O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 18 de marzo de 2016

DXT: comportamentos

Acaba de rematar unha interesante actividade sobre os comportamentos que temos e debemos ter como peóns cando nos incorporamos á circulación. No día de hoxe, Sinda Aguiar, responsable de educación vial da DXT en Ourense, analizou a fondo esta temática co noso alumnado de 2º e 3º de ESO. Tamén saíron a debate outras inquedanzas, como a documentación necesaria para conducir un ciclomotor.



O 8 de marzo é para todas

Onte estivo con 2º de ESO Ana García para enlazar dúas realidades que día a día nos acompañan a través dos medios de comunicación e da propia contorna nosa: dun lado, a desigualdade que aínda na nosa modernísima Europa sofren miles de mulleres, e doutro, esta realidade particularizada a tantas compañeiras sirias que, acompañadas das súas vidas nun bolsillo, cruzan fronteiras para poder sobrevivir.


Enlaces de interese:

martes, 15 de marzo de 2016

15 de marzo, Día Internacional dxs Consumidorxs

Para conmemorar esta data, leváronse a cabo no noso centro diferentes iniciativas, dende a montaxe de curtas referentes a diferentes temas relacionados co consumo sostible no marco do Consumópolis á participación en diversos foros a través da rede. Na imaxe, podemos ver ao alumnado de 4º ESO A participando nunha actividade coa Escola Galega de Consumo, concretamente traballando a arbitraxe neste contexto.


Todos os contidos desta videoconferencia poden verse en:

https://videocenter.cesga.es/videos/

martes, 8 de marzo de 2016

Clube de lectura

Os alumnos de 2° de ESO lendo no Clube de lectura a obra "La noche más oscura" de Ana Alcolea...


Día Internacional da Muller

Os alumnos de 2ESO no marco do Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade" celebran esta data coa realización dunha serie de murais sobre a importancia das mulleres hoxe e sempre.



Reivindicando a igualdade sempre!

Animada actividade organizada polo CIM de Viana do Bolo

Carlos C. | O luns 7 de marzo tivemos unha actividade onde un comico da TVG nos falou da discriminación que aínda sofren na actualidades as mulleres en moitos aspectos. Esta charla foi polo dia mundial da muller traballadora. Pasamolo moi ben e rimos moito con él!


venres, 4 de marzo de 2016

A realidade dunha escola do Perú

Hoxe acompañounos Raúl, un compañeiro Santiagués que exerce a docencia nun centro educativo peruano. Chegado ao deserto do Callao (preto de Lima), hai catro anos e a través dunha ong, ten unha morea de experiencias que contar e compartir.


O alumnado de 2º e 3º de ESO tivo a oportunidade de coñecer, de primeira man, a realidade social, cultural e educativa de Perú: a vida nos asentamentos, as dificultades para asistir á escola, a violencia de xénero tan presente a diario, a falta de medios, a polarización da sociedade... A través dunha magnífica colección de instantáneas e o relato acolledor do noso visitante puidemos reflexionar tamén sobre a nosa propia realidade. 

Esta actividade enmárcase nun proxecto máis amplo, "Artes e Mares", que pretende crear un espazo común de traballo entre este centro peruano e o IES Carlos Casares.

mércores, 2 de marzo de 2016

Teatro no IES Carlos Casares

Catro esceas sobre o mundo das apostas e o xogo representadas polo grupo de teatro do IES Carlos Casares, baixo a coordinación de Montse Rey. Preséntanos esta montaxe audiovisual José Fouz.


martes, 1 de marzo de 2016

Video resume do proxecto 2015dixital.es

Grazas a todos os integrantes deste proxecto, tanto do IES Ramiro II de La Robla coma do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, especialmente a Jorge de Prada, que durante un ano coordinou magníficamente este proxecto conxunto de aprendizaxe coas novas tecnoloxías.