O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

luns, 26 de setembro de 2011

Reunión de seguimento

Luis Fernández, Viana do Bolo. O luns 26 de setembro tivo lugar en Santiago de Compostela, na Consellería de Educación, a primeira reunión de seguimento dos catro institutos galegos que sustituimos os libros en papel por libros dixitais, no contexto do proxecto ABALAR (Escuela 2.0). Participaron na reunión o IES As Telleiras de Narón (A Coruña), o IES Daviña Rey de Monforte de Lemos (Lugo), o IES Carlos Casares de Viana do Bolo (Ourense) e o IES Aquis Celenis de Caldas de Reis (Pontevedra). En representación do noso centro acudiron Jose Pedro Fouz, coordinador ABALAR e Luis Fernández, director.

O director xeral de Educación, José Luis Mira Lema, con outros responsables e asesores da consellería interesarónse polos diferentes problemas que podían ter os centros no inicio da experiencia e facilitaron vías de solución. Comprobamos que imos cara adiante e vanse solucionando os problemas. A intención é que os catros institutos e a consellería estean en comunicación permanente para conseguir bos resultados nesta experiencia piloto que abre o camiño para o futuro doutros centros educativos.

domingo, 25 de setembro de 2011

Moita sorte, Edu!

Ovidio Villar, Viana do Bolo. A comunidade educativa do IES Río Órbigo en Veguellina de Órbigo (León) está de sorte: acaban de facer unha boa fichaxe. Logo de nove anos en no Carlos Casares de Viana do Bolo, Eduardo Sagüilla trasladouse ao IES leonés.


O pasado sábado tivo lugar en Viana un xantar compartido con el. En total, case corenta persoas, representando á Inspección, á Dirección do IES vianés, ANPA, profesorado, PAS, alumnado e outros compañeiros de deporte e amigos. Entre outros cargos no Carlos Casares, Eduardo foi Xefe de Estudos os últimos catro cursos. Moita sorte, Edu!

Clic aquí para ver a galería de imaxes completa

martes, 20 de setembro de 2011

Comeza un novo curso

Luis Fernández - Ovidio Villar, Viana do Bolo. O pasado venres foi convocado o alumnado de Bacharelato para a presentación deste novo curso 2011-12. Onte foi o turno do alumnado da ESO, agás os programas de Diversificación Curricular, que hoxe mesmo se presentaron en presenza do alumnado correspondente, o equipo directivo, os titores e os profesores de ámbito. Arrancará completamente este novo ano académico logo das respectivas presentacións do Ciclo Formativo de Atención Sociosanitaria, o 29 de setembro, e o That's English, o 20 de outubro.
Dous momentos durante a presentación do alumnado da ESO

Das 157 matrículas formalizadas, 100 corresponden á ESO, 36 ao Bacharelato e 21 cursarán estudos nun cada vez máis recoñecido e solicitado ciclo de formación profesional. Ademais, un total de 15 alumnas e alumnos matriculados no programa CUALE da Xunta de Galicia, poderán obter titulación oficial da EOI asistindo a sesións semanais de inglés.

Este curso comezará para o alumnado de 1º de ESO cunha importante novidade: o uso de libros dixitais. No marco dun proxecto piloto da Consellería, dito alumnado será pioneiro nunha forma de aprendizaxe que en poucos anos será habitual nos centros educativos.

domingo, 18 de setembro de 2011

Labor recoñecida ao voluntariado

Luis Fernández López, Viana do Bolo. O traballo realizado polo voluntariado do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, que vai desde atender determinados servizos da biblioteca, ser mediador ou mediadora, axudar ao equipo TIC do centro ou colaborar co proxecto Viana- Bermejo, é protagonista dun artigo publicado en "Apuntes do CFIE", revista editada pola Consejería de Educación da Junta de Catilla y León.

mércores, 14 de setembro de 2011

A biblioteca do IES recibe unha nova axuda

IES Carlos Casares, Dirección. Segundo resolución da Xunta de Galicia, publicada no DOG do 13 de setembro, a biblioteca do IES Carlos Casares de Viana do Bolo recibe unha axuda de 1500 Euros no cuarto ano de participación no plan de mellora de bibliotecas escolares. Estes fondos servirán para o funcionamento e actividades da biblioteca que está aberta para calquera persoa interesada entre as 9 e as 18 horas, de luns a venres.

Alumnado de 3º A na biblioteca durante as pasadas xornadas da prensa

xoves, 8 de setembro de 2011

Formación recoñecida pola EOI

IES Carlos Casares, Dirección. O IES Carlos Casares, a través do programa CUALE da Xunta de Galicia, ofrece a posibilidade ao alumnado de Bacharelato, de obter titulación oficial da Escola Oficial de Idiomas, asistindo a 4 horas máis de ingles á semana, en horario de tarde. Este sistema comeza en Viana do Bolo, a partires do inicio do curso 2011-12.