e Noemí explican o seu experimento ao alumnado de 6º
Tamén visitaron, xunto ao alumnado do noso IES, todos os satands da feira das ciencias, levada a cabo polos profesores Miguel Arranz, David Ponte e José Fouz, e da que resumimos a continuación o mellor:
Ángel e Rubén traballan coa col lombarda como indicador caseiro

Maicena (sólido ou líquido?)

O amidón de millo presenta unha curiosa propiedade (que comparte con outras sustancias denominadas fluídos non newtonianos) que consiste en que ao disolverse en auga, nunha concentración concreta, ten unha viscosidade variable en función da forza á que é sometido . Esto quere decir que si exercemos forza intensa sobre a maicena, como un movemento brusco, ésta compórtase como un sólido, opoñendo unha forte resistencia; se aplicamos unha forza pequena (movementos lentos) a súa viscosidade diminúe, e compórtase coma un líquido.

Construcións hidroeléctricas

Jose P. | Neste curso os alumnos de 2º e 3º de ESO construíron en grupos presas en miniatura recreando os exemplos presentes na zona: de arco como As Portas, recta con contrafortes como Prada ou San Sebastián, recta como o Cenza ou o Bao e terra e aluvión como a de Pías. Na fotografía Cristian e Víctor, de 3ºA, posan co seu traballo en curso.

venres, 7 de xuño de 2013

Visita ao CDR de O Viso

O alumnado e o profesorado do Ciclo Formativo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do IES Carlos Casares de Viana do Bolo vén de visitar o pasado 5 de xuño o centro de desenvolvemento rural de O Viso, en Lodoselo, Sarreaus (Ourense). Este centro, que conta entre outros servizos cun marabilloso centro de día, é referente dende hai tempo da transformación dun medio rural visitable nun medio rural habitable.

mércores, 5 de xuño de 2013

Día do medio ambiente na I Feira dos Coidados

Ovidio V. | Hoxe tivo lugar en Vilariño de Conso, a carón do río Cenza, a I Feira dos Coidados. No marco da campaña "Actúa con coidados" de InteRed, este evento reuniu á gardería de Vilariño, aos CEIPs de Vilariño de Conso, A Veiga e o Bolo, ao CPI da Gudiña e ao IES de Viana.

Un grupo baila a ReciKonga, logo de clasificar lixo

Entre outos coidados, temos que destacar hoxe, 5 de xuño, o coidado do medio ambiente, levado a cabo polo grupo de 4 de PDC do Carlos Casares, con xogos de reciclaxe con coreografías incluídas. Tamén houbo teatro, kamishibai e guiñol preparados polas familias dos rapaces e rapazas, circuitos psicomotrices, xogos cooperativos e moito máis.


Agradecemos especialmente as horas de traballo que Carmen Carballo adicou a esta actividade, para que todo fose perfecto e para que, nenos e nenas (e non tan nenos e nenas) desfrutaramos dunha marabillosa mañá nun entorno único.

luns, 3 de xuño de 2013

Certames matemáticos

O Departamento de Matemáticas vén de fallar os seus dous premios anuais

Reunidos os respectivos xurados para os certames de Fotografía Matemática e Conto Matemáticos, acordaron entregar os premios aos seguintes traballos:

IX Certame Internacional de Fotografía Matemática

1º Premio
"Multiplicando por el Sol"
(Juan Bembibre Domínguez)
IES Carlos Casares


Premio Especial do Público
"El Quijote sabe la incógnita x"
Eliška Kutrová
Klasické a španělské gymnázium


IV Certame de Conto Matemático IES Carlos Casares

1º Premio 
"Aquel día..."
Tania Yáñez

AQUEL DÍA…
-Raquel, ya es hora de levantarse, es tu primer día de colegio y no querrás llegar tarde, verdad?- Dijo mi madre mientras me levantaba la persiana.
Ese día pensé que todo iba a ser lo de siempre, pero algo o más bien alguien, hizo que todo cambiara.
Bajé a desayunar y, como no, mi padre estaba leyendo el periódico y mi madre encendió la tele y puso el telediario y salió la noticia, esa noticia me cambió el día completamente, ¿por qué yo?, ¿Por qué tuvieron que pedirme ayuda?
Pues bien, como iba diciendo, la noticia trataba sobre… Los números! Concretamente sobre la revolución que hicieron. Yo pensé que aún seguía dormida, pero no! Mientras que mi padre estaba leyendo el periódico, oí una voz, esa voz era muy chillona, que me decía: Eh, tú! Mira en el periódico!
Era raro, nadie se había enterado de que hablaba alguien, era yo la única que podía escuchar a la voz que me hablaba.
Hice caso a esa voz, y vi que en el número de teléfono de un anuncio, una cosa extraña se estaba moviendo y hablándome, era un número! Un número parlanchín!
Yo no me lo podía creer, hasta que me dice: Si nos ayudas, haremos que tu profesor de matemáticas te apruebe!
¡No podía rechazar esa oferta! Porque a mí se me dan fatal las mates y le pregunté: ¿A qué queréis que os ayude? Porque esto es un poco raro…- El me respondió: Antes de nada, déjame que me presente, soy el número 6 pero me llaman Pit (que es el diminutivo de Pitágoras) como hay tantos como yo, decidí ponerme un nombre y soy el primer número en la historia de la humanidad que tiene un nombre propio. –Y yo le respondí: Tú tienes pinta de ser un fichaje, ¿me equivoco?- Entonces, todos los números de ese mismo anuncio dijeron: ¡No lo sabes tú bien…!
Pero... ¿Es que todos los números pueden hablar?
Al cabo de un rato, me explicaron su plan, pero yo aún tenía mis dudas, ¡no sabía que hacer! Hasta se me pasó por la cabeza empaquetarle estes números parlanchines al profesor de matemáticas y olvidarme de este asunto, pero no podía dejarlos solos, había algo en mí que decía que debía ayudarlos, no sabía cómo, pero tenía presente que no iba a estar sola.
Al fin y al cabo, acabé entendiendo el plan: era conseguir suficiente información para que los números se independizasen y que tuvieran unos derechos, estes derechos consistían en que todos los números deberían tener una jornada de trabajo y otra de descanso, ¡no podía ser que ellos estuvieran trabajando a todas horas!
Entonces nos pudimos en marcha al… Ayuntamiento! Se me ocurrió mirar en la Constitución Española a ver si había alguna ley relacionada con los derechos de los “Trabajadores”, y en un artículo leímos algo que nos sirvió para poner en marcha nuestro plan, ponía algo así: Todos los trabajadores deben de tener jornadas de trabajo y unas vacaciones.
Rápidamente usamos ese artículo para sacarlo en televisión y conseguir lo que nos proponíamos, pero al final todo se volvieron contras y réplicas, pero de repente le vi la lógica a lo que nos decían nuestros opositores, entonces, decidí ir al Reino Unido Numeral, el lugar donde se encuentran los números, pero no digas nada, eh?
Entonces decidí reunir a todos los números del país, y solté un discursazo! Empezaba así: - Queridos números, entiendo que queráis defender vuestras ideas sobre las vacaciones tan merecidas que os tenéis, pero yo ahora pienso una cosa… Los humanos, no podemos vivir sin vosotros. Los números sois lo más importante que puede haber, vosotros sois los que nos ayudáis a hacer cuentas, a comunicarnos por teléfono… ¡Vosotros sois todo! Imaginad que os tomáis unas vacaciones… ¡Nosotros no sabríamos que hacer! Por eso, deciros que sois muy importantes, esto es todo.
Los números empezaron a aplaudir, me dijeron que tenía razón y se dieron cuenta que lo que pedían era una estupidez. Pero Pit, no se daba por vencido, por él quería a toda costa tener vacaciones, para hacerse el líder, entonces todos los números le dijeron: - Pit, deja tu orgullo y tus cabezonadas, no eres más que nadie, nos gusta cómo eres, pero muchas veces te pasas de listo, y esto no puede ser.
Pit se fue corriendo, y yo lo seguí, hasta que conseguí pararlo y hablar con el.
-Pit, los números tienen razón, muchas veces te pasas haciéndote el duro y el cabezón, no seas tan orgulloso, porque muchas veces, el orgullo te deja sin amigos y sin nadie, no te cuesta nada por cambiar, aunque solo sea, un poco, ¡será por tu bien!
Después de mucho pensarlo, Pit accedió a cambiar su carácter.
Sentí que ya no tenía nada más que hacer allí, asique me fui para casa, y yo también aprendí una lección: si quiero aprobar matemáticas, tendré que esforzarme por lo que quiero.
FIN.

domingo, 2 de xuño de 2013

Despedida a unha promoción

Ovidio V. | O pasado día 30 de maio, despedimos á promoción 2011-13 de Bacharelato. Nun acto levado a cabo na Aula Xesús R. Jares, as palabras e o sentimento fundíronse nun so, da man da titora do grupo Aída Méndez, os Bachareles Christian Martínez e Rocío Rodríguez, o presidente da ANPA Pablo Guerra e o profesor de Lingua Castelá Carlos Ferreiro, quen foi escollido polo alumnado para ler a penúltima lección de despedida antes da entrega de orlas. A orixinal e innovadora entonación do Gaudeamus levada a cabo polo Coro do IES Carlos Casares, deu paso á sesión de fotos e a un suculento ágape preparado pola nosa querida Patricia no xardín.


Moita sorte a todas e todos, e feliz camiño pola vida.