O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 27 de marzo de 2017

Viaxe Cultural de Bacharelato

Adrián P. | O xoves día 2 de marzo, o I.E.S Carlos Casares comezou a súa esperada viaxe a Sevilla, na que os alumnos de 1° e 2° de Bacharelato disfrutaron dun lugar ata o momento alleo ás súas terras galegas. Durante ese mesmo día, ás 12:30 h. o alumnado para a xantar na cidade de Mérida, aproveitando para visitar o encoro de "Proserpina". Ás 16:30 h. prosegue a viaxe cara Sevilla, estando así, acomodados do albergue ("Triana Backpackers") e disfrutando a última hora dun paseo e cea polo barrio de Triana.




 O venres 3 de marzo, despois do almorzo poideron contemplar os "Reais Alcázares", sobre a 1:00h. a "Torre do Ouro", xantaron e á tardiña visitaron a "Catedral de Sevilla" e a famosa "Xiralda".
Á noitiña cearon dando un paseo para retornar posteriormente ao albergue.


O sábado 4 de marzo, despois do almorzo o alumnado visita o "Pabello das Navegacións" na "Illa de Cartuxa". Debido a imposibilidade do acceso ao "Parque de María Luisa" e ás "Ruínas de Italíca", os bachareles tiveron o resto da tarde libre ; aproveitando para comprar souvenirs e cear.

O domingo 5 de marzo,despois de almorzar;  seguindo o progama estipulado da viaxe, os alumnos iniciaron o regreso, camiño da súa terra, visitando á hora de xantar os fermosos recunchos da cidade de Cáceres na que tomaron parte da cultura cacereña como forma de finalización desta viaxe , iso si botando algunha morriña da beleza de Sevilla e centrándose en voltar de novo a súa vila.

venres, 24 de marzo de 2017

Seleccionados para proxecto piloto de ciencias

Vén de resolverse a convocatoria de participación no programa piloto de innovación educativa “Club de Ciencia” para centros docentes públicos durante o curso 2016/2017, e o noso centro está entre os 10 centros galegos seleccionados como receptores das achegas. Cunha dotación de 1.200 euros, o IES Carlos Casares poderá programar para este curso unha feira de ciencias novidosa.

Enlace á resolución

mércores, 22 de marzo de 2017

XIII Certame Internacional de Fotografía Matemática

O Departamento de Matemáticas do IES Carlos Casares vén de convocar o XIII Certame Internacional de Fotografía Matemática, no que poderá participar alumnado de calquera centro educativo de secundaria.


Enlace ás bases: link

Lembrando a Casares

O Departamento de Educación Plástica e Visual do IES Carlos Casares vén de convocar o concurso de debuxo "Lembrando a Casares". Poderá participar todo o alumnado do IES.


Toda a información neste link

venres, 17 de marzo de 2017

Teatro, teatro, teatro...

O. Villar | Este mércores 15 de marzo un grupo de alumnado e profesorado do IES Carlos Casares asistiu á representación de dúas obras de teatro clásico: Medea, de Eurípides (Grupo El Ruiseñor, A Coruña) e Pseudolus, de Plauto (Grupo Noite Bohemia, A Coruña). Ambas postas en escea sensacionais e magnífica a capacidade de transmitir emocións por parte dos actores. O día comezaba cunha visita ao museo arqueolóxico e remataba coa promesa de volver ao teatro... sempre o teatro...

profes á entrada do Auditorio

o alumnado na exposición do Mueso Arqueolóxico


mércores, 15 de marzo de 2017

Adiccións

A pasada semana acompañounos Pilar Trabazo (Consellería de Sanidade - Ourense), quen desenvolveu dous interesantes obradoiros sobre dúas das adiccións ás que se enfronta diariamente a nosa xuventude: as novas tecnoloxías e as substancias tóxicas. Estes dous temas foron traballados, respectivamente, polo alumnado do 1º e 2º ciclo da ESO.


Semana da Prensa 2017

A nosa Biblioteca vístese esta semana coas cores de xornais traídos de todo o mundo para a Festa da Prenssa. O alumnado poderá visitar esta exposición para realizar traballos cos diarios.


domingo, 12 de marzo de 2017

Grupo de traballo EPD en Madrid

Este fin de semana do 10 ao 12 de marzo tuvo lugar na Casa Árabe de Madrid, a caron do Retiro, un Encontro de Traballo de 15 docentes de toda España, entre eles, o noso director, Carlos Ferreiro, que levan a cabo a elaboración dun proxecto didáctico en soporte cómic sobre os 17 Obxectivos de Desenvolvemento 2030.


Asi, o IES Carlos Casares estivo representado no grupo de expertos de Ámbito Sociolinguistico. Foi unha fin de semana tremendamente productiva, e na que hai que agradecer a AECID a inspiración que produce estar aloxados na Residencia de Estudiantes, onde aquellas mulleres e homes que constituiron a Xeracion do 27 fixeron historia. Estamos xa ansiosos por ver o producto final e traballalo co alumnado.

venres, 10 de marzo de 2017

Xincana pola igualdade no día da Muller

Actividade desenvolta no IES Carlos Casares e organizada polo CIM do Concello de Viana do Bolo. Probas para poñernos a proba...








xoves, 9 de marzo de 2017

Sesión de Avaliación con AGARESO

Hoxe xoves 9 de marzo tivo lugar unha reunión virtual a través do Skype para avaliar, ata o presente, o desenvolvemento do proxecto de educación para o desenvolvemento que o IES Carlos Casares mantén, xa por segundo ano, con AGARESO. Estiveron presentes os centros de Boiro, Ames e Viana do Bolo. Mañá desenvolverase unha reunión paralela co resto de centros participantes.

Ángeles (Boiro), Susana (AGARESO), Esther (Ames), María (Gingko) e Ovidio (Viana)

mércores, 8 de marzo de 2017

luns, 6 de marzo de 2017

Encontros de convivencia

Recentemente, tivo lugar no CFR de Ourense unha reunión inicial para a organización dos VI Encontros de Centros para unha convivencia positiva, que nesta edición acollerá o IES Carlos Casares de Viana do Bolo. Representantes doutros centros, anfitrións en anteriores ocasións, reuníronse cos coordinadores vianeses para valorar o programa. Podemos apunta que terán lugar durante o 2 e o 3 de xuño e agora, á volta do Entroido, comezan os preparativos para esta nova edición.

Selfi con Carme, Begoña, María, Javier, Carlos, Ovidio e Adelino

Simetrías

Diferentes exposicións no corredor principais amosan o traballo que o alumnado de plástica de 3º de ESO realiza coas simetrías.



Viaxe cultural a Sevilla

Recén chegado do sur, o alumnado de Bacharelato descansa agora mesmo de 4 días de emocións por Sevilla, Cáceres e Mérida. Esta semana ben seguro que compartirán as súas experiencias e imaxes... mentras tanto, esta instantánea tomada nos Reais Alcázares...