O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 22 de xaneiro de 2016

I Encontro Sobre Dependencia e Igualdade De Condicións en Pontevedra


O día 22 de Xaneiro alumnas e profes do ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia de Viana Do Bolo, con alumn@s e profes do CIFP Portovello de Ourense, fomos ao CIFP A Xunqueira en Pontevedra para o I Encontro Sobre Dependencia e Igualdade de Condicions-Di Capacitad@S, invitadas polo alumnado que estudia alí o mesmo ciclo que nos. Fomos moi ben recibidos polo alumnado da Xunqueira, que era organizador do encontro, no que se falou de moitas cousas das que estivemos estudiando no ciclo.


Jennifer
Mónica
Esther
Beatriz

xoves, 21 de xaneiro de 2016

Dom Juan

O alumnado de francés vén de ver a obra de teatro Dom Juan ou le festin de Pierre no Teatro principal de Ourense. Fenomenal posta en escea!! Paramén aos actores e actrices e moitas grazas pola mesa redonda do final na que vos achegastes ao público para conversar... en français!!!


mércores, 20 de xaneiro de 2016

Quérote+

Un ano máis contamos con Laura, monitora do programa Quérote + sobre sexualidade e xuventude para 3º de ESO, este ano integrado no plan Proxecta. Na imaxe, un instante do obradoiro co alumnado do IES Carlos Casares.


martes, 12 de xaneiro de 2016

As emocións e a intelixencia emocional

Neste trimestre estivemos traballando arredor das destrezas sociais, a comunicación e as emocións. Queriamos falar un pouco da intelixencia emocional, un dos temas que nos chamou mais a atención.


As emocións son parte moi importante das nosas vidas, son inevitables e ademais é normal e beneficioso manifestalas. A intelixencia emocional vén ser a capacidade para manexar, entender, seleccionar e traballar as nosas emocións e as das demais persoas, con eficiencia e xerando resultados positivos. Ten moitos compoñentes, que podemos dividir en: intrapersoais, interpersoais, de adaptabilidade, de manexo da tensión e de estado de ánimo.

Así, entre os INTRAPERSOAIS atopamos o autocoñecemento, a autoestima, a autorrealización e a independencia. Como INTERPERSOAIS, as relacións ou a empatía. Para a ADAPTABILIDADE, solución de problemas ou flexibilidade. Son tamén importantes os compoñentes que teñen que ver co MANEXO DE TENSIÓN, como o control de impulsos, ou os do ESTADO DE ÁNIMO, como o optimismo.

Para traballar estes temas, falamos de seis emocións básicas, cada unha coas súas causas e funcións:



Beatriz Vega Feliz
ESTHER Pérez Barreira
MÓNICA Pérez Barreira

Comunicación

Las alumnas del ciclo de APSD (Atención A Personas En Situación De Dependencia) hablaremos en esta ocasión de lo que significan las destrezas sociales, que son las habilidades para relacionarse con otras personas; para ello usamos la comunicación y distinguimos:



  • La comunicación verbal: que es a través del lenguaje escrito u oral.
  • La comunicación no verbal: es a la que menos importancia le damos pero es la que más usamos; porque aunque no uses el lenguaje verbal, con un gesto puedes decir mucho más.

Y … aquí os dejamos algunos ejemplos: mirada, a través del tono y volumen de voz, la cercanía con otras personas y muchas más.

Jennifer Carballo Sierra
Itziar Gañán Salgado
Rocío Basalo Blanes

Alumnado do Ciclo de APSD visita Ourense


O pasado 3 decembro, as alumnas e un dos profesores do Ciclo de APSD do nosos IES visitamos o centro Aixiña de atención a persoas con discapacidades físicas, parálise cerebral e maiores dependentes, en Ourense. Tamén visitamos o CIFP Portovello, para coñecer as instalacións, o alumnado e o profesorado dese centro, cos seus proxectos.



luns, 11 de xaneiro de 2016

Obradoiro de xogos tradicionais

Esta mañá desenvolveuse un obradoiro de xogos tradicionais a cargo de Lito Prado, do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo (Deputación de Ourense). Na imaxe pódese ver ao alumnado de 1º de ESO practicando a billarda. Esta foi a primeira de varias actividades nesta liña, e terá continuación a vindeira semana. 



sábado, 9 de xaneiro de 2016

Festival Solidario

Hoxe tivo lugar na Casa da Cultura de Viana do Bolo un festival solidario para recadar fondos para becas de estudo para o alumnado da nosa escola irmanada a U.E. Timoteo Rondales (Bermejo S.C., Bolivia).


O concerto, organizado polo Concello de Viana, o IES Carlos Casares e a ONG Escolas da Terra, foi executado maxistralmente pola banda de folk de Ribas de Sil, que interpretou tanto pezas tradicionais coma outras máis modernas, cun estilo moi ben definido e unha grande variedade instrumental. Dito gupo doou CDs do seu traballo para a recadación de fondos.


O momento emotivo da noite protagonizouno Arcil Arroyo, compañeiro boliviano, nunha conferencia en directo con todo o auditorio. Finalmente, e grazas a donativos e á venda dos CDs e gorros bolivianos de comercio xusto foi posible recadar 569,40€, que irán destinados a becas de estudo para alumnado de Berjemo.