O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 19 de febreiro de 2016

Clases sen fume

Pilar Trabazo, do SERGAS, acompañounos un ano máis no desenvolvemento do programa Clases sen Fume, desenvolto este curso para 1º de ESO.


xoves, 18 de febreiro de 2016

martes, 2 de febreiro de 2016

Nova xornada con Agareso

O pasado Venres de Compadres... Desta volta coa gravación de pequenas curtas nas que se lle daba a volta á tortilla en cuestión de roles de xénero e parella...


Traballamos coa DXT

Este ano as actividades programadas coa DXT enmárcanse no programa "Mobilidade sostible e segura" (Plan Proxecta). O pasado día 29 de xaneiro o alumnado de Bacharelato e 4º de ESO tivo un taller centrado, entre outros aspectos, en datos estadísticos de accidentes na provincia e seguridade vial.



Non cales!

Paremos o maltrato denunciemos a violencia de xénero!

Irene D. | O día 29 de xaneiro os alumnos de 1°, 2° e 3° da ESO tiveron polo Plan Proxecta "Por 365 días de respeto e igualdade" unha charla con Pilar Díaz na que abordaron de novo o tema da violencia de xénero a todos os niveis.


Pilar traballa no Centro de recuperación de víctimas de violencia de xénero de Santiago de Compostela e quixo compartir cos rapaces a súa experiencia diaria no ámbito das mulleres maltratadas. Comentáronse as causas, os diferentes casos de vidas anuladas polo maltrato, os indicios que levan a detectar estas circunstancias e as medidas legais a tomar ante situacións que se dan día a día.
Grazas, Pilar, polo teu esforzo e por compartir con nós parte do teu tempo.

luns, 1 de febreiro de 2016

Día da Paz 2016

Hoxe conmemorouse o día da Paz con dúas actuacións: unha breve representación teatral para todo o centro acompañada de pombas de papel e a visita polas aulas do equipo de Mediación Escolar.