O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 23 de decembro de 2016

Montaxe de robots

O alumnado de TIC II vén de montar os mBots enviados pola Consellería, así como probalos vía bluetooth mediante a app Makeblock. Incluso algún se animou a introducir certas melloras no chasis para improvisar un recolledor automático.



Obradoiros contra o VIH

O alumnado do segundo ciclo da ESO participou esta semana en dous obradoiros contra o VIH, promocionados pola Cruz Vermella e impartidos por Mónica, a quen agradecemos a súa labor informativa.



Trivial de xénero

Cristina e Olaya, da asociación cultural Os Tres Reinos da Mezquita, veñen de organizar cos rapaces da ESO do noso IES, este martes 20, un trivial con preguntas referentes á igualdade de xénero, unha actividade innovadora polo seu formato e que gustou ao noso alumnado.


Premiados!

Aquí tedes ao Gonzalo e ao Christian, logo de recoller un merecido trofeo pola súa boa clasificación na V Carreira e Andaina de Nadal, celebrada o pasado 18 de decembro na Rúa.


xoves, 15 de decembro de 2016

Buscando ideas para as FCT

Carlos Ferreiro e Ovidio Villar veñen de participar no II Fórum "Ensino Profissional e Transfronteiriço 2016: Perspetivas de Cooperaçao", celebrado en Valença (Portugal) o pasado 13 de decembro, para analizar unha nova forma de xetión de empresas para a realización da FCT (formación en centros de traballo) do alumnado de formación profesional.


link ao programa

venres, 9 de decembro de 2016

Prevención

Na tarde do pasado 7 de decembro, o noso director, Carlos Ferreiro, representou ao centro nunha Xornada de Prevención do Acoso Escolar, enmarcada no evento cultural e de lecer Megaxove, 17 Salón da Xuventude, no recinto ferial Expourense da capital provincial, e organizado pola Fundación Cipri Gomes, cuxo director actuou de moderador. Xunto ao experto en ciberacoso da Garda Civil, Roberto Valente, a directora do Centro de Formación e Recursos Dolores Nieto, e ao , Carlos incidiu no diálogo e a Mediación como mecanismo de prevención de actitudes mais graves como o acoso e tamen como aprendizaxe personal e colectivo para unha convivencia axeitada. A charla coloquio tivo unha gran cobertura dos medios de comunicación e unha participación activa do público asistente. Agradecemos pois aos organizadores da Fundación Cipri Gomes a sua invitación.

mércores, 7 de decembro de 2016

Cómic ODS 2030

Os días 28 e 29 de novembro, na sede da AECID en Madrid, o IES Carlos Casares, por medio do seu director Carlos Ferreiro, participou nun proxecto didáctico de elaboración de un Cómic que pretende recoller os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030, que se agrupan en torno a cinco eixos clave, denominados as 5 P, polas suas iniciais en inglés: (Planet, People, Peace, Prosperity, Partnership) ou sexa Planeta, Persoas, Paz, Prosperidade e Alianzas.


O froito debe ser un producto que sirva como guía educativa para a aula, con actividades motivadoras e interdisciplinares, e que teñas un forte carácter visual e simbólico. A maioría deses contidos (cultura de paz, igualdade de xenero, consumo responsable) son ben coñecidos e traballados no noso centro, polo que a aplicación práctica da publicación, agardemos que sexa un éxito absoluto. A principios de febrero habera unha xuntanza final para cerrar a edición, e como siempre, desexamos agradecer a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento a consideración especial que ten co noso instituto.

Concurso de Ortografía

Na tarde do pasado 17 de novembro, no IES do Sar de Santiago de Compostela tivo lugar a fase final autonómica do XVII Concurso Hispanoamericano de Ortografía. O IES Carlos Casares foi representado  por Alba Rodríguez de Zugasti, que foi acompañada por Uxia, como tutora, Carlos como profesor de Língua Castela e as dúas compañeiras finalistas na fase de centro, María Blanco Oliveira e Tania Yañez Rodríguez.



Foi unha interesante experiencia competindo con moitos centros públicos e privados de Galicia, especialmente urbanos, e o xurado fixo especial mención de recoñecemento e agradecemento a Alba e ao noso Instituto polo esforzo que supon a viaxe a capital de Galicia. Noraboa, Alba, polo trunfo en Viana e por este novo reto da participación a tan alto nivel.

Vai de cadros

Seguimos aprendendo a xogar ó xadrez ou perfeccionando o noso nivel. Pronto participaremos no campionato provincial en Ourense.







Le Petit Prince...

O pasado 30 de novembro, o alumnado de primeiro ciclo da ESO desprazouse a Ourense para asisitir á representación teatral "Le petit prince", unha exquisitez que cos anos imos os máis grandes interpretando de maneira diferente. Recomendable para todos os públicos.




Voluntariado TIC Abalar 2016-17

Presentamos o voluntariado TIC Abalar do primeiro ciclo da ESO para este curso. Lois, Gael e Tania de 2º de ESO e Andrea, Uxía, José Ramón, Simón, Yoel e Paulo de 1º de ESO. Colaboran no bo funcionamento das novas tecnoloxías na aula, reparto de equipos, control de carga, problemas, prendido e apagado de equipos... Coordina J. Fouz.


Impresión 3D

Modelo de silla deseñado por alumnado do IES Carlos Casares (Vídeo de J. Fouz)


xoves, 1 de decembro de 2016

Tertulia literaria en Allariz

Hoxe, 1 de decembro, tivemos a oportunidade de participar na tertulia literaria organizada polo IES de Allariz, no que a escritora compostela Inma López Silva respondeu a uns 50 alumnos de Secundaria de Xinzo de Limia, Maceda, U. Laboral de Ourense, Allariz e a Breogan Rodriguez e María Montesinos, do noso centro, que amosaron unha gran madurez coas suas intervencións.


Tivemos a honra de presentar a autora no programa radiofónico, e Irene e Monse representaron a nosa Biblioteca e Clube de Lectura. A novela Aqueles días en que eramos malas, plantexa múltiples temáticas como a perda da liberdade, a victimización da muller, as diferentes formas de manifestar o amor e o desexo e a morte como liberación. Foi unha xornada excepcional pola cercania da autora e a participación activa do alumnado. Grazas como sempre as compañeiras de Allariz pola sua invitación.