O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 16 de maio de 2013

Viaxe a Ourense e Santiago

Luis C. | Os pasados días 7 e 8 de maio, os alumnos de 1º e 2º de ESO fixemos unha saída a Ourense e Santiago. O primeiro día vimos o casco antigo de Ourense, no que queriamos destacar as diferencias entre as rúas de antes e as de agora, as diferencias na construcción, nos materiais... Vimos a Praza Maior cos soportais e a súa utilidade, as Burgas, e xantamos na Alameda despois de pasar pola praza de abastos.

Foto de grupo no xornal El Correo Gallego
Nas cubertas da Catedral (galería completa de imaxes)

Pola tarde chegamos a Santiago e paramos no campus universitario. Fomos paseando e desfrutamos de atraccións das festas da Asunción. Dirixímonos ao albergue, onde durmimos xunto con pelegríns que estaban facendo o Camiño. Pola mañá visitamos as cubertas da Catedral, e a mesma Catedral, despois o Correo Galego, e pola tarde o MUPEGA. Ao redor das 19 h emprendemos a volta e ás 22h estabamos de novo en Viana. Pasámolo ben e aprendemos cousas, todos contentos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario