O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

xoves, 6 de setembro de 2012

Novo director no IES Carlos Casares

O pasado 1 de setembro de 2012, por decisión da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Educación Universitaria de Ourense, tomou posesión como director e presidente do Consello Escolar do IES Carlos Casares de Viana o profesor Don Carlos Ferreiro González, do Departamento de Lingua Castelá e Literatura.

Carlos Ferreiro é doutor en Filoloxía pola Universidade da Coruña. A súa carreira científica está claramente marcada pola Literatura Hispanomaericana, especialmente vinculado á chilena, onde tivo varias estancias en distintas universidades do país sudamericano. Ademais é autor de varios traballos sobre literatura, ademais da súa tese doutoral, e, máis en secreto, de obra poética que sempre rexeita de compartir. Oxalá se anime a compartila.


Carlos leva dez cursos como docente no IES Carlos Casares de Viana do Bolo. Neste tempo ten ocupado os cargos de docente en todos os cursos e programas de atención á diversidade, titor, xefe de estudos con Miguel Ángel Arranz e vicedirector con Luis Fernández. Vinculado sempre directamente a todos os proxectos de renovación pedagóxica do centro (educación ao consumidor e consumidora, inclusión educativa por xénero, cooperación coa UE Timoteo Rondales de Bolivia, intercambio con Chequia, mediación escolar, voluntariado, biblioteca, novas tecnoloxías...), o IES Carlos Casares conta cun director que sabe estar a "pé de obra".

Deixo para o final o principal, para que o seu traballo teña un éxito seguro. Excelentes cualidades humanas, marcadas pola sensibilidade, a empatía, un espíritu permanente de convivencia e, sobre todo, saber poñerse na realidade social e persoal de calquera dos alumnos e alunas de Viana da Bolo, A Veiga, Vilariño ou A Gudiña, que cada día chegan ás nosas aulas.

Carlos, ánimo e moita sorte.

Luis Fernández López

3 comentarios:

  1. Estou moi contenta desta nova, moitas felicidades Carlos, serás un estupendo Director.
    saudos.

    ResponderEliminar
  2. Grande!!! vamos "palabras" estamos contigo!!jeje
    moita sorte co novo cargo!!! un abrazo!

    ResponderEliminar
  3. mil proferodos no enseño a cribir por el io ckerer mucho eyos

    ResponderEliminar