O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 23 de decembro de 2013

Voluntariado en Viana

Na xornada do venres 20 de decembro, última lectiva antes do parón navideño, o alumnado de Bacharelato asistiu a unha actividade que incide nun dos aspectos máis relevantes da formación dos futuros bachareles: o fomento da cidadanía crítica e a autonomía na toma de decisións cara a implicación do individuo na sociedade.


Por medio de tres institucións diferentes trazouse unha liña do que poden ser as tarefas de voluntariado destinadas ao noso alumnado. Manoli Romero, da Cruz Vermella, explicou en que consiste o programa de atención a terceira idade e á dependencia, que procura básicamente loitar contra a soidade dos nosos maiores por medio do acompañamento e a súa seguridade na saúde mediante o seguemento telefónico. Os Servizos Sociais do Concello vianés, a través de Isabel González, presentaron o programa de apoio educativo a alumnado de primaria e infantil, que trata de subsanar déficits educativos en entornos familiares con dificultades económicas ou doutro signo, e nas que o noso alumnado podería asumir labores docentes ou de "consello". Por último, Sinda Aguiar, da DXT en Ourense, plantexou a necesidade de establecer obradoiros de Educación Vial para os máis novos, nunha liña que xa o noso alumnado de Bacharelato estreou hai anos no ámbito, por exemplo, da Educación para o Consumo. Estas accións continuaron co apoio que o Grupo de Teatro Talia ten prestado a DXT en eventos divulgativos en Chaves ou na propia Viana. A charla, pois, tratou de activar a inquietude polo traballo social desinteresado. Agora o balón está no noso tellado!

Paseo virtual por Viana do Bolo

O pasado venres 20 de decembro, o alumnado de Bacharelato realizou un percorrido histórico por Viana do Bolo da man de Óscar López Mendaña. Dende os primeiros habitantes celtas ata a actualidade. A través de diferentes fotografías da vila, Óscar insistiu na importancia de valorar o pasado para poder coñecer o presente.



sábado, 21 de decembro de 2013

Festival de Teatro

O grupo de teatro Talía adicou horas de ensaio durante este trimestre para deleitarnos cunha función de cinco pequenas pero intensas obras. Temos unha estupenda canteira de actrices e actores. Seguide así!




Boa nova para o Clube de Lectura

Acaba de facerse pública a resolución de incentivos para o desenvolvemento dos clubes de lectura. Celebramos a nova no noso centro, que recibirá unha axuda de 700 € para as tarefas que "O Gato Samuel" levará a cabo este curso.

xoves, 19 de decembro de 2013

Interesantes talleres de cooperación

Na mañá de onte 18 de decembro realizáronse dous obradoiros simultáneos co alumnado de 1º e 2º de ESO. Co grupo de primeiro estiveron Paula Rojas e Óscar Vázquez, realizando un obradoiro de fotografía, pechado cunha fenomenal reflexión sobre o papel dos xornalistas gráficos en diferentes conflitos e situacións arredor do planeta.


Montse Fernández acompañou ao alumnado de segundo nun taller de radio. A medida que pasaban os minutos, rapazas e rapaces foron animándose e quedaron feitas as primeiras gravacións.


Ambos obradoiros tiveron lugar ao abeiro do programa "Cooperación Galega: o mundo que queremos", no que o noso IES participa.

Festival de Música 2013

Onte 18 de decembro tivo lugar na aula Xesús R. Jares o Festival de Música de Nadal. O alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO interpretaron pezas traballadas durante todo o trimestre. Parabéns pola vosa actuación!


 

Félix & Samuel live

J. Fouz |

martes, 17 de decembro de 2013

Máscaras

Aquí tedes unhas fotos dun estupendo traballo que está a realizar o alumnado de 1º de ESO en Plástica. Combinan diversos materiais, coma o papel, o plástico, incluso o barro.



Estatuto e Constitución

O alumnado de 4º A vén de traballar no Ámbito Socio-Lingüístico os dous textos máximos representantes a nivel autonómico e estatal. Animáronse a publicar as súas reflexións para compartilas con toda a comunidade educativa, así que aquí as podedes ler. 


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA DE 1981

Para comezar explicaremos que son os Estatutos. Estes son os fillos territoriais da Constitución, pois foi esta a que no ano 1978 recoñeceu o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que forman o Estado español. En aplicación do previsto na Constitución foron aprobándose os Estatutos. O de Galicia foi no ano 1981.

Os estatutos son o libro de normas polo que cada Comunidade debe rexerse nas suas relacións co resto de España e cos cidadáns que habitan esa Comunidade. Dese xeito, o Estatuto fixa as regras de xogo para o funcionamento de autonomía de cada rexión ou nacionalidade Española.


No noso Estatuto defínense os elementos que conforman a Comunidade Autonóma Galega: o seu territorio, a súa poboación e os seus poderes.  Engade dou principios moi importantantes:

1º A lingua propia de Galicia é o galego.
2º Os idiomas galego é castelán son oficiais en Galicia e todos teñen dereito de coñecelos e usalos .

En virtude do estatuto temos compentencias nas seguintes materias:

-Educación
-Sanidade
-Agricultura
-Pesca
-Economía
-Cultura
-Ordenación do terreo
-Obras públicas
-Transporte

Nalgúns casos estas competencias exércense de xeito esclusivo e noutros son compartidas co estado.

Para rematar gustaríanos facer fincapé na importancia do Estatuto de Autonomía para o pobo galego, pois permite que nos autoxestionemos en multitude de aspectos fundamentais para o noso desenvolvemento como cidadáns.

Cristian Dieguez    
David López
Victor Cortés
Yonathan Yáñez


A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA DE 1978

Foi sometida a referéndum o 6 de decembro de 1978 polo pobo español, por iso celebramos ese día como festivo.
Votou un 67,11% da poboación e un 88,54% da mesma dixo “Si” á aprobación do proxecto de Constitución.
A Constitución é a lei suprema dun país. Nela determínase a forma do Estado (en España optouse pola Monarquía Parlamentaria) así como os símbolos nacionais (bandeira,escudo).
Toda a cidadanía española ten que cumprir a Constitución. Sinalaremos tamén que establece a división de poderes, é dícir, separa o poder executivo (xefatura do goberno), o poder lexislativo (o Parlamento) e o poder xudicial (os tribunais de xustiza).


Faremos alusión a uns dereitos fundamentais recollidos na Constitución grazas á cal temos garantida a liberdade ideolóxica, relixiosa, a expresar e difundir libremente os nosos pensamentos, etc.
Do mesmo modo esplicítase que todos temos dereito á educación e a que o ensino básico sexa obrigatorio e gratuíto.
Para concluír, gustaríanos deixar claro que a Constitución xoga un papel importante na vida da cidadanía e que esta descoñece en gran medida esa circunstancia. Polo tanto, cremos que sería interesante que dende as aulas se impulsara un maior coñecemento de diferentes aspectos relativos á Constitución, porque un cidadán informado dos seus dereitos e deberes é unha persoa que pisa máis firme na vida.

Vanesa Ballesteros
Ana Mártinez
Rebeca Jiménez
Israel Jiménez

venres, 13 de decembro de 2013

Preto de 2014...

Hoxe tocou engalanar o IES, e o alumnado de 1º de ESO vén de facelo, con luces, cintas e ilusión.


Dereitos Humanos

Para conmemorar o 10D, o alumnado do IES Carlos Casares vén de organizar unha exposicións de carteis reivindicativos dos diferentes dereitos que todo ser humano debera ter. Excelente traballo que pode verse no corredor principal do IES.


xoves, 12 de decembro de 2013

Nun festival de curtas en Perú

Dúas producións audiovisuais do IES Carlos Casares admitidas no "Festival de Cortos Escolares Video Zero"

As dúas obras, "Camiñante lipdub" e "Grease vs. Thriller", foron organizadas o curso pasado polo Departamento de Música. A primeira delas, involucrou á case totalidade das persoas que conforman a comunidade educativa, e a segunda foi levada a cabo polo alumnado de 1º de Bacharelato. Parabéns!

mércores, 11 de decembro de 2013

Pobreza cero 2013

Vén de colgarse na web da Coordinadora Galega de ONGs a nova da participación do IES Carlos Casares na campaña Pobreza Cero 2013. O alumnado de 1º de ESO traballou durante varias sesións na procura de lemas para manifestarse ben a favor, ben en contra. O 25N tivo lugar a posta en común, con Ana García (Axuda en Acción) como moderadora do debate que posteriormente tivo lugar. O alumnado de 1º de ESO valorou a experiencia como moi positiva.

Para saber máis desta nova e ver a galería completa de imaxes, preme no seguinte link.

Link: http://galiciasolidaria.org/contenido.php?idget=novas_da_coordinadora&id=not20131202104503

sábado, 7 de decembro de 2013

X Certamen Internacional de Fotografía Matemática

El departamento de Matemáticas del IES Carlos Casares de Viana do Bolo (Ourense) acaba de convocar la décima edición de un clásico de los concursos del centro. Una década después, somos ya una gran familia de centros educativos y países participantes, y esperamos ser muchos más. ¡Anímate a participar!

                Bases en Castellano                
                  Bases en Galego                 

venres, 6 de decembro de 2013

Sempre Madiba

(imaxe: wikipedia.org)
Onte, 5 de decembro, deixounos un dos persoeiros máis relevantes do século XX, e poderíamos decir, da Historia Universal: o líder sudafricano Nelson Mandela. A luz de Mandela apagouse aos 95 anos en Johannesburgo, pero quedará inextinguible o seu traballo pola igualdade e os Dereitos Humanos. Madiba pasou 31 anos no cárcere por loitar pacíficamente contra o réxime racista de Sudáfrica, denominado "apartheid", ou "exclusión". A poboación negra estaba obrigada a residir en "ghettos" insalubres, nunhas condicións laborais de semiescravitude, e sen poder acceder aos barrios residenciais exclusivos da minoría branca. Aos catro anos de saír do cárcere, Mandela chegou á Presidencia de Sudáfrica, sendo o primeiro mandatario negro do país. Pese á súa condena inxusta, nunca amosou rencor contra os que o condearon e sementou desde o principio do seu mandato o xermolo da reconciliación racial no país, un dos motivos polos que recibiu o Premio Nob el da Paz. As últimas aparicións públicas de Mandela remóntanse á final do mundial de Sudáfrica. Gustaríanos deix aquí como frase final unha das moitas referencias que ten feito Nelson Mandela a prol do ensino: "A educación e a arma máis poderosa que podemos usar para transformar o mundo".

xoves, 5 de decembro de 2013

Formación para a mediación escolar

Nas xornadas dos últimos dous martes 26 de novembro e 3 de decembro, o noso centro estivo representado no CEIP Manuel Respino de A Rúa de Valdeorras, a través dos profesores Susana Fernández e Carlos Ferreiro, que impartiron dúas sesións formativas baixo o título "A mediación como mecanismo na resolución pacífica de conflitos e na mellora da convivencia".

A actividade ía dirixida aos compañeiros e compañeiras rueses, que tratan de establecer un novo Plan de Convivencia no seu centro. O ambiente cercano e a interacción cos asistentes foi a tónica destas dúas sesións, que manifestaron a preocupación por unha escola máis integrada na súa bisbarra, máis solidaria e focalizada encontidos de crecemento persoal e emocional, cidadanía responsable e que fomente as competencias básicas, especialmente as de Autonomía e Iniciativa Persoal e Aprender a Aprender, tan integradas nas dinámicas de Mediación. Dende aquí queremos dar as grazas aos compañeiros da Rúa pola súa acollida.

mércores, 4 de decembro de 2013

Aprendendo bos hábitos

Na mañá de hoxe 4 de decembro Manoli Romero e Elena Pereiro, da Cruz Vermella, levaron a cabo un obradoiro con 3º de ESO sobre hábitos alimenticios. Dende as clásicas pirámides alimenticias ata as enfermidades máis comúns asociadas a unha incorrecta nutrición, Manoli e Elena interactuaron co alumnado do IES Carlos Casares durante preto de dúas horas, tendo como ferramentas de traballo a palabra e os medios audiovisuais. Grazas por estar hoxe con nós.


O IES Carlos Casares como entidade de voluntariado

O pasado sábado 30 de novembro celebráronse en Santiago de Compostela as xornadas de formación inicial en varios programas do Plan Proxecta, entre eles  "Rede de Centros Escolares Solidarios".


O noso IES participou coa ponencia "O IES Carlos Casares como entidade de voluntariado", percorrendo o camiño iniciado hai anos por Luis Fernández e María Fernández (no seu momento Director e Presidenta da ANPA respectivamente) e que vén a ser o que hoxe chamamos "A Senda da Convivencia", proxecto con tres eixos fundamentais: a mediación escolar, o voluntariado e o proxecto de cooperación internacional con Bolivia. O IES Carlos Casares está rexistrado como entidade de voluntariado (link), e conta con grupos que desenvolven o seu traballo en mediación escolar, ecoloxía, deporte, biblioteca e novas tecnoloxías (link).

Susana Fernández e Ovidio Villar desprazáronse á capital galega para participar nesta actividade, compartida coas compañeiras do Virxe da Cela de Monfero Yolanda Casto e Verónica Dopico, que dende hai tempo traballan nun interesante proxecto, Monfero solidario.