O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 6 de novembro de 2017

Visita ao Xulgado de Paz

O alumnado de valores éticos vén de visitar o Concello de Viana do Bolo

Diego F. | O martes 24 de outubro o alumnado de Valores Éticos visitamos o Xulgado de Paz de Viana. A Xuíza de Paz, Patricia Ares, explicounos como funciona o Xulgado.


Nel, inscríbense nacementos, defuncións e matrimonios. Puidemos ver libros onde había rexistros dende o ano 1872. Patricia contounos tamén que en ocasións se fan conciliacións, algo moi parecido ás mediacións escolares que levamos a cabo no noso centro.

martes, 31 de outubro de 2017

Samaín na Biblioteca

Entre contos de medo, cabazas misteriosas... A carón das vellas historias, morcegos escuros e atrevidos...












xoves, 26 de outubro de 2017

EPDLab 1: movémonos contra o sexismo

Laura S. | Este luns 23 de outubro, iniciamos a nosa primeira sesión no proxecto EpDLab (Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento).


O alumnado de 1º de bacharelato, comeza con gañas de experimentar e desenvolver unha serie de cuestións que están moi presentes no noso entorno, aínda que moitas veces non sexamos conscientes. O feito de ter presentes as novas tecnoloxías fai que este traballo sexa máis levadeiro e interesante para todos, tendo que utilizar redes de moito uso como son Instagram e Twitter.


No noso primeiro afrontamento, unha vez feita a presentación máis un test inicial acerca dos nosos coñecementos, tratamos un tema moi importante como é o sexismo, no que nos demos conta de que homes e mulleres non somos tan diferentes. Fixemos unha serie de actividades lúdicas interesantes; como ver titulares de xornais no que a muller é infravalorada nos deportes e comentalo por grupos,  escribir o que pensabamos a cerca das diferenzas entre ambos sexos (onde puidemos comprobar que eran moi escasas) e para concluír, coa axuda da nosa imaxinación, creamos imaxes que representasen a nosa idea fronte ao sexismo.


Unha serie de actividades de moitos valores e aprendizaxe que sempre que se fagan en grupo de dunha maneira divertida... mellor.

Sesión 1 #EpDLab: Sexismo e identidade

#EpDLab

Laura S. | Este luns 23 de outubro, iniciamos a nosa primeira sesión no proxecto EpDLab (Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento).


O alumnado de 1º de bacharelato, comeza con gañas de experimentar e desenvolver unha serie de cuestións que están moi presentes no noso entorno, aínda que moitas veces non sexamos conscientes. O feito de ter presentes as novas tecnoloxías fai que este traballo sexa máis levadeiro e interesante para todos, tendo que utilizar redes de moito uso como son Instagram e Twitter.


No noso primeiro afrontamento, unha vez feita a presentación máis un test inicial acerca dos nosos coñecementos, tratamos un tema moi importante como é o sexismo, no que nos demos conta de que homes e mulleres non somos tan diferentes. Fixemos unha serie de actividades lúdicas interesantes; como ver titulares de xornais no que a muller é infravalorada nos deportes e comentalo por grupos,  escribir o que pensabamos a cerca das diferenzas entre ambos sexos (onde puidemos comprobar que eran moi escasas) e para concluír, coa axuda da nosa imaxinación, creamos imaxes que representasen a nosa idea fronte ao sexismo.


Unha serie de actividades de moitos valores e aprendizaxe que sempre que se fagan en grupo de dunha maneira divertida... mellor.

domingo, 15 de outubro de 2017

Reunión para o EPD Lab 2017/18

Arrancou o EPD Lab para este curso, proxecto que se desenvolverá no IES Carlos Casares e noutros catro centros galegos, os IES de Milladoiro, Johan Carballeira (Bueu), Pintor Colmeiro (Silleda) e Castro Alobre (Vilagarcía). O pasado 29 de setembro, o Vicedirector do noso centro, Ovidio Villar, asistiu á reunión que todos os centros mantiveron cos representantes de AGARESO, organización responsable e vínculo de unión con todos os participantes neste proceso.



O traballo a realizar incluirá problemáticas de índole social, poboacional, medioambiental, de xénero... e faráse utilizando medios audiovisuais de última xeneración, ferramentas TIC e sistemas de traballo como a micronarrativa dixital. Este é o terceiro ano que participamos no proxecto e temos gañas xa de que chegue o 23 de outubro, o día da primeira sesión no noso IES!

mércores, 11 de outubro de 2017

#AQUA

#AQUA un proxecto de Ciencia Ciudadada no #iescarloscasaresviana
 
A Ciencia Ciudadana (ou Citizien Science) está baseada na aportación que todas as persoas podemos facer á ciencia e á investigación. Desde o centro queremos amosar ao noso alumnado que eles poden contribuír á ciencia de forma activa, que non só se fai dentro dos laboratorios e centros de investigación.
Así que solicitamos como parte das actividades do noso #clubdeciencia participar no proxecto #AQUA da fundación @Ibercivis. no seguinte vídeo resúmese de que vai este proxecto.



https://vimeo.com/96824751


Xa sabedes, as rapazas e rapaces que esteades interesados en participar informamos que xa chegaron os kits ao centro, pasade polo departamento de Bioloxía e contribuide a un proxecto global.



venres, 7 de xullo de 2017

Formación para a mediación escolar

Pechamos o curso os pasados 29 e 30 de xuño formando a mediadoras e mediadores escolares tanto do noso IES coma do Martaguisela do Barco de Valdeorras. Dúas xornadas de convivencia positiva en Viana do Castelo (Portugal), risas, aprendizaxes, teatro e praia... Toda a comunidade educativa representada nesta actividade!! Deica pronto!!











martes, 27 de xuño de 2017

X Encontros de Clubes de Lectura

O. Villar | Era unha ocasión especial e merecía unha celebración especial... Coido que os rapaces o pasaron de marabilla, agás co calor sofocante que nos bateu ese día en Santiago... Pero quen levamos un Peter Pan dentro, botamos de menos coarnos nos marabillosos talleres que había para a rapazada...





Xenial Miguelanxo Prado ao recoller o seu merecido premio e xenial o peche musical con Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre!!

Saída didáctica a Celanova

Concerto e Roteiro...





Viana Quérote+

Monse Ulloa e Asun Prieto. Un ano máis o alumnado de 3º de ESO participou no programa do Plan Proxecta “Quérote +”. Ademais de coñecer os contidos e recursos da páxina, traballáronse as diferentes fichas do programa.
Nas sesión sobre Educación sexual e Aconcepción e concepción elaboraron preguntas que logo resolveu Luis Fernández un antigo profesor do centro nun obradoiro de sexualidade impartido a principios de Xuño (https://twitter.com/choupindixital/status/870605851630989313).


Tamén traballaron A orientación do desexo e identidade sexual, A relación dos sexos e a tecnoloxía....a través de diferentes vídeos e debates xerados na aula.
É fundamental transmitirlle ao alumnado que por riba do coñecemento científico e técnico sobre aspectos de sexualidade, ésta implícanos como individuos no plano afectivo e contribúe de xeito básico ao noso benestar e felicidade.

mércores, 14 de xuño de 2017

Fallado o Certame de Fotografía Matemática

O xurado do Certame Internacional de Fotografía Matemática do IES Carlos Casares para esta edición de 2017, vén de fallar o premio deste ano. Pola súa banda as e os internautas decidiron tamén cal é o traballo mellor valorado polo público. Ambos traballos conxugan elementos matemáticos perfectamente localizados e integrados na vida cotiá, e representados por títulos escollidos de maneira moi acertada. Parabéns ás dúas gañadoras polos seus fenomenais traballos, que son:


Premio do Xurado
Sil-Metría
Tamara Rodríguez Adrover
IES A Sangriña, A Guarda (Pontevedra)



Premio Especial do Público
Geometría del Sábado Noche
Esther Ramos Molano
IES Martaguisela, O Barco de Valdeorras (Ourense)

A entrega de premios terá lugar o venres 23 de xuño a partires das 12:15 horas, na Aula Xesús R. Jares do IES Carlos Casares de Viana do Bolo.

martes, 13 de xuño de 2017

Conecta Cultura 2017

Este curso, coa idea de aprender máis sobre o mundo que nos rodea e para saber máis cousas acerca de como vivir nesta aldea global que é o mundo, sumerxímonos nun novo proxecto, ao que lle deron o nome de Conecta Cultura.
Xa só con ese nome podemos ver de que se trata: de aunar, de conectar as diferentes culturas para poder así compartir e aprender uns de outros.
Coa idea de axudarnos a ver o mundo e a como aprender uns dos outros, viñeron Hafdala, Antía e Belén, dende Vigo, en tres sesións diferentes.
Na primeira sesión, o 12 de xaneiro con Antía e Hafdala, aprendemos o que son a multiculturalidade, pluriculturalidade e interculturalidade. Tamén nesta primeira sesión nos explicaron o que é un plan de acollida e por que é importante ter un no centro.
Na segunda sesión, o 26 de xaneiro tamén con Antía e Hafdala, afondamos no plan de acollida, como ten que ser, que fases ten que incluír, cando hai que preparalo... e a importancia de incidir no común, non nas diferenzas. Tamén este día nos falaron de competencias e incompetencias.
Finalmente, a terceira sesión, o 9 de febreiro, na que coñecemos a Belén, que foi a que acompañou a Hafdala esta vez, nos presentaron a guía didáctica que están a elaborar para traballar co alumnado e que trata temas como a acollida, o respecto á diversidade, os dereitos humanos, os refuxiados, etc.
Aproveitando unha desas tres sesións, Hafdala e Belén falaron co alumnado de 1 ESO acerca das migracións, e co alumnado de 4 ESO acerca da situación do Sáhara.
Despois desas visitas iniciamos nós o traballo nas aulas (é este un proxecto a longo prazo que esperamos que nos resulte moi útil) preparando un plan de acollida para alumnado que vén de fóra co que sentamos unhas pautas para que todo o alumnado que se incorpore ao centro dende fóra se sinta querido e non estea illado.
Ademais, para ver como funciona e como se aplica ese plan de acollida, realizamos dous vídeos nos que o puxemos en práctica, aquí os tedes:


mércores, 10 de maio de 2017

Día de Europa... France

Hoxe conmemoramos o día de Europa lembrando á veciña francia a través da súa gastronomía, concretamente cunha cata dos queixos máis significativos do país galo... Bon apetit!!



27 de Abril: Día das rapapaz nas TIC

María Alonso. No dia de hoxe tivemos a gran oportunidade de poder presenciar unha videoconferencia retransmitida dende o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) e presidida por nada máis nin nada menos que mulleres inmersa no ámbito da informática.


Parece sorprendente pero aínda hai mulleres que seguen os seus soños e fan o que realmente lles gusta, iso me fixeron ver esas colaboradoras que, simplemente a través dunha simple cámara nos fixeron chegar as súas marabillosas historias. Quédome con que fagas o que fagas, si realmente che gusta e o fas con ganas podes chegar a onde queiras. É súper importante que nós, as mulleres, saibamos que estamos en minoría pero aínda así temos as mesmas ou máis posibilidades que un home en atopar un traballo.
No ámbito da informática fixéronnos chegar que é un traballo moi interesante e creativo no que hai que saber traballar en equipo e ter moi boa imaxinación e tamén no que desgraciadamente, hai un porcentaxe de mulleres estudando moi baixo, só do 10%. Témonos que concienciar de que a informática non é un traballo para os “frikis” senón para quen de verdade o desexe e lle apaixoe. Necesítanse moitos postos de enxeñeiro de informática, xa que na actualidade estamos rodeados por todos lados por tecnoloxía e é necesario que a xente se forme e descubra o incrible mundo da informática.

Despois de descubrir esta información tan valiosa para o noso futuro, comezou a rolda de preguntas, dende cada instituto invitado puido participara a través dun chat. Contestaron as nosas dúbidas de forma moi organizada e souberon transmitirnos a resposta de forma moi simplificada de xeito que as entendemos moito mellor.
Para finalizar recordáronnos que as mulleres somos moi importantes para todo e que non nos podemos guiar polos demais, senón polo que de verdade queremos facer no futuro.
Segundo a miña opinión esta conferencia pareceume moi enriquecedora e, sobre todo, axudounos a aclarar un pouco o noso futuro descubríndonos un mundo que pensaba que non era para nós.

Inauguración do Ano Casares

O vindeiro xoves día 11 de maio...


luns, 8 de maio de 2017

EPD Guadarrama 2017

Nesta fin de semana do 5 al 7 de mao, tivo lugar en Guadarrama (Madrid) o VII Encuentro de Docentes en Educación para el Desarrollo, organizado pola AECID, baixo a temática "Convivencia Pacífica".


Coa asistencia de Monse Ulloa, Luis  Crende e Carlos Ferreiro, foi unha xornada de reencontro entre  amigos no que se tratararon temáticas das Migracions e os falsos estereotipos que dificultan a interrelacion entre as persoas. Impresionante foi o testemuño  de Mamadou Día, escritor, activista e educador senegalés ao transmitirnos a sus odisea para chegar a España nun caiuco, en busca ducha vida mellor, e tras varios anos, a volta a sua vila en Senegal para emprender un proyecto de desenvolvemento e educación para evitar que outros se lancen a unha viaxe arriscada como a sua. Ao final das xornadas, tamen se anunciou a inminente publicación de un Cómic didáctico sobre os ODS 2030, tanto para Primaria como para Secundaria, nos que o centro tivo a honra de participar na elaboración, de mans do noso director. Novamente agradecemos a AECID e MECD, personalizados en Pilar Deben, Álvaro Saiz, a confianza en nos, e estendemos o cariño a Susana e Noelia polo bo trato que sempre nos dispensan.

Inauguración do Ano Casares

A inauguración oficial do Ano Casares será este xoves 11 a aula Xesús R. Jares do noso IES, ás 11 da mañá e co seguinte programa:


martes, 2 de maio de 2017

Premio no Ano Casares

Desbordados e agradecidos pola ampla participación, INFORMAMOS que o fallo do xurado do Concurso de Relatos "A vida éche un conto" do IES Carlos Casares farase público o vindeiro xoves 11 de maio no Acto Inaugural do Ano Casares. A partir de aí, porémonos en contacto cos gañadores e finalistas, para a entrega de Premios que terá lugar nos Actos de Clausura, o venres 19 de maio na Aula Magna Xesús R. Jares do noso centro.

domingo, 30 de abril de 2017

Conversa con Xabier Quiroga

O pasado venres visitou o noso centro o autor de, entre outras moitas novelas, "Era por setembro" e "Izan o da saca".


O alumnado dos clubes de lectura do instituto asistiu a unha conversa marabillosa á luz dunha candea prendida durante todo o acto... Quiroga falou das orixes das súas novelas e do que para el é escribir, respondeu ás atinadas preguntas dos seus lectores e lectoras e adicou preto dunha hora a asinar exemplares e a conversar con todos nós. Un encontro literario ameno, un luxo para os sentidos.