O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 30 de xaneiro de 2015

Día da Paz 2015

Un dos piares fundamentais da educación para a paz é o traballo para unha convivencia positiva. No Carlos Casares así o entendemos, e por iso hoxe o alumnado mediador visitou todas as aulas para falar da visión positiva do conflito, do diálogo, da empatía, da tolerancia e tamén, claro, da importancia da mediación como vía de prevención e resolución en materia de conflitos.
Ao final da mañá, e dende o ámbito das titorías, un grupo de rapaces e rapazas escenificou interesantes reflexións sobre a responsabilidade da humanidade na preservación da paz.





O mundo que queremos: talleres II

Onte xoves 29 os alumnos e alumnas de 2° e 4° de ESO continuaron co desenvolvemento dos respectivos talleres nos que están a participar dentro do programa "Cooperación Galega, o mundo que queremos" (plan Proxecta). Os máis pequenos traballaron en pequenos grupos en vías de denuncia social, especialmente a radio. No caso do grupo de 4°, aprenderon a valorar todo o esforzo que moitas persoas discapacitadas adican no seu día a día a abrir camiño para conseguir os seus soños, e tamén o espírito e boas vibracións que transmiten arredor de si.





mércores, 28 de xaneiro de 2015

Clases sen fume

Segue avanzando o programa "Clases sen fume", que anualmente traballa na prevención do tabaquismo en alumnado do primeiro ciclo da ESO. No corredor principal figuran os carteis e lemas realizados para concurso, e proximamente terán lugar as sesións de coxiometría.



martes, 27 de xaneiro de 2015

VI Semana da Orientación

Sexta edición dunha actividade consolidada xa coma unha das citas de principio de ano. Para 4° de ESO e Bacharelato. Para o futuro.


luns, 19 de xaneiro de 2015

A poesía non morde

O Departamento de Normalización Lingüística sorpréndenos cunha poética idea


A entrada do IES Carlos Casares estará a partir de hoxe engalanada cunha fermosa nube de poemas. Podes pendurar aquel poema que sempre che gustou. Tamén aquel poema que sempre quixeches escribir. Mesmo podes adicar un poema a quen queiras. Observa ben, pois pode haber un poema para ti, e nese caso podes collelo.

mércores, 14 de xaneiro de 2015

XI Certame Internacional de Fotografía Matemática

O Departamento de Matemáticas do IES Carlos Casares de Viana do Bolo vén de convocar a XI edición deste certame de fotografía. Logo de once anos de vida, este concurso matemático está a consolidarse realmente como internacional, grazas ao interese de participación de escolas bolivianas, colombianas e checas, entre outras.


luns, 12 de xaneiro de 2015

Petit Papa Noël

Les filles de français ont préparé un très populaire chant de Noël...mais elles ont voulu le moderniser un petit peu.




Talleres de cooperación

A música, a radio, o teatro,  a... son medios marabillosos para expresarse, para comunicar, para traballar en equipo e, fundamentalmente, para contar que é o que pasa arredor de nós. Son vías de denuncia social, de expresión para esixir a igualdade de dereitos e oportunidades, para promover un mundo máis xusto.

Montse comezando o obradoiro con 2º de ESO

Óscar, co grupo de 4º de ESO

A pasada semana, estiveron no noso centro Paula, Óscar e Montse, tres amigos do noso IES e integrantes de Cooperación Galega, desenvolvendo obradoiros de fotografía, radio e podcasting para o alumnado de 2º e 4º de ESO. Este é soamente o comezo; a seguinte cita con este proxecto será o vindeiro 29 de xaneiro.


Máis adiante, terán lugar diferentes actividades relacionadas coa música, ou o teatro, pero de momento non podemos desvelar máis... Aínda así, de seguro que haberá sorpresas!

Pulseiras, apertas e becas de estudo

T. Ochoa, C. Fernández | O venres 5 de Decembro fomos á Praza para facer unha actividade solidaria. Nas datas anteriores elaboramos pulseiras solidarias nas horas de titoría do instituto. Estas pulseiras démolas a cambio dun donativo e unha aperta ás persoas que atopamos na Praza e nas rúas de Viana. O que recadamos, 70€, foi doado para becas de estudo da U.E. Timoteo Rondales de Bermejo SC (Bolivia).